Autor/a

Político galego, economista e voceiro do Encontro irmandiño. Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial e membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O proxecto común da nación galega (IV)
O proxecto común da nación galega (IV)
 Vai para dous decenios que alguén enunciou esta certeira advertencia: "o marxismo ten que distinguir con moita claridade entre o dos opresores e o dos oprimidos". Ese alguén era nada menos que Michael Löwy…

[Galicia Hoxe]

Vai para dous decenios que alguén enunciou esta certeira advertencia: "o marxismo ten que distinguir con moita claridade entre o nacionalismo dos opresores e o nacionalismo dos oprimidos". Ese alguén era nada menos que Michael Löwy, nun lúcido ensaio solicitado por Ralph Miliband para un monográfico do Socialist Register con ocasión do bicentenario da revolución francesa, e posteriormente publicado en galego por Laiovento, con outros textos da sua mesma autoría, nun volume rotulado Patria ou Terra Nai.

Durante boa parte do século XX, o pensamento de esquerda de xinea marxista padeceu unha involución notória a respeito do proceso de avance no esclarecemento da problemática da "cuestión nacional" que experimentara durante o ciclo criativo anterior á deriva stalinista da revolución soviética. A decadente escolástica do marxismo ortodoxo emborranchou deslindes conceituais que, mesmo dende posicións diferentes e a miudo discrepantes entre elas, chegaran a establecerse con rigor e claridade abondo na etapa anterior. Nomeadamente, o retorno á confusión operouse en catro dimensións cardinais da problemática: nación e estado, nación e clases sociais, nacionalismo e ideoloxía de clase, e enfin, nacionalismos emancipadores e nacionalismos opresores -e velaí o alvo da asisada advertencia de Löwy. O panorama mudou coa floración do que ouso chamar pensamento marxista periférico no eido das ciencias sociais, correlativo á emerxencia dos procesos de auto-descolonización na periféria do sistema, adoito protagonizados por frentes populares en clave de liberación nacional. Mais ben axiña ese fenómeno, na sua dimensión de "cuestión nacional", propagouse tamén no interior do proprio centro, for combinado coa condición de seren periferias internas na sua índole socioeconómica, for como resposta a un problema estritamente sociopolítico de opresión sobre as identidades e dereitos nacionais.

A ese novo contexto sociohistórico das cuestións nacionais e dos idearios e movementos nacionalistas responde precisamente a advertencia de Löwy. Explicítao rotundamente co aserto de que "hai outra razón para que (re)xurda o nacionalismo, e que os marxistas e os socialistas teñen que tomar moi en serio: a loita pola liberación das nacións oprimidas ou colonizadas". Trátase, pois, dos nacionalismos emancipadores, e inda que o marxismo centre as suas enerxías no obxetivo da emancipación social das clases dominadas e explotadas, os marxistas "non poden pasar por alto ou infravalorar a importancia da esixencia popular de autodeterminación". E Löwy argumenta abrindo outra dimensión do problema na que as posicións tópicas da esquerda se estraviaran nunha falsa contradición: "A razón disto -escribe- non é soamente que os socialistas se opoñan a todas as formas de opresión (nacional, racial, sexual ou de clase), senón que tamén hai unha relación dialética entre internacionalismo e dereitos nacionais. O internacionalismo socialista non se pode desenvolver sen que o movemento socialista recoñeza os mesmos dereitos a todas as nacións". Noutras verbas e a xeito de síntese: "o internacionalismo non é a expresión da identidade en condicións de vida dos explotados e oprimidos de todos os países, senón unha relación dialética de complementariedade entre, ao menos, tres clases moi distintas de loitas: o movemento obreiro socialista nas sociedades capitalistas avanzadas, o movemento de liberación nacional e social nos países capitalistas non independentes (ou coloniais), e o movemento antiburocrático pola democracia socialista nas sociedades postcapitalistas". Escrito nos anos oitenta, Löwy comentaría posteriormente: "eu non prevín a vaga explosiva de conflitos internacionais internos nas diversas comunidades do bloque ex-socialista; mencionei só a dimensión emancipatoria dos movementos en contra da opresión nacional nas sociedades post-capitalistas -esquecendo a posibilidade de que tamén se puidesen converter en regresivos, discriminatorios (en contra das suas propias minorías) e expansionistas".

Mais tamén ese contexto sociohistórico é, agora xa, historia pasada. A irrupción en escena da contrarrevolución ultraliberal nos dous últimos decenios do s. XX, co retorno -confiemos en que non eterno- ao capitalismo selvaxe alcumado de "globalización", volveu transtornar a perceición do significado e o rol das "cuestións nacionais" na dialética sociopolítica do noso presente histórico. Con todo, non alterou a validez das categorías conceituais construídas e reconstruídas polo pensamento de esquerda antes e despois do período de decadencia escolasticista da ortodoxia marxista: só obrigou -obríganos aínda- a resitualas outravolta nunha nova contextualización, e a contrastalas, a sometelas a proba, cos fenómenos e procesos que están a acontecer nas diferentes formacións sociais, nos diversos espazos xeopolíticos, e nas distintas instancias do conglomerado aberrante que ven ser o actual sistema-mundo.

Nefeito, a relación nación-estado cobra outras valencias problemáticas cando está en crise tanto o obsoleto modelo de estado burgués nacido coas revolucións liberais, canto as institucións supraestatais deseñadas no tránsito da IIª guerra mundial quente á primeira longa guerra fría para o goberno do planeta. A relación nación-clases sociais resulta atinxida pola profunda metamorfose das estruturas de clase tanto no centro canto na periferia do sistema -malia que esas estruturas e as suas metamorfoses sigan a ser notoriamente diferentes nun e noutro deses dous recintos. Outro tanto ocorre, análogamente, coa relación entre ideoloxías nacionalistas -sexan "periféricas", é dicir centrífugas secesionistas, ou "centrais", é dicir centrípetas chovinistas- e ideoloxías de clase no contexto da esmagadora presión ideolóxica do "nazi-onalismo" belicista imposto como "pensamento único" a toda a humanidade pola hiperpotencia imperialista ianqui. E qué dicir do xogo de opostos entre nacionalismos opresores e emancipadores, cando a defensa e reactivación ideolóxico-política do estado-nación resulta ser un instrumento necesario para a emancipación social en toda a periferia do sistema frente aos amos metropolitáns da globalización, e mesmo tamén no seu centro, como reivindicación das nacións-sen-estado oprimidas para a sua autodefensa frente a novos leviatáns ultraliberais como a actual UE.

En todo caso, o fío de Ariadna para non perdérmonos nesa labiríntica floresta consiste, coido eu, en pensar o feito nacional dende a esquerda. Mais, daquela, compre eludir un posíbel malentendido: pensar o feito nacional dende a esquerda non consiste só en introducir ou suliñar na sua análise ingredientes ou fenómenos que adoitan considerarse atributos dos enfoques ideolóxicos e plantexamentos políticos da esquerda verbo dunha realidade social. Nen abonda con contemplar a nación coa óptica de clase propria do proletariado ou do conxunto de camadas sometidas a explotación e opresión social interna, mesmo con ser ésta a cosmovisión necesaria para conxugar a emancipación nacional coa social. Compre partirmos de pensar o feito nacional como totalidade estruturada en sí mesma, cos seus proprios principios e mecanismos dialéticos de artellamento, transformación e reprodución. Noutras verbas: non abonda con abordar o problema cun enfoque ideolóxico "de esquerda" para o combate político no recinto dunha nación-sen-estado, senón que compre partir dos postulados que, no proceso de construción do pensamento de esquerda, permitiron levar a cabo a identificación, comprensión e diagnose de toda "cuestión nacional" -para, a seguida, trasladalo a un deseño ideolóxico de proxecto común que conduza á solución do problema, á culminación do proceso emancipador nun tempo histórico concreto. Foi o que, se cadra sen esplicitalo, fixo o nacionalismo galego hai un cuarto de século. E coido que aí radica a divisoria que confire unha impronta sucursalista, e confina nunha situación de estrañamento, a calquer formulación política progresista que, nunha nación-sen-estado, non parta de asumir esa realidade sociopolítica como matriz de ordenación estrutural que articula e confire sentido aos diversos fenómenos e problemas sociais aos que pretenda aportar solución política.

Por outra banda, non comprender o feito nacional neses termos, conduce a un reducionismo tan deformante coma o consabidamente conomicista, só que inverso dil: o de reducir a cuestión nacional á sua dimensión superestrutural estrita, ou sexa, ao problema do Estado. A partir de aí, tódalas confusións, desenfoques e incongruencias na análise e na prática política son posíbeis -e por suposto que acontecen na experiéncia fáctica. Ocórrelles a cotío ás formacións políticas progresistas non autóctonas. Pero o grave é que tamén chegue a ocorrerlles a forzas proprias dunha nación non emancipada. Sexa por cairen na obsesión do "problema institucional", tendencialmente excluínte da análise e a prática política a respeito do tecido socioeconómico e cultural, e conducente a confinárense na política institucional dentro do marco existente. Sexa por incurriren nunha disociación esquizoide de ámbolos dous níveis ou esferas que, no límite, pode desembocar nunha auténtica esquizofrenia ideolóxicopolítica. Ese perigo agudízase alí onde o feito nacional coincide cunha formación social periférica, por mor da máis heteroxénea complexidade das suas estruturas tanto socioeconómicas canto culturais e ideolóxicas -como é aínda hoxe o caso da nación galega.

Esa leición tivo que adeprendela o nacionalismo galego contemporán na sua propria carne. De non telo feito, o BNG non tería nacido nunca, ou non tería sobrevivido ao duro estado de sitio inicial. Nen tería concebido e posto a andar o proxecto común do común cidadán galego -e o proceso de autodeterminación do povo galego non tería dado o enorme salto que de feito pegou nas duas décadas derradeiras do pasado século. Non sei se somos conscientes diso agora, mais compre non deixármolo cair no esquecemento. •

Share
TAGS:  
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning