Autor/a

Comité de Vigo de Intermón Oxfam

banner_consello_peq

Categorías

O acaparamento de terras no Sur
O acaparamento de terras no Sur

É a terra un ben mercantil? É lícito especular con ela?

Os últimos datos sosteñen que polo menos 80 millóns de hectáreas foron “vítimas” das transaccións comerciais desde o ano 2001 –o que equivalería a vinte veces o tamaño dos Países Baixos. É dicir, grandes extensións de terra que supoñen o sustento de moitas persoas que viven da agricultura e a gandería son comercializadas como materia prima destinada á produción de “artigos” de consumo masivo –humano, animal ou até industrial. Trátase de procesos de privatización, vendas ou arrendamentos a longo prazo.

Cada vez máis, as grandes multinacionais invisten en terras destinadas á agricultura en países pobres, sempre con fins comerciais, o cal, de entrada, non tería por que ser algo negativo. Con todo, cando esta compra implica a expulsión de centos de familias das súas terras, ou estas producen menos alimentos como consecuencia da especulación, entón convértese nunha práctica con nocivas consecuencias que implican problemas a moitos niveis –destrución de medios de vida e vivendas, conflitos que poden durar moitos anos, pobreza, desequilibrio ou crises medioambientais, entre outros.

O paulatino –aínda que notable– aumento do prezo dos alimentos desde o ano 2008 trouxo como consecuencia unha maior frecuencia destas transaccións. Este feito está motivado polo desaforado aumento da demanda de terras fértiles co obxectivo de cultivar alimentos, producir biocombustibles ou, simplemente, especular co valor das mesmas por parte dos inversores.

En moitos casos, aquelas terras vendidas como terreos “sen uso” ou “sen explotar” son as que traballan as familias pobres para cultivar os seus alimentos. E nun gran número de ocasións, estas familias son expulsadas das súas terras pola forza, ou se incumpren as promesas de compensalas economicamente. A miúdo, as persoas son desaloxadas violentamente por matóns a soldo.

oxfam_folleto

Así, falar da problemática do de terras obriga a citar o caso da comunidade de Polochic, en Guatemala, pois exemplifica todo o malo dunha política agraria equivocada e dun sistema alimentario roto, que potencia e protexe a creación de grandes latifundios de monocultivos e despraza aos pequenos agricultores, que son os que producen os grans básicos para a alimentación da poboación.

O pasado 2012, e logo dunha multitudinaria marcha campesiña, o presidente da República de Guatemala, Otto Pérez Molina, comprometeuse a devolver as terras ás 14 comunidades expulsadas en marzo de 2011 e a aplicar as medidas cautelares de protección desa poboación ditadas pola Comisión Interamericana de Dereitos Humanos. A día de hoxe o goberno non cumpriu ningún destes compromisos.

Pero non é o único caso. Nos países pobres, unha superficie de terreo equivalente á área metropolitana de Madrid (case 2.000 km2) é vendida cada seis días a inversores estranxeiros –o que equivalería a dicir que cada segundo comercialízase o terreo equivalente a un campo de fútbol. A extensión de terra “mercantilizada” a nivel mundial só na última década equivale a catro veces o tamaño de España (203 millóns de hectáreas), unha superficie na que se poderían cultivar alimentos para mil millóns de persoas, o mesmo número de persoas que cada noite se deita con fame en todo o mundo. De feito África, unha das rexións máis afectadas por esta "febre” mundial pola terra, viu como en só dez anos investidores estranxeiros adquiriron terreos agrícolas cunha superficie total que equivale ao tamaño de Kenia.

É posible loitar contra o acaparamento de terras? Sen dúbida, é factible. Con todo, para que isto aconteza é necesario emprender accións internacionais e efectivas. Para comezar, é imperativo que os gobernos ofrezan un acceso seguro á terra para os pequenos agricultores, especialmente no caso das mulleres, pois se atopan con maiores impedimentos para reclamar o que é seu. As estratexias sobre a produción de biocombustibles deben ser inmediatamente revisadas: para que a prioridade de todo plan de cultivo volva ser encher un prato de comida e non un depósito de gasolina. Ademais é necesario realizar investimentos en comunidades marxinalizadas, en contraposición a pensar só en marxes de beneficio.

CRECE

Tal e como denuncia Intermón Oxfam coa súa campaña CRECE, o sistema alimentario mundial está roto e é profundamente inxusto. As grandes compravendas de terras cultivables son un dos principais motivos. Segundo un informe de Oxfam, o 75% dos países onde houbo acaparamento de terras na última década son países con gobernos fráxiles. Trátase de países que, segundo o Banco Mundial, están por baixo da media en participación cidadá e rendición de contas, Estado de dereito, calidade da regulación do sector privado e control da corrupción.

Isto pode supoñer unha catástrofe para as comunidades que, en ocasións, vense desposuídas dos seus fogares e medios de vida debido a acordos aos que non deron o seu consentimento e polos que tampouco reciben compensacións.

Sabemos que o Banco Mundial financia moitas destas transaccións (ademais, ten capacidade de influír en como se mercan e vende as terras). Por iso, Oxfam ten aberta unha petición ao Banco Mundial para que deteña as grandes transaccións de terras até establecer os mecanismos legais para facelo dunha forma máis xusta.

crece

 

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning