Autor/a

Traballa en ENT. Coordinador da campaña OCEAN2012 e da revista Ecoloxía Política.

banner_consello_peq

Categorías

O Parlamento Europeo, o refraneiro mariñeiro e a política pesqueira común (I)
O Parlamento Europeo, o refraneiro mariñeiro e a política pesqueira común (I)

Na calma do mar non creas, por sereno que o vexas.

Case ninguén fala do Parlamento Europeo, pero cada vez é máis importante na definición das políticas europeas, e no vindeiro mes:  Dolores García-Hierro (PSOE – S&D, Titular), Antolín Sánchez Presedo (PSOE – S&D, Suplente), Raül Romeva (ICV-Verdes Europeos, Titular), Ana Miranda (BNG-ALE, Suplente), Isazkun Bilbao (PNV-ALDE), Carlos José Iturgaiz (PP-PPE, Suplente), Carmen Fraga (PP-PPE, Titular), Gabriel Mato (PP – PPE, Titular y presidente de la Comisión), parlamentarios españois da Comisión de , decidirán xunto aos parlamentarios dos demais países, cal será a súa visión sobre a política pesqueira europea nos próximos 10 anos.

Preséntase un outono ben quentiño, coas espadas ben altas. A primeira sesión da Comisión de pesca será o vindeiro xoves 6 de setembro.

A río revolto, ganancia de pescadores.

Ben, iso no caso da Política Pesqueira Común está por ver, e en particular está por ver a que tipo de pescadores beneficia a nova reforma.

Nos vindeiros meses vai chegar á casa de máis e máis persoas a nova de que nos estamos a xogar a pesca, os pescadores e os ecosistemas mariños da próxima década. Necesitamos que o río se revolva e que a xente esixa mudanzas para que a nova política apoie á pesca sustentábel, que sen dúbida debe ter no seu núcleo á pesca artesanal sostible, e non á pesca con maior impacto sobre o medio mariño, menos selectiva, controlada por grandes capitais e con peor distribución da riqueza xerada. Por agora o Consello Europeo (formado polos Gobernos dos países) optou por unha posición moi pouco ambiciosa, o Parlamento Europeo debe ir un paso máis aló.

Navegar contra o vento é perder o tempo.

Isto é exactamente o que debemos de transmitir aos Parlamentarios Europeos. Se non realizan unha reforma que aposte decididamente por recuperar o ecosistema mariño de xeito acelerado (RMS en 2015), que premie á pesca máis sustentábel, con menor consumo enerxético e que xere máis ocupación (acceso aos recursos preferentes para a pesca sostible), e que poñan os recursos públicos onde fai falla (nos servizos públicos asociados á pesca), o aumento do prezo do petróleo, a diminución e a irregularidade das capturas asociado ao mal estado dos recursos, e a competencia internacional, acabarán na vindeira década con boa parte dos pescadores. Amais, corremos o risco que na súa caída -nun intento desesperado de resistir- acaben irreversibelmente co medio ambiente mariño. Chegou o vento do cambio, podemos escoller facelo de xeito ordenado (cunha política ambiciosa) ou de xeito desordenado impulsada puramente polo mercado e a degradación ecolóxica.

Cada pau que aguante a súa vela.

O éxito ou fracaso da política pesqueira común non será dun xenérico Bruxelas ou da Comisión Europea, será tamén de cada un dos Parlamentarios Españois no Parlamento Europeo. Cada un deles é responsábel  ante a cidadanía (non ante o goberno español ou o das comunidades autónomas) da súa posición. Por iso debemos conquerir que os seus posicionamentos sexan o máis coñecidos posíbel e que poidamos visualizar os diferentes intereses que defenden. A isonos imos aplicar.

Artigo tirado do Blog de Miquel Ortega Cerdá
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning