Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Nyéléni 2007: biocombustíbeis e OXM
Nyéléni 2007: biocombustíbeis e OXM
Os biocombustíbeis van desprazando á produción de alimentos, alertan en Malí.

Selingue, Mali, 25 de febreiro. Nos pequenos restaurantes de Sélingué, como acontece nas comunidades remotas de México e nos seus barrios populares, sérvese Nescafé e leite en po Nido. Non importa que a gandería local produza leite e que en Malí se colleite café.

O arroz é un dos principais alimentos nacionais, xunto co millo miúdo. Cómese fervido e mesturado cun prebe de tomate lixeiramente picante ao mediodía. En ocasións engádeselle un pouco de carne, peixe ou polo. O gran cultívase nas marxes do río Níxer, pero tamén se importa, a menor prezo, de Tailandia.

A presenza de Nestlé, a trasnacional con base en suiza que fabrica o Nescafé e o leite Nido, provocou algúns escándalos en África. Nunha rexión na que é difícil atopar auga potábel, nutrir a bebés recén nacidos con leite en po, en lugar de leite materna con anticorpos, provocou moitas mortes infantís. En Europa, Canadá e Estados Unidos organizouse un gran e efectivo boicot contra a compañía, un dos primeiros no seu tipo, embrión do que hoxe é o movemento altermundista.

Un escándalo máis foi o denunciado por José Bové no Foro Mundial para a Soberanía Alimentaria. Como unha mostra de como as grandes trasnacionais fixan a axenda da Unión Europea en contra de países que non pertencen a ela explicou que, a petición de Nestlé, recentemente decidiu modificar a fórmula de elaboración recoñecida para producir o chocolate, reducindo o contido de cacao para agregarlle aceites vexetais. Como resultado diso Senegal, un dos países máis pobres do mundo, reduciu as exportacións deste produto, vital para a súa economía, nun 25 por cento.

Pero o que sucede na mesa dos restaurantes malienses, e na dos seus fogares, non é unha excepción senón a regra. As decenas de testemuños de case todo o mundo presentados no foro pintan un panorama desolador. As exportacións masivas de alimentos e fibras subsidiados nos países do norte, a acción das trasnacionais agropecuarias, o modelo de agricultura industrializada están destruíndo tanto as agriculturas dos países máis pobres como aos agricultores familiares das nacións ricas.

No mesmo Senegal, denunciou unha das delegadas dese país ao foro, as donacións masivas de leite en po para combater a fame esnaquizaron a gandería local. Estes programas están, ademais, asolagando a rexión de comida transxénica.

É por iso que Joao Pedro Stedilé, o dirixente do Movemento Sem Terra do Brasil, explica na reunión que a comida non debe ser unha mercadoría máis, senón un dereito de todas as persoas, como o debe ser, tamén, a auga, "que non debe ser propiedade de ninguén". Segundo a súa perspectiva, o comercio agrícola non debe basearse na lóxica da ganancia senón nas necesidades dos pobos. É necesario, asegura, valorar os cultivos locais e consumir o que se produce localmente.

A Organización Mundial do Comercio (OMC) non ten razón algunha para lexislar sobre a produción de alimentos xa que, afirma, non representa os intereses do pobo. Por iso, di, "non é suficiente sinalar que a agricultura debe saír da OMC, senón hai que loitar contra ela".

A nova pantasma agrícola

Unha nova pantasma percorre os campos e mercados agrícolas: a pantasma dos bioenerxéticos. En distintas rexións do mundo dedícanse cada vez máis extensións de terreo que antes se destinaban ao cultivo de alimentos para producir materia prima para fabricar combustibles biolóxicos. En parte, por iso o prezo do millo e da tortilla elevouse dramáticamente a comezos deste ano.

A delegada da Confederación de Campesiños do Perú ao foro emitiu o sinal de alarma: "os biocombustíbeis están desprazando a produción de alimentos."

Silvia Ribeiro, do grupo ETC, explica como é que esta onda produtiva está asociando a grandes xigantes económicos: as industrias do petróleo, automotriz, de produción de sementes, de produción e comercialización de cereais. Ironicamente, en nome da defensa do medio ambiente, a nova industria vai desprazar máis a campesiños das súas terras, vai estimular a sementa de monocultivos, o uso de fertilizantes elaborados con base no petróleo e vai propiciar maior deforestación.

A preocupación polo medio ambiente ten neste caso o signo dos dólares. Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First, un instituto especializado en temas rurais establecido en California, Estados Unidos, denunciou como a British Petroleum doou á Universidade de California e á Illinois 500 mil millóns de dólares para realizar investigacións sobre bioenerxéticos. Por que os fai esta petroleira? Porque necesita posicionarse fronte ao boom. Requiere levar a dianteira na investigación. Esta competindo con outros titáns.

Joao Pedro Stedile matiza esta posición. Segundo el, hai que analizar a problemática dos novos combustíbeis; debe ser cuidadosamente analizada, e non pode ser vista á marxe dun cambio na matriz enerxética mundial. "O capital quere sacar os alimentos dos pobos para poñelos nas burguesías do norte. Temos que loitar contra isto desde a raíz. O mundo ten que cambiar a súa matriz enerxética de transporte. Debemos opoñernos ao transporte individual e loitar polo transporte colectivo", indicou.

A súa organización, os Sem Terra, oponse á sementa de grandes extensións de monocultivos propios das grandes plantacións que abastecen as plantas que fabrican o biocombustíbel, pero están de acordo con producilo en pequenas explotacións para abaratar o custe dos carburantes cos que funcionan os tractores e a maquinaria agrícola.

Transxénicos

Sobre a onda dos bioenerxéticos montáronse os grandes consorcios que producen sementes transxénicas e as súas apoloxistas. A súa tecnoloxía, aseguran, servirá non só para resolver os problemas da fame no mundo, senón para solucionar a crise do petróleo.

O asunto dos organismos xeneticamente modificados (OXM) foi permanentemente discutido no foro. Cal é a relación entre a produción transxénica e a soberanía alimentaria? Pode existir esta sen aquela? O asunto é medular. Dirixentes campesiños como o francés José Bové, o vasco Paul Nicholson e centos de campesiños indios participaron en accións directas destruíndo campos de produción de sementes modificadas xeneticamente en varios países, e se enfrontan a procesos xudiciais por iso.

Para algúns, as sementes frankestein reforzan a dependencia dos países máis pobres ás grandes empresas trasnacionais que controlan a súa fabricación. Expropian aos campesiños as sementes coas que traballaron durante centenares de xeracións, á vez que acaban coa diversidade xenética existente. Non hai pois, desde a súa lóxica, compatibilidade algunha posíbel entre organismos xeneticamente modificados e control soberano da agricultura.

Uns cantos, en cambio, sosteñen o contrario. Segundo eles, non é posíbel que, mantendo vixentes os principios de precaución necesarios, se procure a mellora da produción local facendo uso de todos os recursos tecnolóxicos posíbeis. Máis aínda cando o fame realmente existente obriga a facer máis produtivas as colleitas. E entre eses recursos tecnolóxicos atópanse os OXM. Esa é a posición persoal, segundo aclarou o ministro de Agricultura de Malí.

Quen obxectan do uso de transxénicos argumentan que é falso que incrementen a produción, que reduzan o uso de agroquímicos e que o problema da fame no mundo non é de falta de alimentos, senón que é resultado da desigualdade nos ingresos. No mundo sobra comida, o que non hai, din, é xustiza social para garantir que todos teñan acceso a ela. Ademais, insisten, están uniformando perigosamente a variedade xenética dos grans e danando os saberes campesiños. Por iso, en lugar de nomealos OXM, di o delegado indíxena mexicano Aldo González, habería que chamalos Organismos Xeneticamente Transformados, ou sexa OXT, porque iso é o que son.•

Ler tamén os artigos: A soberanía de Nyéléni e Biocautelas, por Manoel Santos

NYÉLÉNI 2007

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning