Autor/a

Político galego, economista e voceiro do Encontro irmandiño. Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial e membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O proxecto común da nación galega (I)
O proxecto común da nación galega (I)
 Unha nación nacida na Historia, pero negada polo aparello de estado que a domina e subsume no seu ámbito de poder político, está sometida a mecanismos de alienación cultural e ideolóxica que impiden que tódolos seus cidadáns teñan consciencia da sua identidade colectiva.

[Galicia Hoxe]

Coido que xa o puxera antes por escrito nalgures, se cadra inclusive nestas mesmas páxinas do GH. Disculpádeme, se así foi, pola reiteración -ando griposo estes días, e é gripe sicosomática, como tódalas doenzas, abofé. O emancipador, é dicir, a expresión política da consciencia e a vontade dun povo de ser il mesmo e exercer como tal na sua propria história, non pode ser asunto dun partido. Porque non é cousa dunha parte, senón do todo. Non é un proxecto para un segmento da sociedade, senón para o conxunto do común cidadán constituído en povo soberano. Habermas sinalara duas valencias diferentes e complementarias do conceito de nación, correlativas a duas dimensións ou proxeccións dunha realidade nacional: nación nacida e nación querida. A nación nace enxendrada e forxada nun proceso histórico que a convirte nunha realidade socipolítica obxetiva. Mais a nación constitúese pola vontade do povo que quer dotarse do estatuto xurídico acaído para exercer como suxeito do seu dereito político de libre decisión. O emancipador é a a expresión ideolóxica e política desa vontade, é o proxecto que guía ese tránsito: a conversión da nación nacida na historia en nación querida polo povo desque cobra consciencia de ser tal e decide constituirse en suxeito político -dotarse dunha constitución, mesmamente. Non é, portanto, un proxecto para unha parte senón para o conxunto dos cidadáns: non é un proxecto de partido, senón un proxecto común.

Hai agora vintecinco anos que o nacionalismo galego acadou unha decantación moi diáfana desa clave de intelixibilidade da custión nacional. Mesmamente por iso reformulou o proxecto nacional galego en termos dun "proxecto común", e remodelou a orgaización política axeitada para levar adiante ese proxecto cun novo deseño de articulación plural nunha frente unitária que faría fortuna: o BNG.

Certamente, o feito de que o proxecto de emancipación nacional atinxa a tódolos cidadáns, en canto que todos iles integran o povo, non implica que, cando menos de primeiras, todos iles o asuman. Tampouco implica que tódolos segmentos desa cidadanía fagan a mesma leitura ideolóxica dese proxecto nacional. Unha nación nacida na Historia, pero negada polo aparello de estado que a domina e subsume no seu ámbito de poder político, está sometida a mecanismos de alienación cultural e ideolóxica que impiden que tódolos seus cidadáns teñan consciencia da sua identidade colectiva. Noutras verbas, a consciencia da identidade nacional non impregna ao conxunto da conciencia social. Descubrir esa identidade supón un proceso de desalienación: desprenderse da identidade allea que lle fora inculcada a ese povo como propria, de xeito que poda emerxer a identidade xenuina. É unha toma de conciencia, non unha conversión; é un proceso sociohistórico, non a caída de Saulo de Tarso do cabalo camiño de Damasco. Esa consciencia está latente no común cidadán, a identidade latexa no inconsciente colectivo, porque o perfil identitario dun povo é unha realidade obxectiva viva, non unha peza de museu. Mais a expresión esplícita desa identidade e a sua conversión en conciencia política adoitan agromar inicialmente de forma fragmentaria, e a sua difusión no conxunto cidadán segue o curso do proceso de desalienación na conciencia social. O proxecto de emancipación nacional é a guía e o trebello do labor para ese proceso. Na encetarono os Precursores, e levou máis de un século que acadase a dimensión que hoxe ten na conciencia social do povo galego.

Mais, dixen antes, tampouco tódolos segmentos do conxunto cidadán fan a mesma leitura do proxecto nacional. Cada grupo social fai a sua: faina cunha visión dada pola sua perspeitiva de clase, coa óptica dos seus intereses e a sua ideoloxía peculiares -que determinan a sua posición e o seu rol dentro, a prol ou mesmo en contra do proxecto emancipador da nación. Conforme sexan a estrutura social interna e o contexto histórico en cada caso, así varian as posicións dos grupos e as suas combinacións. Mais, en todo caso, o avance do proxecto require, ou ben que sexa liderado por unha clase abondo dinámica e ascendente, ou ben que permita articular unha alianza de clases capaz de abranguer unha maioría social. A historia dos séculos XIX e XX ofrece un repertorio abondo amplo e diverso de modalidades de articulación social dos procesos de emancipación -autodeterminación- de moi diferentes povos, culminados uns, frustrados outros, ou en curso de desenvolverense aínda hoxe. Mais a articulación política da participación cidadán neses procesos pódese reducir a duas fórmulas modélicas: ou ben unha pluralidade de partidos nacionalistas con ópticas e contidos de clase diferentes, ou ben frentes populares de liberación -naturalmente, con variantes e até formas híbridas na casuística concreta. Estou por dicir que a primeira foi a fórmula máis frecuente en nacións sen estado do centro do sistema, nomeadamente europeas, que acadaron estado proprio nos dous pasados séculos co liderádego, adoito decisivo, das suas burguesías nacionais. A segunda, obviamente, nos procesos de auto-descolonización na periferia.

Ningunha das dúas lle acaía ben á nación galega. O encaixe da primeira fallaba pola inexistencia dunha burguesía nacional -no senso de ter consciencia de tal identidade- ou mesmo dunha burguesía "tout court" até ben entrado o s. XX. Ou cando, máis logo, chegou a existir, fallaba pola sua deserción do compromiso histórico cun proxecto de emancipación política para o povo galego -deserción que, en termos xerais, como clase social, inda dura hoxe. E o encaixe da segunda fallaba porque Galiza, inda con ser periféria, érao dentro de Europa, o continente das metrópoles e non das colonias, o espazo político-cultural do centro do sistema, e non da sua periféria. Por iso, na formación e evolución ideolóxica do nacionalismo galego, a elaboración de modelos de orgaización política seguíu o patrón europeu, inda que tentando decote adaptalo a unha realidade social máis semellante á das formacións periféricas cá das centrais do sistema. Até que, cando as xeracións daquela mozas reorgaizan o nacionalismo na clandestinidade antifranquista, a eclosión das frentes de liberación nacional no terceiro mundo indúceas a consideraren ese modelo máis idóneo para a nosa realidade social, a fin de contas subdesenvolvida e colonizada, por moi europea que fose a sua historia e a sua cultura.

Rematado o franquismo, e cociñada a reforma política como sucedáneo da creba democrática, o nacionalismo galego fica excluído do escenario político español e confinado no exilio interior no proprio país. Ningún dos dous modelos lle permitira acadar masa crítica eleitoral para proxectarse como interlocutor indispensábel nas novas institucións políticas, for nas centrais do Estado, for nas recén nadas de autogoverno meramente autónomo. Prendera nos estratos populares das clases dominadas e nas elites máis cultas da sociedade, e levaba a iniciativa na "intelligentsia", na mocedade e nos movementos obreiro, labrego e mariñeiro. Mais cumpría articulalo políticamente ex-novo, cunha fórmula que subsanase as eivas tanto dun coma doutro dos dous modelos precedentes. E iso foi, mesmamente, o que se fixo no proceso de porta aberta que se encetou na primavera de 1982 e culminou en setembro, en Riazor, coa asemblea constituínte do BNG. Unha frente ideolóxica e socialmente plural, conectada cos movementos sociais e sindicais, aberta á integración de partidos sen perderen cadansua identidade, pero rexida por decisións asamblearias dos cidadáns militantes na base da orgaización. Tal foi o artefacto político ideado e construído para o "proxecto común" do povo galego: a sua emancipación nacional e social.

Non hai futuro sen historia, é ben sabido. E a historia dicíanos que, até aquil mesmo intre, o protagonista do proxecto emancipador da nación galega fórano as xentes do común, non os grupos sociais dominantes indíxenas. Ise era, logo, o prisma co que compría relanzalo, os valores nos que compría cimentalo: os valores democráticos das clases populares, do común cidadán. Ora, o BNG non inventou eses valores: tomounos da tradición democrática do nacionalismo galego e sintetizounos nun precipitado contemporáneo. De aí a sua fertilidade social e política. Mais ese asunto ben merece outra prédica dominical. •

Share
TAGS:  ,
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning