Autor/a

Xoán R. Doldán é profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago. Membro do Consello Editorial de Altermundo. Participa do colectivo Véspera de Nada e da Asociación de Economía Ecolóxica en España.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O futuro é rural
O futuro é rural

Máis da metade da poboación mundial vive en núcleos urbanos, un 20 por cento do total en cidades que superan os 750 mil habitantes. Na Galiza case o 60 por cento da poboación vive nas áreas urbanas das nosas sete cidades, elevándose a máis do 70 por cento a poboación que poderíamos considerar urbana, aínda que o tamaño medio dos núcleos urbanos galegos non é demasiado elevado. O fenómeno da urbanización foi crecendo paulatinamente nos últimos anos. Con todo esta evolución só foi posíbel grazas a que se dispuxo de cantidades crecentes de enerxía abundante e barata, cun sistema enerxético baseado nos combustíbeis fósiles e, en particular, no petróleo. Isto permitiu afastar a pantasma da falta de recursos locais como limitación ao crecemento demográfico e ao crecemento urbano, ofrecendo en contraste a abundancia dos mercados.

A posesión de escravos mecánicos movidos polo petróleo favoreceu unha que xa non requiriría de tantas persoas para traballaren a terra, ou mesmo que os alimentos ou outros recursos materiais e enerxéticos puideran vir de calquera parte do mundo, por moi afastado que estiver. Deste modo mentres había unha queda da poboación activa na , o uso da enerxía exosomática para a obtención de alimentos foi en aumento. Na Galiza, de 1985 a hoxe abandonaron a 350 mil persoas (un 85 por cento da poboación activa que tiña naquela altura) e desapareceron dous terzos das explotacións. O mundo rural esmoreceu, as explotacións labregas foron convertidas en empresas agrícolas, a cultura rural substituíse por unha extensión dos valores urbanos, os espazos periurbanos transfórmanse en arremedos das antigas aldeas, onde a morriña polo paraíso rural perdido fai aflorar un negocio inmobiliario que recrea os antigos campos mediante xardíns á moda urbana, e as antigas casas labregas en chalets, contribuíndo a acelerar a desaparición do rural, ao establecer unha xerarquía dos territorios en función das necesidades e da rendibilidade promovida desde o mundo urbano, onde as comunidades rurais son substituídas por urbanizacións. O proceso de descomposición e recomposición de áreas rurais virá tamén da man do turismo rural estacional ou de fin de semana, onde os habitantes das urbes pretenden recuperar o contacto coa natureza, coas vellas tradicións e a cultura campesiña. No entanto a vida rural só pasa a ser unha representación do que foi, un lugar de lecer e descanso e non un lugar de traballo e de comunidades rurais. Produtores e consumidores de alimentos pasan a constituír categorías nidiamente diferenciadas, mediando entre eles unha basta rede de industrias e distribuidores que necesita de grandes cantidades de enerxía para conectar a uns cos outros, provocando o absurdo de que se utilice máis enerxía nisto que a que conteñen os propios alimentos.

Manter este sistema no futuro vai ser imposíbel, considerando que estamos nun escenario de teitos constatados de extracción do petróleo, inminentes para o gas natural e moi probábeis en poucos anos para o carbón, sen que haxa ningunha outra fonte que poida ofrecer de forma tan rápida, abundante, barata, concentrada e flexible a potencia enerxética da que até agora dispoñemos. Todo aumento da demanda enerxética nunha parte do planeta de aquí en diante farase a costa dunha obrigada redución noutra parte e, en todo caso, a prezos moitos máis altos. Nestas condicións, o crecemento económico só será factíbel en determinados lugares e por certo tempo, mais non poderá ser o modelo universalizábel que o capitalismo nos intentou vender. Máis aínda, esa imposibilidade de crecemento universal pon fin á fantástica idea dunha globalización sen límites onde poboación-territorio-recursos non tiñan porque ir da man, onde as limitacións non eran materiais nin espaciais senón, acaso, financeiras. Con combustíbeis cada vez máis caros e cunha oferta cada vez máis limitada, o transporte mundial de materiais, enerxía, alimentos e outras mercadorías pode caer nunha trampa enerxética e colapsar. De ser así, a este colapso seguiríanlle outros, incluído o do sistema alimentario actual. Logo, o futuro poderá seguir sendo urbano?.

Dificilmente. Os primeiros en constatalo serán aqueles lugares con maior concentración urbana, menor produción de alimentos local e con agriculturas intensivas no uso de enerxía fósil. Cómo cubrir a demanda básica de alimentos onde se ten renunciado a producilos ou onde se producen grazas á importación de petróleo e agroquímicos?.

Re-ruralizar e re-agrarizar o mundo xa non é unha opción mais apenas algo inevitábel. E facelo suporá mudanzas noutros moitos ámbitos. Os prazos, porén, xogan na nosa contra. O debate debería estar en como facer o proceso de transición e o tempo do que se dispón, de modo que os campesiños aumenten a súa resiliencia en tempos de escaseza e volatilidade dos prezos. Neste contexto, e ao marxe da dificultade do cambio de modelo, compre considerar que sistema alimentario, non baseado en enerxías fósiles, necesitamos para que unha vez completado o tránsito poidamos fornecer de alimentos a poboación mundial e, mentres non se produce o tránsito, como resolver o descenso na dispoñibilidade de combustíbeis para realizar as diferentes tarefas de produción e distribución de alimentos.

O repto non é fácil e obrigará a reconsideralo todo: mudar as expectativas polos produtores actuais, achegar a produción agrícola a sistemas naturais rexenerativos da fertilidade da terra e de control de pragas, procurar o autosubministro enerxético con base nas renovábeis, promover a produción local e as redes de comercio local de produtos alimentarios, procurar cambios na dieta alimentaria xeral, favorecer as pequenas explotacións e a autoprodución agrícola, etc.

Estes cambios, de non facerse coa participación da poboación campesiña e do conxunto da sociedade, provocarán grandes desaxustes, mesmo para os produtores actuais de alimentos, polo que é desexábel que se inscriba nunha transformación social e económica global. Debemos transformar esta sociedade hiperurbana, cara outro modelo onde o rural non só predomine senón que serva como eixo vertebral. Sen dúbida, o futuro é rural e debería ser aquel que nós queiramos e axudemos a construír.

Artigo de Xoán R. Doldán publicado no nº1 da revista O Peteiro, do Partido da Terra
Share

1 Comentario
  1. Parabéns a Xoán Roldán. Estou plenamente de acordo coas conclusións e co proceso analítico seguido para chegar a elas. Concordo en que a alternativa vai por aí, e iso non significa ningún retroceso social; antes ben, é un avance toda vez que implica recuperar moitos valores e hábitos que mellorarán a nosa calidade de vida.  Eegf E influiría sen dúbida nos propios sistemas produtivos, pero sería tan beneficioso que mesmo estes sistemas produtivos serían un piar básico da economía, máis ligada á natureza que o sistema actual. Compriría unha re-educación social neste sentido, e aí sí radica o problema… Porque o sistema, camiña por outro lado…

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning