Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

“Nas urnas venezolanas xógase tamén o futuro de toda América Latina”
“Nas urnas venezolanas xógase tamén o futuro de toda América Latina”

, as eleccións e o seu impacto xeopolítico. Entrevista con Germán Mundaraín, embaixador de na ONU/Xenebra. Por Sergio Ferrari, desde Xenebra, Suíza.

O dilema de fondo dos vindeiros comicios en Venezuela do próximo 7 de outubro é "a consolidación dos avances sociais ou o retroceso cara aos modelos económico-sociais do pasado". A pesar dese gran reto político que está en xogo, "respectaremos a vontade popular expresada nas urnas". Quen defende estas teses é Germán Mundaraín Hernández, actual representante da nación suramericana ante as Nacións Unidas en Xenebra. Entre o 2000 e o 2007 desempeñouse como Defensor do Pobo. Desde maio último integra, xunto con outros cinco persoeiros nacionais de primeiro nivel, escolleitos polo presidente Hugo Chávez Frías, o Consello de Estado que é o órgano superior de consulta do Goberno e da Administración Pública Nacional.

P: Que representan politicamente as vindeiras eleccións presidenciais?

R: Son a expresión dun exercicio de democracia participativa que impera no meu país, que protagonizou desde a nova Constitución de 1999 en diante unha quincena de eleccións nacionais, parlamentares, rexionais e referendo. En Venezuela consúltase sistematicamente ao soberano. Existe gran confianza na decisión cidadá. E o número desas consultas é a mellor evidencia. Hai un poder independente, o Consello Nacional Electoral (CNE), que se presenta ante o mundo sen ningún complexo. Co ánimo de amosar as nosas fortalezas pero tamén aberto a que se lle sinalen as súas posíbeis debilidades.

P: A campaña electoral é intensa e se confronta a unha prensa internacional cautelosa, por non dicir crítica?

R: A venezolana é unha sociedade moi tensionada polo propio proceso demudanza  en marcha e polos variados actores que interveñen na política nacional. Desde fóra, ás veces, mírasenos con incerteza. Pénsase que en calquera momento poderíase pasar das tensións da retórica propia da nosa campaña a agresións físicas. Pero non é así. O pobo venezolano é pacífico e sabe resolver pacificamente as súas diferenzas políticas nas mesas electorais. Até o momento, e xa faltando poucos días para o peche, a campaña foi intensa, caldeada, pero correcta e sen violencias.

Campaña electoral polarizada, aínda que sen violencia

P: A pesar dun proceso electoral extremadamente polarizado?

R: Si, é unha campaña polarizada. Confróntanse dous candidatos principais: o actual presidente Hugo Chávez, que aspira á reelección, e o da oposición Henrique Capriles Radonski. Iso aumenta a polarización retórica xa que centralizan ambos os dous a atención política nacional e internacional.

P: Particularmente diferente ás eleccións presidenciais anteriores?

R: O que cambia son os actores, pero teñen un perfil global semellante. O candidato da oposición sempre sae das gobernacións que contan cun orzamento o suficientemente amplo como para soportar financeiramente unha parte da campaña. A outra parte vén do gran empresariado e de ONG e fundacións estranxeiras, principalmente estadounidenses, que reciben o apoio do Departamento de Estado norteamericano. E penso que os resultados previstos tamén coincidirán globalmente o vindeiro 7 de outubro cos anteriores. No 2000, Chávez gañou por máis de 20 puntos de diferenza a Francisco Arias Cárdenas. Seis anos máis tarde, no 2006, derrotou por máis de 25 puntos a Manuel Rosales.

P: Que programa ou visión política representan un e outro?

R: O presidente actual, candidato do Gran Polo Patriótico, encarna o proceso de cambio, a revolución bolivariana en marcha. Capriles, da Mesa de Unidade Democrática, aglutina aos sectores tradicionais, as elites -que durante décadas usufrutuaron o poder- estreitamente emparentadas ás transnacionais.

Os novos disfraces da dereita

P: Chama a atención, con todo, que o candidato da oposición se teña auto-designado como o "Lula de Venezuela". Presentándose case como unha alternativa de esquerda democrática ao actual Goberno?

R: É un estilo que marca a política iberoamericana actual. Candidatos que se disfrazan. O caso máis patético é o de España. Mariano Rajoy presentouse na campaña como expresión do centro político. Pero axiña que gañou, non dubidou en aplicar o seu verdadeiro programa de extremo corte neoliberal con significativos recortes ás conquistas sociais dos españois. Capriles é o mesmo. Disfrázase e di que o seu programa é parecido ao que implementou Lula no Brasil. Sen dúbida no Brasil, Capriles sería un opositor radical ao Partido dos Traballadores actualmente no Goberno. Porque Lula foi obreiro, é socialista e dirixe un partido progresista, que non ten nada que ver coa visión política de Capriles. En realidade a oposición venezolana odia a Lula, ao seu modelo e ao da súa sucesora. Pero tratan de presentarse máis decentemente…

P: Por que este xogo político?

R: Para confundir. E por especulación política. Capriles está enraizado nos sectores de poder económico e parte da clase media. Ese é o seu electorado natural. Para tratar de gañar debe intentar roubar votos nos sectores populares. Pero o seu verdadeiro programa contempla cero presenza do Estado e que o mercado se encargue de regular a economía. O primeiro que faría en caso de gañar sería reducir o Estado á súa mínima expresión, deixar ao sector privado que se encargue da saúde, da educación, da vivenda. Desmantelar as conquistas sociais. Pola súa banda, o centro do programa do presidente Chávez é a actividade petroleira e o control estatal da mesma. Sen a achegua dese vital sector non se podería financiar a saúde, nin a educación, nin as conquistas en xeral. Nin moito menos a activa solidariedade internacional que promove o proceso venezolano.

O Goberno respectará a voz das urnas

P: A pesar de numerosas enquisas que sinalan como claro gañador a Chávez, é imaxinábel, en termos políticos, que as enquisas se trabuquen?

R: Son tantas e tan importantes as conquistas sociais que lograron os sectores populares nestes últimos anos que un programa neoliberal e un goberno de dereita significarían un verdadeiro suicidio político para unha gran parte da poboación.

P: Aceptaría o Goberno venezolano unha eventual derrota nas urnas?

R: Se o Goberno perde as eleccións vai recoñecer de inmediato os resultados. Pero quixéramos escoitar tamén esta frase curta e significativa de parte da oposición. Nós estamos seguros que se se perdese, o que é absolutamente improbábel, non sería a derrota da revolución senón un simple atranco político. Pero non vai acontecer. O pobo ten confianza plena no proceso e na revolución bolivariana.

P: Existe en Latinoamérica, desde hai algo máis dunha década, unha maioría de gobernos e procesos democráticos, abertos, progresistas. Venezuela está estreitamente implicada en iniciativas de integración rexional. Que repercusión teñen as actuais eleccións presidenciais no contexto continental?

R: Pregunta clave. O próximo 7 de outubro non só se decide o futuro de Venezuela senón o de América Latina. Un triunfo da oposición significaría a liquidación do (Alianza Bolivariana para as Américas-Tratado de Comercio dos Pobos) que reúne a Bolivia, Nicaragua, Ecuador, Cuba, Venezuela e os Estados caribeños Antiga e Barbuda, Dominica e San Vicente e as Granadinas. Poríase en xaque a estratexia de Petrocaribe que reúne á maioría das nacións caribeñas. Significaría o debilitamento real de UNASUR. E tamén da CELAC (Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños) que con tanto sacrificio se logrou crear en 2010 e que hoxe reúne a case 30 nacións do continente con preto de 600 millóns de habitantes. Podería até significar a saída de Venezuela do MERCOSUR, mercado integrado por Brasil, Arxentina, Uruguai e o noso país. Adicionalmente, habería unha mudanza nas relacións e o comportamento do continente en espazos internacionais como a Organización de Estados Americanos (OEA) e as Nacións Unidas. Insisto: máis aló da contenda electoral entre Chávez e Capriles hoxe xógase, nas eleccións venezolanas, esta nova relación de forzas a nivel rexional que con tanto esforzo se puido ir construíndo na última década.

Un acompañamento electoral que non viole a soberanía

O Consello Nacional Electoral (CNE) venezolano invitou a 214 personalidades do mundo enteiro para acompañar os comicios do 7 de outubro. 110 de América Latina, 65 de Europa, 29 de América do Norte, 6 de Asia en tanto catro de África, sen contar aos representantes da Unión Africana que confirmou a súa presenza.

Entre os invitados, 18 organismos electorais e catro expertos. Segundo o CNE, entre as invitacións cursadas, 81 corresponden a parlamentarios epersoeiros políticos; 22 ao mundo académico; 34 a xornalistas; e outras a ONG, intelectuais, artistas e agrupacións sociais e gremiais.

Até mediados de setembro, 157 dos invitados confirmaran a súa presenza. Na terceira semana do mesmo mes o ex-vicepresidente arxentino Carlos Álvarez chegou a Venezuela para instalar a delegación de acompañamento electoral de UNASUR, en tanto responsábel dese sector de actividade no organismo de integración.

"Acompañamento non significa observación electoral", sinala Germán Mundaraín, embaixador de Venezuela diante das Nacións Unidas de Xenebra. "O voto é o principal exercicio cidadán na nosa democracia e ninguén pode controlar a nosa propia soberanía nacional". O acompañante, explica, é "unha testemuña importante de que o proceso transcorre con normalidade e profesionalismo". E debe, ademais, "informar aos seus concidadáns o que viu nesta pequena nación suramericana". Sen subestimar o papel de "indicar ao CNE as correccións a incorporar a nivel electoral para melloralo no futuro".

De Suíza viaxarán para asistir nos comicios seis persoeiros políticos e un comunicador social. Entre os primeiros, o senador nacional Luc Recordon e os deputados nacionais Ada Marra, Antonio Hodgers e Mathias Reynard. Así como o ex-deputado nacional Franco Cavalli e o ex-embaixador helvético en Venezuela, Walter Suter.

"Unha delegación moi significativa en canto a cantidade e calidade dos participantes", subliña Mundaraín. Quen ve nesta presenza, "un recoñecemento do Poder Electoral venezolano á neutralidade e longa historia de participación democrática electoral helvética, así como á colaboración que desde anos Suíza brindou a ese poder do Estado".

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning