Autor/a

Profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Membro do Consello Editorial de Altermundo

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O 15M e os mineiros
O 15M e os mineiros

Aínda que, como o personaxe de Melville, preferise non facelo, volvo sobre a disputa que, aos ollos dalgúns, enfrontaría ao e ao movemento mineiro.

Fágoo para saír ao paso dunha manchea de opinións -unhas aparentemente tranquilas, outras manifestamente agresivas- que en substancia veñen dicirnos o que segue: como queira que o 15M era un movemento que non estaba mal pero que, ao cabo, resultaba blandiño e posmoderno, tiveron que chegar os mineiros para pór as cousas no seu sitio e lembrarnos que non pode ser senón a clase obreira de sempre a que sinale o camiño da emancipación. Se o primeiro, o do 15M, paréceme unha dramática distorsión dunha realidade afortunadamente máis complexa, o segundo, o dos mineiros, ten todos os elementos dun xenuíno conto de fadas.

Empezarei, claro, polo do 15M. E fareino subliñando que moitos dos que entenden que se trata dun movemento brando e posmoderno parecen extraer a súa información dos medios de incomunicación do sistema. Bo sería que dedicasen unha mañá a visitar asembleas populares, porque
-sospeito- terían que mudar axiña de opinión. O primeiro que debo sinalar ao respecto diso é que na maioría dos lugares, e ao longo do último ano, o 15M experimentou un rápido e afortunado tránsito desde un proxecto que en orixe era con frecuencia meramente cidadanista a outro orgullosamente anticapitalista. Non se que hai de posmoderno nun dos lemas máis coreados nas manifestacións do movemento: o que reza "vai rematar, vaise rematar, vai rematar a paz social". Tampouco sei, por certo, que hai de posmoderno na defensa dos dereitos das xeracións vindeiras e na contestación dunha economía de coidados que cae en exclusiva nos ombreiros das mulleres.

O anterior non significa de ningún xeito que falten os problemas no 15M. Un deles, principal, é a súa moi precaria presenza no mundo do traballo. Pero ollo que aquí a realidade é, de novo, máis complexa que o que retratan os fustigadores, destapados ou encubertos, do movemento. Se no momento inicial do 15M había unha franca maioría de mozos parados ou precarios, a realidade que emerxeu á calor das asembleas populares é moi distinta, con moitos traballadores asalariados polo medio. Repito o que xa sei que a algúns compañeiros non lles gusta que diga: o que acontece a miúdo é que eses traballadores son quincemaístas de fin de semana ou, o que é o mesmo, súmanse ás iniciativas do 15M pero a duras penas trasladan a perspectiva deste aos centros de traballo. Estou obrigado a precisar, con todo, por que percibo isto como unha realidade nada afortunada: no movemento hai unha asentada e estendida conciencia de que as cousas non discorren como debesen no mundo do traballo, e considérase, en paralelo, que este non pode quedar á marxe da contestación. Ogallá, e noutras condicións, o 15M puidese non ter que exporse a estes problemas: querería dicir que os sindicatos que temos -que padecemos, dirá algún, e falo agora dos maioritarios- están á altura das circunstancias.

As disputas correspondentes non deixaron de provocar feridas no movemento, na forma ante todo dunha colisión entre posicións adanistas, que con argumentos tan resèctábeis como cándidos estiman que o 15M debe moverse en solitario nese cenagoso terreo, e quen pensan -cóntome entre eles- que hai que anudar lazos co sindicalismo alternativo e resistente. Se se me permite aquí un comentario persoal, agregarei que o mundo sindical que considero, sen dogmatismos, que é o meu, o que configuran organizacións como a CXT e a CNT, non se caracteriza precisamente nin pola súa blandura nin polas súas chiscadelas posmodernas: a diferenza doutros, e sen ir máis lonxe, dixo sempre non a todas as reformas laborais e a todos os pensionazos.

Vou agora a polo dos mineiros. O primeiro que me sinto na obriga de lembrar é que o 15M estivo, con claridade, á altura dos seus deberes. Non creo trabucarme cando afirmo que foi a primeira instancia de cantas se entregaron, sen cautelas, ao apoio e á acollida das marchas. Nuns casos -intúo- porque os activistas pensaban que o movemento mineiro ben pode ser un fermento de cambio radical no mundo do traballo; noutros porque desde hai un ano decidiron apoiar, sen dobreces, a quen resisten fronte aos recortes. Unha vez certificado o anterior, non negarei que a protesta mineira provocou disputas dentro do 15M. Días atrás sinalei cales eran, ao meu entender, os requisitos que debe satisfacer unha loita para que a fagamos nosa en plenitude: 1. contestar a lóxica de fondo do capitalismo (non se trata de remendar, sen máis, un ou outro descosido); 2. promover horizontes de autoxestión que rexeiten a orde da propiedade, e da exclusión, vixente; 3. colocar no seu núcleo os dereitos das xeracións vindeiras, e respectar en paralelo os delicados equilibrios do medio natural; 4. encarar con radicalidade a marxinación material e simbólica que, en todas as ordes, padecen as mulleres; 5. asumir un carácter internacionalista e solidario, con conciencia clara do que ocorre nos países do Sur, e 6. ter capacidade de expansión e atracción cara a outros.

Temo que se xulgamos a loita dos mineiros sobre a base deses requisitos, o balance non é moi halagüeño. Achámonos se cadra diante dun paradoxo. Se no pasado abundaron os exemplos de movementos nos que a ambición dos obxectivos víase lastrada pola cortedade dos medios, no caso dos mineiros achámonos xustamente ante o contrario: a coraxe despregada nos medios viuse contrarrestada por uns obxectivos que en sustancia eran, rechamantemente, os da patronal do sector -que se preserven as subvencións ao carbón-, en ausencia dramática de proxectos de autoxestión -non será un remedo do que fixeron nos últimos trinta anos CCOO e UXT, que con recursos notábeis non foron quen de perfilar outra cousa que unha axencia de viaxes?-, con permanente desatención da cuestión ecolóxica e con perspectivas moi reducidas de expansión a outros sectores. Aos ollos de quen dilapidan argumentos contra o 15M, non significa nada, neste contexto, que a marcha que rematou en Madrid a pechasen eses dous tragarreformas laborais chamados Fernández Toxo e Méndez? Creo que nestas condicións o exemplo redentor que algúns cren apreciar na resposta mineira ás agresións ten un alcance limitado. E non o digo, de ningún xeito, con contento. Ogallá puidese afirmar orgullosamente o contrario.

Remato cunha mensaxe ecuménica: fuxamos das confrontacións entre traballadores e procuremos mellorar o rexistro de cadaquénl. É unha evidencia que o 15M tense que pór as pilas para facer o que estea da súa man na tarefa de trasladar ao mundo do traballo o horizonte anticapitalista que na maioría dos casos defende. O é tamén que o sindicalismo alternativo e resistente debe espabilar para configurar unha alternativa real. Como o é, en fin, que hai que facer votos para que as bases dos sindicatos maioritarios esperten dunha vez por todas. Ninguén sobra na tarefa de contestar unhas agresións que, con certeza, van ir crudamente a máis. Pero esquivemos -todos- os contos de fadas.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning