Autor/a

Gkillcity. Guaiaquil. Ecuador.

banner_consello_peq

Categorías

Noam Chomsky: “O estándar gobernante é a sobordinacións aos intereses do poder”
Noam Chomsky: “O estándar gobernante é a sobordinacións aos intereses do poder”

Cando o mércores 15 de agosto deste ano resultaba inminente que Julian obtería o asilo político que solicitara, de parte do goberno do , escribinlle ao profesor Noam Chomsky, un dos pensadores máis importantes da actualidade, para que me respondese unhas preguntas sobre o antedito asilo, sobre a xeopolítica que rodea este caso e sobre a liberdade de expresión.

Hai varios meses mantivera unha breve correspondencia co profesor Chomsky, que aínda non puidera materializar nunha entrevista para GkillCity. Con todo, cruzamos un par de correos e, aínda que me advertiu que tiña unha cola de solicitudes de entrevistas que adoita programar para meses despois, ía facer o posíbel por respondelas. O domingo 19 recibín un correo electrónico ás 10:08 da mañá, cunha breve introdución de Chomsky, quen devolvía o cuestionario contestado.

Queremos coñecer as súas impresións sobre o último affair diplomático que puxo ao Ecuador no centro da atención internacional: o asilo a Julian Assange. O goberno dos EUA emitiu unha declaración na que expresa que este é un problema entre británicos, ecuatorianos e suecos. Cre que é un argumento honesto? Están os EUA interesados realmente no destino de Assange?

A afirmación non pode ser tomada en serio. A sombra que axexa sobre todo este asunto é a expectativa de que Suecia envíe de forma rápida a Assange aos EUA, onde as oportunidades de que reciba un xuízo xusto son, virtualmente, cero. Iso evidencíase polo trato brutal e ilegal a Bradley Manning e a histeria xeneralizada do goberno e os medios sobre Assange. Máis aló disto, para aqueles que cren que os cidadáns teñen o dereito a saber que é o que o seu goberno planea e fai –isto é, quen teñen un persistente afecto pola democracia– Assange non debería enfrontar un proceso xudicial senón, pola contra, ser condecorado cunha medalla á honra.

Nunha entrevista con Amy Goodman, de Democracy Now! afirmou que a maior razón para existiren os segredos gobernamentais é protexer eses mesmos gobernos da súa xente. Por primeira vez o mundo está a ver a verdadeira cara da diplomacia?

Calquera que estude documentos desclasificados axiña advirte que o segredo gobernamental é un esforzo para protexer aos facedeiros de políticas públicas do escrutinio cidadán, non para protexer o país de inimigos. Ese segredo é ás veces xustificado, pero é algo raro, e no caso de non vin un só exemplo que así o merecera.

Con todo, esta non é –de ningún xeito– a primeira vez que documentos filtrados expuxeron a “verdadeira cara da diplomacia”. Os Papeis do Pentágono é un caso famoso pero a verdade é que este é un asunto constante. Os rexistros expostos, mesmo os documentos desclasificados oficialmente, son polo xeral bastante impresionantes; aínda que é moi raro que esta información sexa coñecida polo público en xeral e, incluso, pola maioría da academia.

No asunto do asilo a Assange, argumentouse que o goberno ecuatoriano mostrou ambigüidade cara á liberdade de prensa: por unha banda manteñen unha constante confrontación retórica –que foi levada ás cortes, como os casos do Diario O Universo e os xornalistas Juan Carlos Calderón e Christian Zurita, autores do libro Gran Irmán– e pola outra, outórganlle o asilo a Assange. Ve vostede tamén contradición nisto? Ou ten unha lectura diferente?

Persoalmente, penso que só en extremas circunstancias debe ser utilizado o poder estatal para restrinxir a liberdade de prensa, sen importar o desgrazado e corrupto que sexa o comportamento dos medios. E sen dúbida houbo moitos abusos severos –por exemplo, houbo un escándalo internacional hai uns anos cando as leis británicas sobre calumnias foron utilizadas por unha gran corporación mediática para destruír a un pequeno diario disidente por publicar unha crítica a unha nova publicada pola gran corporación. Iso non xerou, virtualmente, ningunha crítica. O caso ecuatoriano debe ser examinado individualmente, pero máis aló de calquera conclusión, non ten porque pesar no outorgamento do asilo a Assange, así como a antedita vergoñosa supresión da liberdade de expresión no caso británico non tería porqué pesar se Inglaterra outorgase asilo a alguén que tema ser perseguido. E ninguén diría o contrario en casos de calquera Estado occidental poderoso.

Xa que falamos de ambigüidade, hai un dobre estándar na aplicación da lei por parte dos británicos, xa que no caso Pinochet a extradición solicitada por Garzón foi rexeitada?

O estándar gobernante é a subordinación aos intereses do poder. De cando en cando hai unha desviación.

Cal é, na súa opinión, o futuro inmediato do caso Assange? Vai a policía británica a asaltar a Embaixada ecuatoriana? Poderá Assange saír do e permanecer fóra de todo risco até chegando ao Ecuador?

Virtualmente, non hai ningunha posibilidade de que Assange poida saír do Reino Unido, nin da Embaixada de Ecuador. Dubido moito de que Inglaterra vaia asaltar a Embaixada, que sería unha violación radical do Dereito Internacional, pero tampouco creo que esa opción deba ser descartada. Paga a pena lembrar, por exemplo, o asalto á Embaixada do Vaticano feita por forzas estadounidenses logo de invadir Panamá, en 1989. As grandes potencias considéranse a si mesmas inmunes ao dereito Internacional e as clases educadas polo xeral protexen esa postura. A miña previsión é que os británicos esperarán até que Assange non tolere máis estar confinado a un pequeno cuarto na Embaixada –que de feito é un departamento de tamaño modesto.

Nun aspecto máis amplo, e para rematar a entrevista, Slavoj Zizek dixo que non estamos destruíndo o capitalismo, senón testemuñando como o sistema se destrúe a si mesmo. Son os movementos Occupy, as crise financeira en Europa e EUA, o xurdimento de Latinoamérica e outras rexións antes reputadas marxinais e o caso Wikileaks signos do derrube do sistema capitalista?

Lonxe diso. A crise financeira en Europa podería ser resolta, pero está a ser utilizada de panca para socavar o contrato social europeo; é, basicamente, un caso de loita de clases. Os rexistros da Reserva Federal dos EUA locen mellor que os do seu par europeo, pero son aínda demasiado limitados, e hai outras medidas que poderían adoptarse para paliar a crise nos EUA, que é unha crise de desemprego, principalmente. Para a poboación en xeral, o desemprego é a maior preocupación pero as institucións financeiras, que teñen unha posición dominante na economía e o sistema político, están máis interesadas en recortar o déficit e os seus intereses prevalecen. En xeral, hai unha fenda xigante entre o interese público e as políticas públicas. Este é un só caso. O xurdir de América Latina é un fenómeno con significado histórico, pero está lonxe de remover o sistema de estado capitalista. E malia que Wikileaks e os movementos Occupy son irritantes para os poderosos –e unha gran axuda para o público–, non son unha ameaza para os poderes fácticos dominantes. •

Entrevista cedida polo medio alternativo ecuatoriano Gkillcity a Altermundo, para ser publicada en lingua galega.
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning