Autor/a

Presidente do Centre Maurits Coppieters

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Os pobos ábrense paso
Os pobos ábrense paso

O mundo móvese. A descarnada imposición da utopía ultraliberal iniciada nos tempos de Reagan e Thatcher enfronta obstáculos: a democracia resiste, a historia prosegue e fálase xa de desmundializar a economía como alternativa.

Neste contexto, cobra novos folgos e argumentos a reivindicación dos e os pobos ábrense paso: nos últimos vinte anos os membros das Nacións Unidas pasaron de 159 a 193 (M.BUMFORD: 15), a maioría tras a reorganización da área de influencia da desaparecida Unión Soviética; na Suramérica virada á esquerda as nacións indíxenas retoman un protagonismo derrotado hai 500 anos e ignorado, hai 200, cando a descolonización; na Europa en crise, o dereito a decidir consegue aglutinar maiorías favorábeis á democratización dunha decepcionante Unión Europea.

O vento da mutabilidade das fronteiras do leste chegou onde as vellas nacións sen estado de Europa canda os argumentos e a experiencia dunha realidade cultural e económicamente máis próxima. Québec iniciara polos anos 60 a súa “revolución tranquila” con movementos sociais e políticos a reclamar autonomía ou independencia do Canadá, insistindo como sociedade en afirmar o “dereito do pobo quebequés a escoller o seu estatus político” (TURP, 2010) (FGS, 2003). A elección por vez primeira dun goberno do Partit Québécois en 1976 permitíu a plasmación da reivindicación de autodeterminación coa “adopción dunha ´Lei sobre a consulta popular´ e a celebración dun primeiro referendo en 1980” que, malia a derrota da opción independentista (acadou o 40%) significou unha victoria estratéxica: a conquista do dereito a decidir. En 1995, un novo plebiscito (con un 93,5% de participación) levou a posición favorable á independencia até un 49,4% dos votos emitidos e o posterior recurso xudicial interposto polo goberno canadense contra o dereito unilateral esgrimido polo Québec orixinou o xa famoso pronunciamento da Corte Suprema de Canadá (1998) na que se recoñece, en base aos principios constitucionais -e nomeadamente sobre o principio democrático- “o dereito a tentar realizar a secesión” (TURP, 2010).

“O sistema ten que ser capaz de reflectir as aspiracións do pobo”.

A lóxica dos xuíces canadenses recóllese na fundamentación xurídica do proceso de ampliación interna da Unión Europea realizada polo Centre Maurits Coppieters (A. GONZÁLEZ et al., 2010) para teimar na lexitimidade da iniciativa política que a Alianza Libre Europea (EFA-ALE) puxera en marcha en paralelo ao debate constitucional da Unión, coa configuración no Parlamento de Estrasburgo dun Intergrupo de Nacións sen Estado, presidido polo galego Camilo Nogueira. Por que Malta e non Galiza? Por que Chipre e non Escocia? deciase daquela para argumentar a maior entidade económica e demográfica, e mesmo tradición histórica e diferencia cultural, destas nacións fronte a algún dos estados incorporados con pleno dereito na UE, cando o proceso de expansión europea comezaba evidenciar tanto o anacronismo dos vellos estados e a inxusta negación da súa realidade plurinacional, como a primacía de poderes económico-financeiros de orientación ultraliberal fronte aos procedementos político-democráticos. O agravamento da crise agudizou estes fenómenos e deu un novo pulo aos movementos cívicos e políticos que viñan gañando apoios en países como Escocia, Flandes ou Catalunya. En 2011 -trece anos despois do estabelecemento do parlamento escocés- o Scottish National Party (SNP) gaña as eleccións con maioría absoluta e anuncia un referendo para 2014; de por parte, a Nieuw-Vlaamse Alliantie (N-VA) é hexemónica en Flandes e progresa na súa estratexia de debilitamento do estado belga; convocada pola Assemblea Nacional Catalana, Catalunya vive o 11 de setembro de 2012 unha histórica manifestación nacional expresión dun vizoso movemento independentista que mobilizara case 900.000 persoas en 553 concellos (un 19% do correspondente Padrón de habitantes maiores de 16 anos) nas consultas populares promovidas por iniciativa cívica entre setembro de 2009 e abril de 2011,  para rematar reafirmando unha ampla maioría favorable ao dereito a decidir nas eleccións autonómicas de 2012.

A independencia e a creación de novos estados no interior da UE pasou formar parte da axenda política. Sinálanse as vantaxes da conquista da soberanía polas vellas nacións até agora negadas ao se salientar como estes países gañarían poder e representación institucional mellorando asemade a súa eficacia na resposta á crise económica. Galiza, por caso, podería triplicar como estado independente a súa representación no PE (M. BUMFORD, 2012) mentres que, segundo un estudo realizado pola Fundació Josep Irla, “no ámbito da UE27, os países pequenos mostraron un comportamento económico mellor no período 2002-2010 por súas economías estaren máis integradas na economía internacional, dependeren menos do seu mercado interno” e mesmo teren, polo seu menor tamaño e meirande homoxeneidade, “unha dimensión máis reducida do seu gasto público” (A. CASTELLANOS et al, 2012).

Parece impórse no discurso –tamén no caso de Euskal Herria, cos matices de ritmo derivados do inacabado proceso de superación política do conflito e das secuelas da violencia- a referencia europea como marco alternativo de incorporación dos novos estados, abríndose debates en torno á legalidade da permanencia automática dos mesmos na Unión ou sobre os límites do actual modelo ultraliberal para satisfaceren o afán emancipador tamén presente en parte dos movementos independentistas. Aprécianse coincidencias nas argumentacións políticas, económicas, culturais e mesmo éticas fornecidas desde Escocia ou Catalunya na perspectiva dos referendos previstos para 2014. Cousa ben distinta é a actitude dos Estados cara eses procesos. A solución democrática procurada no Reino Unido, plasmada no acordo mutuamente respectuoso entre os gobernos de Londres e Edimburgo, contrasta coa secular intransixencia centralista española, incapaz de artellar unha resposta que supere a ameaza dos anacronismos parafranquistas recollidos na Constitución de 1978 en cuestión de soberanía.

2014 é pois unha perspectiva de indudable interese por canto abrirá, nun ano electoral, novas vías de discusión en torno ao futuro político da Unión e as alternativas sobre a súa necesaria democratización, algo progresivamente máis evidente co aprofundamento da crise e dos seus nefastos efectos sociais. A conformación de novos Estados é unha posibilidade, mais o fundamental é o avance cualitativo na conquista do poder de decisión polos pobos que se abren paso o que sitúa a hexemonía ideolóxica neses procesos como unha loita paralela, algo que as esquerdas tradicionais seguen sen comprender aliñándose coas posicións defensoras dos grandes estados centralistas en contra dos dereitos colectivos de pobos que din defender.

“A autodeterminación non se pide, exércese”.

Aureli Argemí, presidente emérito do catalán resume asi a liña a seguir para o exercicio deste dereito alén do seu tradicional contexto postcolonial. Esa vontade parece patente nas experiencias comentadas e nos novos pasos suxeridos desde o do Québec tras a súa última victoria electoral:  a adopción tanto dunha “Constitución e Cartas de laicidade ou cidadanía para os habitantes do Québec” como dunha “Carta da Lingua francesa como idioma común da nación” (TURP, 2012).

Fica pendente de saber se o axitado panorama do galego permitirá construír a lucidez e o apoio social necesarios para acompañar estes camiños.

Referencias
Todas as publicacións editadas polo CMC disponíbeis en: http://www.cmc-foundation.eu
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning