Autor/a

Biólogo, analista e produtor editorial. Director e fundador de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Necroloxía mariña
Necroloxía mariña

Alá foron esta semana o día mundial do medio ambiente e o dos océanos, 5 e 8 de xuño respectivamente. Este ano pasaron con máis pena que gloria polas grellas dos medios de comunicación, que polo xeral só ocupan con estes temas a información de recheo. 

[ Publicado en Galicia Hoxe ]

Alá foron esta semana o día mundial do medio ambiente e o dos océanos, 5 e 8 de xuño respectivamente. Este ano pasaron con máis pena que gloria polas grellas dos medios de comunicación, que polo xeral só ocupan con estes temas a información de recheo. Sei que teñen a súa atención centrada no das eleccións aquí e no das vítimas de ETA alá. Aquí reto para uns e esperanza para outros, e alá o de sempre. E como as referencias ao medio ambiente por parte dos candidatos ao circo galaico son case nulas –a demanda social destas é máis nula aínda– pois vou falar eu un pouco do porque do día 8.

O gran problema do mar é que é grande de máis. Os seus 1.400 millóns de quilómetros cúbicos de auga ocupan dous tercios da superficie terrestre, acubillan o noventa por cento da biomasa mundial e fan de pulmón do planeta, xa que o fitoplacto, as algas e as plantas mariñas intercambian coa atmosfera uns 200.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono e osíxeno, moito máis que os bosques terrestres. Digo que ser grande é un problema porque sempre nos pareceu invencíbel, inesgotábel, sempre pensamos que podiamos descargar todas as nosas miserias nel –refugallos, pesticidas, augas residuais, hidrocarburos…– e seguir a apañar beneficios. Mais isto remata.
A crise dos océanos está aí. Xunto ao cambio climático é o maior desafío medioambiental do século XXI. Deles procede a vida que se orixinou na Terra hai 3.600 millóns de anos e deles depende tamén que siga a existir. Son pois como unha nai. E de que lle vale a unha nai crear unha vida se logo non é quen de darlle sustento?

Datos recentes indican que o 58% dos arrecifes de coral do mundo están en estado crítico e que o 25% xa desapareceu, ao igual que o 50% da superficie dos mangleiros, que constitúen un dos ecosistemas costeiros máis importantes do planeta ao produciren ata 600 quilos de peixes por hectárea e ano. O 70% das 126 especies de mamíferos mariños están ameazadas e só quedan un 10% dos peixes predadores que había antes da era pre-industrial.

O caso é que esta desfeita xestouse basicamente nos últimos 50 anos e a súa orixe está nas actividades humanas, as de terra e as de mar. A contaminación dos océanos, e sobre todo das zonas costeiras, das que depende 95% da pesca mundial, as proteínas que consumen 1.000 millóns de persoas –sobre todo nos países en desenvolvemento– e o traballo de 150 millóns, é xa un problema de orde mundial. Cada ano rematan no mar preto de dez millóns de toneladas de hidrocarburos, por non falar dos metais pesados, dos nutrientes que producen a eutrofización das augas litorais e a súa conseguinte falta de osíxeno, dos vertidos radioactivos ou dos seis millóns de toneladas de lixo –o 50% plásticos– que se botan ás augas cada ano. Din que no mundo hai unhas 150 “zonas oceánicas mortas” onde a vida xa non é posíbel.

E ao lado da contaminación extrema dos océanos atopamos unha sobrepesca salvaxe, favorecida nos últimos anos polos avances tecnolóxicos que serven de perfecto engano, pois é certo que cada día se pesca máis, porén, non é porque haxa máis peixe, senón porque cos radares, sonares, satélites e buques modernos o peixe é máis accesíbel e se captura con menos esforzo. Segundo a só o 25% das especies están moderadamente explotadas. Do resto, o 47% están ao límite da súa capacidade, o 18% por riba dela e o 10% xa se esgotaron. Xa hai quince anos que 13 das 17 pesqueiras máis grandes do planeta están baixo mínimos, pero cada vez esiximos máis do mar.
E é que a desigualdade deste mundo globalizado fai que a meirande parte da poboación se desprace ao litoral. Somos máis de 6.000 millóns de persoas e cada ano morren preto de 100 millóns pola fame. Non é culpa da xente, senón dun sistema mal concibido que sacrifica todo polo crecemento económico, un crecemento que se mide tan só dende o ollar dos grandes poderes financeiros pero que en realidade é un continuo minguar porque nos estamos a quedar sen recursos. Esta sobrepoboación presiona tanto ao mar que, aínda medindo o mesmo, ou incluso máis polo desxeo dos polos, é cada día máis pequeno.

E o mar, os océanos, son o plantea en si. Ou nos tomamos en serio o de reducir a frota mundial –un 40% máis grande do que o mar pode soportar–, o de protexer a pesca artesanal, o de erradicar o arrastre de profundidade ou as redes de deriva, o de crear unha rede global de áreas mariñas protexidas, o do cambio climático…, ou esta case-necroloxía será a necroloxía definitiva da nosa especie.• 

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning