Autor/a

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O nacionalismo galego e Democracia Real Xa!
O nacionalismo galego e Democracia Real Xa!

Ou de como escollín un mal momento para deixar o blog.

Entre algunhas das ideas intelixentes que ven expresando Alain Badiou nestes últimos tempos quédome, así de memoria, con dúas:

  1. A idea de Acontecemento como ese intre inesperado e fundacional, ese salto ao baleiro que muda todo e a partir do cal o anterior perde todo significado.
  2. A idea de que a palabra Democracia se convertiu no fetiche manoseado polos principais inimigos da mesma para anestesiar ás poboacións despois de que as conclusións de Thatcher e Fukuyama de que non había alternativa e de que chegaramos ao fin da historia callaran máis do que merecían.

Tanto unha como a outra cobran especial vixencia ao albur do que está sucedendo co chamado movemento Democracia Real Xa! A toma da Porta do Sol de Madrid por parte dun conxunto de cidadáns autoconvocados e as metástases da mesma a menor escala que van agromando por todo o Estado parecen querer ser ese Acontecemento inesperado que se viu de facer ser extenso despois de ter sido só ser virtual e que ten o potencial de mudar o prisma con que percibimos a nosa realidade. Que o nome do movemento inclúa a palabra Democracia para denunciar, como Badiou, que aquilo co que nos aguilloaban a diario non era en verdade digno de tal nome senón mero simulacro anestesiante consegue golpear con gran precisión na trabe mestra do edificio ideolóxico do capitalismo neoliberal: o binomio absurdo democracia=capitalismo / capitalismo=democracia.

Con esta paisaxe coma pano de fondo xorden, aquí e acolá, entre algunhas das xentes vinculadas ao soberanismo galego de esquerdas e, en xeral, no mundo do activismo organizado previamente a este novo movemento, certa espectación ante os feitos non exentos de desconfianza (nalgúns casos xustificada) pero co agravante de esquecer que a maior característica dun Acontecemento como este é a súa performatividade, é dicir, o seu caracter non pechado e o seu potencial para ser levado alá onde os participantes decidan conducilo.

Aínda que cativo na súa capacidade mobilizadora (outra cousa é analizar a corrente de simpatía que está a xerar no interior de non pouca xente anónima), o movemento Democracia Real na está a ser impulsado por xente nova nas súas dúas acepcións, nova en idade e nova nisto do activismo. Estamos asistindo á primeira mobilización de capas sociais criadas na opulencia alienante desta fase concreta do capitalismo neoliberal tan destructiva e suicida. Xente cun contacto escaso co movemento altermundista dos noventa, canto máis co que puido ser o movemento obreiro dos anos 70, o movemento antimilitar dos 80 o movemento pola lingua tamén desas décadas ou o movemento feminista. Xentes que cando lles falas dos 60 pensan máis na estética psicodélica made in centro comercial que nas revoltas de París. Xente que naceu cando o muro de Berlín xa caera e para os que a imaxinería clásica da esquerda é cousa dos libros de historia. En definitiva, xente que se move nuns marcos mentais diferentes aos do activista de sempre. De aí a perplexidade e mesmo o recelo deste último.

Pero compre sermos xenerosos. Para moitos deses rapaces e rapazas esta loita é a súa primeira loita. Percibimos simpleza nalgunhas das súas manifestacións e lemas e percibimos que non son quen aínda de relacionar a súa loita coas loitas de outros (a congruencia das loitas das que falaba Domènech) pero sería un erro censuralos. Na experiencia apréndese e na práctica vanse creando as alianzas. Mal farían os activistas con pedigrí desprezando este alude de enerxía deslabazada e fresca. Máis que criticalos o que compre é acompañalos e, sobre todo, aprendermos mutuamente (porque moito temos que aprender sobre o seu uso das novas tecnoloxías). Que rapaces e rapazas, eu mesmo coñezo algunhas, se tivesen manifestado desta volta e non noutras mobilizacións (que mesmo nin souberan que houbera outras mobilizacións interesantes) demostra máis a incapacidade dos vellos activistas para atraeren a esta xente que o pasotismo ou o embiguismo deses rapaces. Hai vontade, o que están a buscar é como canalizar esa vontade. Se cadra non son os campións da coherencia pero.. quen foi un campión da coherencia con vinte anos? (e co dobre tamén).

Se as persoas identificadas co soberanismo galego deciden non acompañar a esta xente por cuestións como a falta de conciencia lingüística o que contribuirán é a que o afastamento destes rapaces e rapazas coa loita nacional galega sexa cada vez maior. Quen despreza o movemento alcumándoo como émulo de Madrid, demostra non entender que tamén é émulo de Tunicia, de Exipto, de Libia, de Bahrein, de Iemen, de Islandia, de Grecia, de Portugal. Non importa de onde veña a inspiración, o importante é conseguir que en cada lugar a xente agarre o temón do barco, e para que isto suceda na Galiza o amplo espectro do soberanismo galego de esquerdas debe pór tamén o seu gran de area.

Non deixo de lembrar estes días os artigos que hai uns meses escribira O Beiras, coa mestría e a intuición que o caracterizan, sobre a Doutrina dos dous mundos no nacionalismo galego. Esta separación dos dous mundos estase a aplicar tamén a pequena escala: o galego segue ensimismado no seu mundo en lugar de se mesturar e liderar a ese outro mundo de rapaciada con ganas de implicarse politicamente. E iso non pode ser máis que cavar a súa propia tumba. Algo ben paradoxal cando vemos que desde as inmediacións do mesmo movemento Democracia Real Xa! se coloca (canda a IU) á organización política máis grande do soberanismo galego, o BNG, como a forza que con máis fidelidade seguiu, nas súas votacións no Congreso dos Deputados, os postulados que ese movemento está a defender arestora na rúa.


Share

10 Comentarios
  1. Parabéns pola reflexión e a achega David!
    Eu, coincidindo con case todo da túa reflexión, tamén estou cavilando estes días sobre este movemento, do que como di Cayo Lara, síntome parte del, son parte del (a brincadeira é facil de entender…) Alén do "momento" social e político no que emerxe, alén das perspectivas de futuro que ten, alén da composición dos seus suxeitos, alén da capacidade de proposta e/ou resposta que ten, alén de moitas cousas…, é un movemento xenuíno que expresa un malestar do que todas e todos estamos partillando… Ao que vou, Galiza Nova artella un capitaneamento desta expresión social cunha cousa que deron en chamar "estamos fartxs" ou algo así, IU como di o seu líder forman parte deste movemento (varios mass media fixeron unha enquisa preguntando sobre se algunha organización política podía sentirse beneficiada deste movemento e todas apuntaron que si, sinalando a IU; o histórico líder do PC Carrillo ven de manifestar que está todo isto moi ben mais hai que evidencialo nas urnas…) e o bng no seu conxunto fica mudo, Causa Galiza non aparece ou non se lles ve, sendo na súa pretensión de crear masa crítica no discurso soberanista unha das que por obviedade tiñan que aparecer…, mais como aparecer?¿ como aparecer sen entrar en tutelaxes de ningún tipo, sin ser percibidos como "veñen a pescar"…, eu penso que só hai unha maneira, artellando un movemento xenuíno que sexa capaz de criar unha comunicación entre esta xente nova con ese discurso que moi ben apuntas ti e as xentes que teñen un discurso máis elaborado (sobre todo por anos de militancia) que queiran achegarse a el…, no panorama existe algo disto?¿ eu só intúo unha manifestación coletiva da que ignoro a súa dimensión que se deu en chamar: "mexan por nós dicindo que chove", que dentro das experiencias que sinalan de creación de discurso proprio falan da Rolda de Rebeldía, que algo te soará…
    Entón, caro amigo, como actuar?¿ como sumar en positivo¿? como vencer o antagonismo dos discursos?¿

  2. Antes de máis dicir que é un pracer encetar esta leria contigo amigo Raul. Indo ao choio: cando eu escribo que o soberanismo galego debe estar tamén nas mobilizacións de Democracia Real Xa! non quero dicir que o BNG (ou a CIG, ou Causa Galiza, ou a FPG…), nin os seus militantes, deban actuar coma submarinos nas asambleas para colonizalas e levalas á corte. Facer iso é precisamente perpetuar os esquemas que aí se están a denunciar. E soster isto implicaría soster que o nacionalismo galego é un movemento perfecto que nada ten que aproveitar dos demais. No que penso, máis ben, é que se debe estar dentro para achegar e para ensinar, pero tamén para observar, entender e aprender. Pero sobre todo débese estar dentro para demostrar que o nacionalismo galego é un movemento inserido na sociedade e non unha illa autorreferencial. O que está a suceder estes días é unha nova forma de actuar e organizarse politicamente e o nacionalismo galego no seu conxunto non debería ser alleo ao tema. O BNG, e en xeral toda organización con paradigmas organizativos do século XX, teñen que tomar nota do que está pasando para aplicalo na súa propia casa. E o nacionalismo galego como coxunto ten que se repensar para poder seguir sendo un actor eficaz nun mundo que se move a unha velocidade de vertixe e no que a promiscuidade é tal que a mesma táctica que triunfa no norte "subdesenvolvido" de África calla pouco tempo despois no Paraíso europeo. Probablemente habería que preguntarse por que esas tentativas de mobilización impulsadas polo nacionalismo non callaron. A min ocórrenseme dúas posibles razóns: 1. Pretender "vender" un produto xa completamente pechado (o cal vai en contra do espírito do propio movemento como autocreación colectiva). 2. A escasa base xuvenil que ten o nacionalismo galego na actualidade (o cal é causa e efecto ao mesmo tempo de que os movementos que ela impulsa callen). Se cadra non estou no certo, se cadra se deba a outras cuestións…
    Por último, eu diría que máis que vencer o antagonismo dos discursos o que hai, como mínimo, é que acudir ao debate coa xente para que dese antagonismo poida xurdir algo conxunto e non agocharse no eido propio, no que se está moi seguro, mais sozinho. Apertas.

  3. novamente, como non podía ser doutro xeito, concordo contigo; mais nas miñas matinacións xurden moitas dúbidas que vou tentar partillar escuetamente: Un movemento así é un acontecemento puntual que pode mudar os discursos públicos dos axentes: movementos sociais, organizacións políticas, coletivos autoxestionados, sindicatos, etc… Por tanto:
    1. Pode agardarse dun movemento de ación espontáneo a creación ou o xerme dunha masa crítica nova, un novo suxeito social¿?
    2. Temos capacidade de artellar, participando desde por exemplo "mexanpornos…" un suxeito activo que marque unha axenda reinvindicativa alén dos tempos políticos?¿
    3. Seremos capaces de que callen nos discursos políticos a fartura da cidadanía do desapego entre a sociedade e a clase política¿?
    4. Temos a capacidade de diálogo, iso de criar pontes, entre os movementos sociais e a cidadanía crítica organizada con algo que é un "acontecemento"?¿ pode existir este diálogo alén de aprender e observar pra re-convertir os nosos discursos¿?
    5. Por tanto, a pretensión dunha explosión de rebeldía é constituirse como movemento? como un nunca máis?¿ (isto o digo polo que está aportando o amigo xoan hermida, falando en varias ocasións dun paralelismo desto que se deu chamar 15-M con Nunca Máis)¿?
    A verdade que teño moitas máis dúbidas, debidas claro está, as miñas limitacións espazo-temporais que non me permitiron estar en ningunha destas xuntanzas, asembleias nin acampadas, e como simples observante entusiasta teño, aínda que o de entusiasta vai por momentos, teño que recoñecer, ao escoitar que tralo 22-M desaparecerán… Si que me gostaría, que as persoas que estades e poidades participar activamente desto fagades chegar o que aí se fala, o que se move, etc…
    Coincido en parte con eses dous apuntamentos sobre as iniciativas: o produto pechado e a escasa representación xuvenil, mais; aínda considérome novo, considéronos novos :D, coido que non coñecín moitas tentativas neste senso desde ningunha esfera, e se as houber, ou se algunha delas son semellantes a algunha das que participei, coido que todas pensaron perpetuarse, quero dicer, non no senso perverso do termo, senón no senso de crear espazos que perdurasen no tempo, espazos de encontro, nestes, ningunha das cousas que apuntas creo que son reprentativas…, non sei…
    Seguimos falando irmán! unha aperta, raúl.

  4. Preguntas tan interesantes coma complexas. Velaquí a miña humilde tentativa de contestar algunha delas:
    Non sei se este movemento conseguirá estabilizarse nunha masa crítica concreta, articulada e identificable pero si penso que o que está a suceder está a servir como bautismo político para moita xente que ata o de agora percibía á mesma como algo que non ía con eles (só este feito ten xa un gran valor). Aínda é moi cedo para chegar a conclusións absolutas, pero o que parece indicar este movemento é que o desapego da cidadanía non o é coa Política senón con certa política. De que maneira se materializa o que é unha explosión inarticulada de fartazgo sempre é unha incógnita e mesmo que se materializase nun decálogo de principios ou propostas "por escrito" tamén é unha incógnita saber como se pretenden pór en práctica eses principios cando o poder do vello aparato estatal obsoleto segue intacto. No momento posterior á expresión da rabia e do fartazgo, nese momento da praxe, das propostas e da cuestión efectiva do poder é onde este movemento, se chega a ese punto, claro, mostrará as súas capacidades para crear novos camiños ou para esfarelarse ante o muro.
    Na miña opinión, e desbotando xa que todo isto consiga efectivamente desembocar nun auténtico movemento de masas con capacidade constituínte, penso que o mellor ao que poderían aspirar movementos como o do 15M é a convertérense en grandes lobbis sociais. En grandes correntes con poder de convocatoria e capacidade organizativa suficiente como para, por unha banda, impedir a brutal involución política e social da nosa sociedade e, nun segundo momento, con capacidade propositiva e persuasiva dabondo como para que novos espazos de liberdade e igualdade, en forma de dereitos sociais, se abran camiño na estrutura podre do sistema. É dicir, para pór en práctica aquilo que moitos de nós desexamos e que en lugares como Bolivia se puxo en práctica: que os movementos guíen aos partidos e non á inversa. Chegar a este punto si conseguiría restablecer as pontes. Só que agora a importancia e a altura de cada unha das beiras sería exactamente a contraria do que era antigamente.

  5.  
    Levo días buscando unha reflexión crítica, mais non censuradora, sobre o que está a pasar e a vinculación coa loita pola autodeterminación e o soberanismo galego, e ata agora a atopo! Hai moitas críticas desde a esquerda, pero o discurso adultocéntrico é moi forte. Hoxe, máis que nunca, cómpre pensar a política máis alá das estruturas tradicionais, e comprender a forza, difusa pero potente, que teñen este tipo de mobilizacións. A política hoxe está a acampar nas prazas. Toda esa masa de xente indignada, farta e cansa, e probablemente tamén confundida e frustrada, está nas rúas porque xa non quere vivir máis así. Que non teñen un proxecto concreto, certo. Que as súas demandas poden ser contraditorias, certo. Pero tamén é certo que están na rúa porque xa non queren quedar na casa mirando o mundo a través dos reality shows. Esta conxuntura é un espazo para fomentar a reflexión, para articular loitas e crear alianzas. Non falo de crear partidos (ou afiliarse aos existentes), porque estas mobilizacións naceron con alerxia á política tradicional, mais crear alianzas e movementos de loitas solidarias, para traballar en todas as frontes: na política institucional e na política cotiá. Se non podemos ver iso, se rexeitamos as angustias, as frustracións inmediatas de esta xente que por primeira vez dis XA BASTA! , como poderiamos logo reclamarlles que non reflexionen sobre a causa galega, que non saian a rúa para defender a lingua, ou que continúen votando ao PP, como sempre o fan. É un momento para articular, non para dar sermóns. En fin, grazas pola reflexión!
    Déixovos unha reflexión sobre o sentir desta xeración e o que está a pasar, a partir dunha experiencia en Costa Rica. (en castelán, pois escrebo desde Costa Rica)  http://www.facebook.com/notes/marisol-fournier-pereira/luchar-desde-la-hidropon%C3%ADa-una-reflexi%C3%B3n/213831451973210

  6. Pois coma para non estar…. seica non aprendimos nada nos últimos anos? Tanto falar do foro social, attac… e agora que xorde a oportunidade non imos estar? O que hai é que espabilar, apoiar o asemblearismo. Eu estiven onte na concentración de Huelva (vivo no Sul) e a verdade, a xente fala con moitp tino e cabeciña.
    As ideas que se defenden son as nosas de toda a vida, aínda que se faga sen siglas. Non é momento de apañar protagonismo, se non de axudar e apoiar. Xa logo virá a xente na busca de organizacións artelladas que estaban ahí cabdo foi preciso
    Apertas
    Uxío

  7. que momento para algúns, ter que escoller entre seguir coa campaña do seu chiringo ou mollarse. como se pode falar de "pedigrí"? como se pode ser de esquerdas e sentir tanto desprezo polas persoas? é que mentres algúns militaban ou nonseioqué sentíndose "diferentes", había persoas que saben ler e escribir, e pensar. e que con honestidade, dignidade, xenerosidade, humildade e CONCIENCIA resistíanse a participar nos vosos saraos. non o queredes ver nin sequera agora, claro.

  8. Totalmente dacordo con Marisol, Uxío e Persoa. Só un matiz: cando eu falaba de activistas con pedigrí facíao con ironía. Pensei que era evidente.

    Apertas.

  9. Manoel Santos

    Eu estou totalmente de acordo con Uxío (e demais). Perder esta onda de mobilizacións sería unha irresponsabilidade manifesta para quen leva tempo loitando contra o sistema. Vai outra ligazón: http://www.altermundo.org/vella-loita-novos-actores/

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning