Autor/a

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

banner_consello_peq

Categorías

O cumio da FAO e a crise alimentar
O cumio da FAO e a crise alimentar

 Nova Guía Exterior do Igadi. Entre o 3 e o 5 de xuño celebrarase en Roma o Cumio da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). A convocatoria do evento denomínase “Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentaria Mundial: os desafíos do Cambio Climático e a Bioenerxía”.

Introdución

Entre o 3 e o 5 de xuño celebrarase en Roma o Cumio da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (). A convocatoria do evento denomínase “Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentaria Mundial: os desafíos do Cambio Climático e a Bioenerxía”.

O tema da crise alimentaria mundial será primordial neste cumio, especialmente ante os disturbios ocasionados pola carestía dos alimentos en diversos países e a recente publicación do informe “Perspectivas agrícolas 2008-2017”, elaborado pola FAO e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), que prognostica encarecementos nos prezos dos alimentos para a próxima década.

1) De qué tratará este cumio da FAO?

O director xeral da FAO, o senegalés Jacques Diouf, anunciou que entre o 3 e 5 de xuño de 2008, levarase a cabo en Roma, sede da FAO, a Conferencia de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentaria Mundial: os desafíos do Cambio Climático e a Bioenerxía”, coa participación de diversos xefes de Estado e de Goberno de todo o mundo.

Paralelamente, entre o 4 e 5 de xuño en París, celebrarase o Consello Ministerial da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OCDE), evento organizado polo seu secretario xeral, o mexicano Angel Gurría, que analizará o impacto dos prezos alimentarios na economía mundial.

O cumio da FAO, que contará coa presenza principal do secretario xeral da ONU, o surcoreano Ban Ki Moon, establecerá como prioridade para os gobernos e organismos internacionais nos próximos anos, a consolidación mundial da seguridade alimentaria, tendo en conta o cada vez mais grave impacto do cambio climático na produción e na actividade agrícola e económica.

2) Qué precedentes hai desta reunión?

No trixésimo cuarto período de sesións da conferencia da FAO, en novembro de 2007, pediuse a conformación dunha reunión de expertos e de consultas con grupos de presión sobre o cambio climático e a bioenerxía, marco referencia e constitutivo da próxima Conferencia sobre Seguridade Alimentaria e Cambio Climático a celebrarse o 3-5 de xuño de 2008.

Esta conferencia da FAO estivo precedida por unha serie de reunións preparatorias celebradas entre xaneiro e abril de 2008, polo que se tratará de analizar o traballo iniciado e determinar as conclusións pertinentes.

A finais de abril realizouse en Brasilia un cumio rexional de 33 países latinoamericanos e caribeños, organizada pola FAO, para abordar un maior equilibrio mundial na seguridade alimentaria, a seguridade enerxética e a protección do medio ambiente.

A próxima conferencia da FAO, a iniciarse o martes 3 de xuño, tivo como reunión antecedente o encontro en Caracas, o venres 30 de maio, dos representantes de 26 países de América Latina e o Caribe, que discutiron os elevados prezos dos alimentos e a necesidade de establecer unha política común para a rexión.

3) Cal é a situación alimentaria mundial?

O recente informe “Perspectivas Agrícolas 2008-2017”, presentado pola OCDE e a FAO, considera que se ben os prezos dos produtos básicos agrícolas lograrán moderarse a mediano prazo con respecto aos actuais niveis record, nos próximos dez anos espérase que a media dos prezos alimentarios sitúese moi por riba dos niveis medios da última década, especialmente no caso do trigo e a carne de vacún.

Segundo cifras da FAO, actualmente existen 850 millóns de persoas no mundo que sofren as secuelas da fame, dos que , aproximadamente, uns 820 millóns viven en países considerados “en desenvolvemento”, que serán os máis afectados polo cambio climático. Pola súa banda, o Banco Mundial (BM) anunciou que os prezos dos alimentos se incrementaron nun 83% desde 2005.

Estatísticas da FAO consideran que, entre marzo de 2007 e marzo de 2008, os prezos dos principais produtos alimenticios aumentaron da seguinte maneira: millo (31%); arroz (74%); soia (87%); e trigo (130%). Os cereais aumentaron un 41%, os aceites vexetais un 60% e os produtos lácteos un 83%.

O Programa Mundial de Alimentos da ONU (PMA) considera que foi en América Central onde maior impacto tivo a alza dos prezos dos alimentos, especificamente en Nicaragua e no Salvador, produtores de millo e outros grans. A FAO considerou que en América Latina, un total de 52 millóns de persoas (0 10% da súa poboación total) padecen desnutrición e fame.

Un estudo de abril pasado, realizado pola ONU e o Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BERD), considerou que o alza dos prezos agrícolas veu determinada polo acelerado crecemento dos prezos do combustible. O petróleo cotízase actualmente a $135 o barril.

Os disturbios en diversos países asiáticos, latinoamericanos e africanos nas derradeiras semanas, especialmente en Exipto, Haití, Paquistán e Filipinas, causados pola actual crise de abastecemento de alimentos, evidencia as perspectivas que sinalan cómo o actual alza de prezos está golpeando aos habitantes de países pobres, en especial aos compradores netos de alimentos nas zonas urbanas e aos que non producen nas zonas rurais dos países con escasos ingresos.

4) Qué factores causarían esta crise?

Os expertos da FAO, o BM e a OCDE consideran que a actual crise alimentaria se debe a unha serie de factores, destacando os seguintes:

a) Distorsións creadas nos subsidios agrícolas dos países desenvolvidos;

b) Elevado crecemento económico e de consumo en países como China, México, Brasil e India;

c) Aumento dos prezos de fertilizantes e abonos (un 42% no derradeiro ano), especialmente nos países en desenvolvemento (China, India, Paquistán, Bangladesh, Brasil, Europa do Leste e Asia Central).

d) Cambio climático que arruína as colleitas e altera patróns produtivos en diversos países agrícolas, como Australia;

e) As malas colleitas agrícolas de 2006 e 2007;

f) Barreiras para a exportación de países produtores de arroz, como China e Vietnam;

g) Especulación nos considerados “mercados de futuro” de materias primas;

h) Encarecemento do cru, con impacto directo nos custes dos transportes e fertilizantes.

5) Qué perspectivas cabe agardar?

Un informe do Banco Mundial publicado a semana pasada sinala que o alza dos prezos dos alimentos será unha constante nos próximos anos, tomando en conta a crecente demanda dos países en desenvolvemento e o alza dos custes de produción.

O BM tamén considera que a escaseza alimentaria afectará principalmente a África e o sudeste asiático, sumamente dependentes das exportacións de arroz, cun prezo que subiu 120% en 2008. O BM prevé turbulencias pola crise alimentaria en 33 países.

Pola súa banda, a FAO estima que os prezos alimenticios poden ser aínda mais volátiles nos próximos anos, debido aos baixos niveis de reservas e á falta de reacción de diversos produtores agrícolas ante as variacións de prezos. O incremento de fondos de investimentos nos “mercados de futuro” e o cambio climático, tamén repercutirán na volatilidade dos prezos alimenticios.

No informe “Perspectivas agrícolas 2008-2017” realizado pola FAO e a OECD, estimase que, de aquí a dez anos, os prezos do gando poderían incrementarse nun 20%; os cereais un 60% e os aceites vexetais un 80%. Todo isto cunha estimación de que o prezo do petróleo achéguese aos $200 o barril.

6) Estanse a adoptar medidas?

O presidente do Banco Mundial, Robert Zoellick, anunciou esta semana que  outorgará fondos por valor de 1.200 millóns de dólares a países como Haití, Liberia e Djibuti, como medida de resposta rápida aos países que máis están sufrindo o encarecemento dos prezos alimentarios. Paralelamente, establecerase un fondo adicional de 2.000 millóns de dólares para financiar proxectos agrícolas.

Segundo cifras do Banco Mundial, un total de 100 millóns de persoas se empobrecerán nos próximos anos debido ao incremento dos custes de produción e a escaseza de alimentos. Zoellick xustificou a concreción destes fondos debido a que uns 2.000 millóns de persoas están en perigo de malnutrición e fame debido ao encarecemento dos prezos.

En abril pasado, Dominique Strauss-Khan, do Fondo Monetario Internacional (FMI), advertiu que de continuar esta escalada de prezos nos alimentos, “centos de milleiros de persoas morrerán de inanición nos próximos anos”.

Pola súa banda, Josette Sheeran, directora do Programa Mundial de Alimentos de Nacións Unidas (PMA), que actúa en 78 países para distribuír comida a 73 millóns de persoas, anunciou que a ONU logrou recadar 700 millóns de dólares para paliar o alza dos prezos alimenticios. Sheeran anunciou que a achega de Arabia Saudita, con $300 millóns, foi crucial, mentres os restantes $400 millóns foron recadados por 30 países.

7) Aumenta a conciencia global sobre esta crise alimentaria?

Os fondos anunciados polo Banco Mundial e a ONU, así como a reunión da FAO en Roma, precederán ao cumio mundial do G-8, a celebrarse en xuño próximo en Xapón, como mecanismos para concienciar aos líderes das principais potencias económicas sobre o problema da crise alimenticia e o cambio climático.

Así, o primeiro ministro británico Gordon Brown propúxolle ao seu homólogo xaponés e a anfitrión do próximo cumio, Yasuo Fukuda, facer da crise alimentaria o tema central do próximo cumio do G-8.

Paralelamente, son cada vez maiores os reclamos sociais aos gobernos para paliar os efectos da crise alimentaria. En países como Brasil, Chile e Bolivia, os gobernos están adiantando programas de axuda ás familias mais necesitadas e vulnerables aos efectos da escaseza de alimentos.

8) Cómo inflúe na crise o debate sobre os biocombustibles?

A utilización da bioenerxía, un dos tema centrais do próximo cumio da FAO, xera posicións encontradas, principalmente entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento.

Un dos mais sinalados e que maior controversia xera é o etanol, unha enerxía alternativa baseada na produción de cana de azucre. Outros produtos no punto de mira para ser utilizados como enerxías alternativas son a soia, o millo, a palma e os aceites de xirasol.

A FAO considera que os biocombustibles son responsables do 30% do recente aumento dos prezos alimenticios, elemento que repercutiu no incremento da deforestación, principalmente en países como Indonesia, debido á tala de bosques para producir palma aceiteira como biocombustible.

Pola súa banda, o FMI considerou que a produción de etanol de millo é responsable de, ao menos, un 50% do aumento no prezo e na demanda mundial deste produto. Países como Cuba e Venezuela critican abertamente a utilización de alimentos para producir enerxías biocombustibles.

A produción mundial de etanol triplicouse entre 2000 e 2007 e esperase unha duplicación en 2017, ao igual que no caso do biodiésel.

Non obstante, países como Brasil e EEUU (que abarcan un 90% da produción mundial de biocombustibles) defenden a utilización de biocombustibles como alternativa ecolóxica ao petróleo. O aumento nos investimentos en biocombustibles pasou de $5.000 millóns no 2005 a $38.000 millóns no 2007 e chegará aos $100.000 millóns en 2010.

En Europa, que amosa determinadas divisións sobre a utilización masiva destas enerxías alternativas, o obxectivo é alcanzar un consumo do 10% de biocombustibles en 2010. Ante a actual crise alimentaria e o efecto que podería provocar a utilización de biocombustibles, a Axencia Europea de Medio Ambiente considerou necesario realizar un estudo sobre os beneficios e riscos da produción destas enerxías alternativas, pedindo mentres a conxelación de diversos proxectos para aumentar a súa produción.

O estadounidense Instituto Internacional de Investigación de Política Alimentaria (IPFRI polas súas siglas en inglés) considera que, de manterse a expansión actual de biocombustibles, o encarecemento dos bens de consumo pode ser aínda maior, tomando en conta que os cultivos con fins enerxéticos restaríanlle mercado á agricultura.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning