Autor/a

Ana Miranda é avogada, especialista en dereito internacional e comunitario. Voceira do BNG en Bruxelas, forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

Consello Editorial

X. M. Beiras
Carlos Taibo
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

O rapto de Europa
O rapto de Europa

Queriamos outra Europa, verdade? Non este modelo no que o paradigma do mercado interior primara sobre a xustiza social ou os dereitos laborais e sociais das persoas e dos pobos. Tamén do galego.

Bruxelas bole na crise da zona euro. Longa noite no Consello de onte. Cunha Comisión secuestrada, un dúo de estados que decide por todos, cuns Gobernos que asinten, a inacción da Unión Europea é unha evidencia. Despois da cimeira da zona euro do 26 de outubro, o presidente do Consello Europeo, Van Rampuy, quedou encargado de definir as medidas que debían ser emprendidas para que a unión económica estivera á medida da unión monetaria, baseadas en reforzar a converxencia económica, mellorar a disciplina orzamentaria e profundizar na unión económica na zona euro. O informe foi publicado hai dous días, e propón entre outras cousas a necesidade de maiores controles sen reformar os tratados comunitarios. O contrario do que propón o dúo franco-alemán. Pase o que pase, a Europa política, social e económica nunca posta en marcha xa agoniza.

Agoniza porque decidiron por nós os ávidos mercados que ditan o ritmo co obxectivo final de desmantelar o estado do benestar europeo. Decidiron por nós Gobernos que consinten en medidas de e reformas fiscais, económicas e sociais que penalizan á xente que traballa e quere vivir dignamente. Dende a creación do Pacto de Estabilidade e Crecemento hai catorce anos coa reforma do 2005 e a última do 2011, na que o binomio Frau Merkel e Monsier Sarkozy, puxeron voz de novo a outra reforma, coa pretensión de establecer un obxectivo de equilibrio orzamentario no 2016, imposible de cumplir.

Alemaña e Francia queren facer máis estrictas as normas que previamente forzaron a flexibilizar. Deixan absolutamente de lado á Europa social. Por exemplo, co reforzo das sancións para os estados que incumpran o déficit do 3 % con multas incluidas, ou o pretendido adianto do mecanismo de estabilidade financieira do 2020 ao 2013, coa competitividade e o crecemento como núcleos da axenda. Mentras, a fenda entre ricos e pobres na eurozona é a máis altas dos últimos 30 anos. E a taxa do crecemento na taxa de desemprego en 15 Estados membros en especial da mocidade, como saben moitas mozas e mozos do noso país.

Non sabemos cal vai ser a duración da crise. Falta traballo, faltan medidas económicas para promovelo e sobran palabras. Máis quedou claro que o proxecto europeo é incapaz neste intre de dar resposta ás preocupacións económicas da xente, non as teóricas, senon as do vivir cada día. Non é que precisemos máis Europa, senon que precisamos outra Europa, con outro modelo, con outro sistema económico e social, con outras perspectivas de compromisos e responsabilidades. Liberdade fronte ao rapto, xustiza social fronte a , solidaridade fronte a sancións.

Tirado de La Voz de Galicia
Share