Autor/a

Prehistoriador, escritor e colaborador xornalístico. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

Consello Editorial

X. M. Beiras
Carlos Taibo
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Neopobres e globalización
Neopobres e globalización
Os recentes "cambios no mundo do son fonte de inquedanza (para un colectivo cada vez maior de persoas) e veñen pechar, máis que a abrir, as posibilidades de mellorar as condicións de vida".

[Extraído de Galicia Hoxe]

No informe titulado Cambios no mundo do traballo, que a Organización Internacional do Traballo acaba de presentar na 95ª Conferencia Internacional do Traballo que se está a realizar estes días en Xenebra, o director xeral da , Juan Somavia, fai a seguinte advertencia: Os recentes "cambios no mundo do traballo son fonte de inquedanza (para un colectivo cada vez maior de persoas) e veñen pechar, máis que a abrir, as posibilidades de mellorar as condicións de vida".

Efectivamente, a ninguén se lle escapa que na era da globalización, o mundo do traballo sufriu unhas enormes transformacións que lonxe de beneficiar a clase traballadora conducen a un maior empobrecemento dos traballadores. As causas dese empobrecemento hai que buscalas, xa que logo, nas condicións laborais a que está a ser sometida a clase traballadora, que ademais está a ver como se reduce a súa capacidade adquisitiva, debido á diminución da renda salarial e ao feito de que depende exclusivamente do salario para sobrevivir; así, fronte a un emprego estable, ben remunerado e de calidade, a maioría dos novos contratos están marcados pola , a inestabilidade e a perigosidade. Porén, estas condicións, que tan ben coñecen os traballadores galegos, non son exclusivas do noso país; de feito, nun momento como o actual, no que está a aumentar a forza laboral en todo o mundo, aproximadamente a metade (arredor de 1.500 millóns de traballadores) son pobres: ¡pobres porque traballan! Velaí o tremendo paradoxo da era da globalización: a abundancia de traballo e a capacidade tecnolóxica para producir o necesario con poucas horas de traballo, convértese en orixe de e de exclusión.

Así mesmo, de acordo cos datos facilitados pola OIT, o empobrecemento dos traballadores está asociado á falta de seguridade laboral, como demostra o dato alarmante de que cada día morren 6.000 persoas a causa de accidentes ou enfermidades relacionados co traballo, o que equivale a máis de 2,2 millóns de mortes anuais, das que 350.000 se deben a accidentes no lugar de traballo. Con todo, ben que ese é un dato tremendo, máis alarmante resulta o feito de que os accidentes laborais están intimamente relacionados coa estabilidade no emprego, polo que é posible que a tendencia á baixa que percorreu todo o século pasado se invirta no futuro.

No eido do traballo infantil, a OIT ofrécenos tamén estes días outro dato alarmante: no mundo hai 246 millóns de nenos que traballan, dos que ¡73 millóns son menores de 10 anos! Porén, este feito, lonxe de afectar os países menos desenvolvidos, como certa propaganda quere salientar, é un fenómeno que tamén afecta as sociedades máis desenvolvidas, nas que se concentran 2,5 millóns de nenos que traballan.

Por último, en canto á relación entre traballo e mocidade os datos tamén son claros: a taxa de desemprego entre a mocidade é maior que entre os adultos, á vez que é maior a entre as mozas que entre os mozos, que, ademais, cando acceden a un posto de traballo reciben un salario menor. Así mesmo, outro feito que se está a detectar nos últimos anos entre a mocidade é o que o economista Márcio Pochmann, secretario de Traballo da prefectura de São Paulo, definiu hai uns meses como neopobreza, para referirse aos mozos desempregados cunha elevada cualificación, ás veces mesmo universitaria, que cada día son máis comúns nas grandes cidades.

Para moitos estes feitos son inevitables e reflicten o signo dos tempos modernos; porén, resulta obvio que ningún deses procesos é inevitable: todos e cada un deles son froito da estratexia do gran capital nos templos da globalización. Vexamos, daquela, cal é esa estratexia.

En primeiro lugar, é xa un tópico sinalar a coincidencia entre precariedade laboral e altas taxas de beneficios empresariais; en segundo lugar, a precariedade laboral é causa de desmobilización, o que facilita o terceiro feito beneficioso para o capital: o retroceso das conquistas sociais alcanzadas logo de máis dun século de loitas, que agora se presentan como obstáculos para a competitividade; en cuarto lugar, como consecuencia da quebra do estado de benestar, a privatización do ensino e da sanidade están a producir un novo proceso de elitización da sociedade determinado polo acceso á educación e á sanidade, o que garante a fragmentación do mundo do traballo e, xa que logo, a condición da súa reprodución. Velaí as razóns da nova estratexia do capital; velaí as razóns polas que cómpre modificar a dinámica actual, que conduce a unha maior fractura social.•

Share