Autor/a

Político galego, economista e voceiro do Encontro irmandiño. Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial e membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O proxecto común da nación galega (V)
O proxecto común da nación galega (V)
 Tamén na periféria hai tecnoloxía de punta, e chemineas de grandes centrais térmicas, e enormes encoros, e empresas hipercompetitivas –con salarios de fame– e magnates das finanzas, e benestar na opulencia -duns poucos. Mesmo hai industrialización acelerada, á par que as industrias se "deslocalizan" do centro. Mais, con todo, segue a ser periferia, terceiro mundo –mesmo inframundo para os máis.

[Galicia Hoxe]

Dalgún xeito ven ser coma se non existisemos. Quero dicir, como se o povo que somos non existise. Disculpade que comence desta maneira tan incongruente, ou millor dito inconsecuente -porque o que veño de escribir non é secuencia dalgo que esplicitase precedentemente. Mais é que ando a darlle voltas a unha sucesión de ideas ainda en xestación, suscitadas pola releitura da última entrega que escribira e publicara desta serie -imprudencia temeraria, remoer no xa escrito- e, cando me decidín a apañar papel e entintalo con signos alfabéticos, xa ía eu polo meio dese balbucinte proceso ideatorio, se cabe chamado así.

Referíame eu naquel artigo á desviación óptica na que son propensas a incorrer as formacións políticas, de reduciren a custión nacional á sua dimensión institucional, é dicir, ao problema do Estado. Sexa porque as conduce a confinárense na política institucional dentro do marco xurídico-político existente, ou sexa por padeceren unha disociación esquizoide da acción nese ámbito a respeito da textura social e cultural que configura a realidade sociopolítica da nación non emancipada. Sinalaba logo que ese perigo volvíase máis acusado alí onde o feito nacional estaba constituído por unha realidade social situada na periferia do sistema, e aventurábame a afirmar que tal era ainda hoxe o caso da nación galega.

 

A releitura do escrito suscitoume unha dúbida e máis unha reminiscencia. A dúbida pódese plasmar nesta interrogación: seguimos a ser periferia? A reminiscencia foi a dun ensaio de Sousa Santos que lera hai cousa dun ano, e que tiña traspoleirado no cuarto escuro da memoria. Pero millor irei por partes.

* * * * *

A dúbida non é tanto que sexa miña como que leva xa certo tempo a pairar na nosa atmósfera cultural. Tal coma o fume de Meirama e das Pontes, que logo o orballo deita convirtido en choiva aceda encol dos agros nas noites frías de ceos descubertos, cada vez máis frecuentes co cambio climático de invernías secas. Ou non é a contaminación atmosférica prerrogativa dos países industrializados do centro do sistema? Mais tamén tal como pairan, en incesante xiro helicoidal, as esvásticas empoleiradas nas torres eólicas que inzan nos horizontes montesíos do país, constelacións das novas galaxias enerxéticas metalizadas que suplantan ao setestrelo e desnortan aos paxaros navegantes de sempre. Ou non son as enerxías limpas e renovábeis a alternativa peculiar das civilizacións post-industriais? Non son os artefactos ises -abstración xeométrica das cintilantes armaduras dos cabaleiros teutóns na batalla do lago do Alexander Nevsky eisenstián -non son iles, digo, o carimbo e o blasón da ultraliberal fidalguía rampante nas neo-feudais sociedades opulentas do pobre mundo rico de arestora? E non empeza a ser pasado, axiña remoto, o microfundio empresarial como feitío celular do tecido industrial galego? Non comezan a proliferar -no senso da prole non proletaria- as transnacionais de matriz galega que operan -mesmo cirúrxicamente- na cosmópole da economía global? Non figuran xa varios apelidos de ubicación galega na enxoita nómina VIP das grandes fortunas europeas? Non está incluso a chegar o AVE, ese paxaro que non voa, senón que repta, tal como chegara a Ourense a primeira locomotora saudada por Curros hai cento e pico de anos? Ónde é que estamos, logo, no sul ou no norte, no "furgón de cola" da UE ou na futurista vangarda tecnolóxica? O qué é que somos, daquela, probes ou ricos, atrasados ou postmodernos, terceiro ou primeiro mundo, periferia ou centro -"colonia ou champú", perguntárase en tempos o bó do Casares.

Xa. Tamén na periféria hai tecnoloxía de punta, e chemineas de grandes centrais térmicas, e enormes encoros, e empresas hipercompetitivas -con salarios de fame- e magnates das finanzas, e benestar na opulencia -duns poucos. Mesmo hai industrialización acelerada, á par que as industrias se "deslocalizan" do centro. Mais, con todo, segue a ser periferia, terceiro mundo -mesmo inframundo para os máis. Non val. E logo? Pois que, pesia as aparencias -que enganan sempre- seguimos a ser periferia atrapada no rodopío centrípeto do sistema-mundo actual. Seguimos a apandar cos máis penosos custes sociais, culturais e ambientais do irracional modelo imposto pra que acumule o centro, para engordarmos a opulencia dos amos do mundo. Seguimos a non ser nós mesmos. Seguimos a ser, recrudecidamente, colonia -e non champú.

* * * * *

Mais o pior atributo da nosa condición é a sua invisibilidade. Millor diría, se cadra, a sua desaparición. No sentido que ten este conceito no certeiro rótulo que lle puxera Fernán-Vello a un seu poemario estremecedor, se cadra o máis estremecedor de todos iles: Territorio da desaparición. "Entre a terra e o ceo/ só o fío invisíbel da soedade. (…) Esta é a perspectiva transparente da ausencia. (…) Esta é a industria da desaparición, / o horizonte espectral que nos ilumina". Tamén había tempo que non voltaba a esas páxinas. A desaparición que se fabrica, como se fabrican os muros que separan, choen e ocultan, que fan invisíbel e inaccesíbel a identidade, ese territorio onde nós somos nós mesmos, onde cada povo é il mesmo. Que nos fan invisíbeis até pra nós mesmos inclusive. Daquela, dalgún xeito ven ser coma se non existisemos. Velaí estaba cando encetei esta leria. E fora a reminiscéncia dun texto de Sousa Santos a que me conducira eiquí. A reminiscéncia, é dicir, a lembranza esvaída na memoria inconsciente.

Volvin visitar ese ensaio. Nel trataba de dous procesos que il mesmo define como "socioloxía das ausencias" e "socioloxía das emerxencias". Trátase dun combate frente ao pensamento hexemónico construído dende os centros de poder do actual sistema-mundo e ao seu esclusivo servizo. Combate frente a unha visión do mundo dada polas ciencias sociais hexemónicas que oculta, que fai invisíbel, todo aquilo que non encaixa nos postulados e nas coordenadas ideolóxicas -ultraliberais, claro- que dictaminan, dende as atalaias do centro do sistema, o que é saber e o que non, o que é progreso e modernización, o que é socialmente superior e inferior, o que é eficiente ou ineficiente. Ao cabo, o que non encaixa nesas coordenadas simplesmente non existe, o pensamento único decreta a inexistencia de calquera outro, fabrica a desaparición de calquera realidade e calquer sistema de valores que non se axuste ao dogma consagrado. En palabras de Sousa Santos: "os criterios hexemónicos de racionalidade e eficiencia producen a non existencia do que non cabe niles". Así de sinxelo. E así de sinxelamente resulta que nós non existimos como povo, que non somos nación, que non existe o noso idioma, nen a nosa cultura, nen o noso patrimonio natural, nen os ecosistemas que artellan e regulan ese anaco da biosfera que somos nós. Nada diso existe desque o poder actua como se non existise -e fica impune. Como arestora, ainda. E até que arrecademos e reaxuntemos forzas abondo para recuperarmos, rexenerarmos e pórmos en obra o deseño que nos compre, o único liberador: o proxecto común da nación galega. Perdón, corríxome: o proxecto do común para a nación galega.

Share
TAGS:  
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning