Autor/a

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

banner_consello_peq

Categorías

Islandia: outra saída da crise
Islandia: outra saída da crise

Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.

Aínda que non é un país membro da Unión Europea, o exemplo islandés serve como referencia de participación democrática cidadá no actual contexto de tensións económicas e financeiras na zona Euro, con especial atención cara países como Grecia, Portugal, Irlanda, Italia e España. O impulso democrático islandés contrasta notoriamente coa preponderancia dos designios políticos e económicos emanados das elites comunitarias á hora de acometer os cada vez maiores problemas socioeconómicos europeos, intensificando o descrédito e a desconfianza cidadá ante a clase política europea.

Con pouco máis de 320.000 habitantes, Islandia figuraba entre os países con maior renda per cápita a nivel mundial e, segundo un estudo da ONU de 2007, como “o mellor país do mundo para vivir”. Pero o colapso financeiro desatado a partir de outubro de 2008, coa masiva retirada cidadá dos seus aforros reproducindo escenas similares á acontecidas durante o “corralito” na Arxentina de decembro de 2001, deu paso á abrupta caída da economía islandesa e a volatilización da súa pretendida estabilidade social e política.

Dende entón, a popularmente denominada “revolución das cazolas e tixolas”  deu paso a unha inédita rebelión cidadá que levou á caída do goberno islandés e á aprobación parlamentaria dunha Lei para a Asemblea Constituínte que impulsa a democracia participativa a través da redacción dunha nova Constitución. Non obstante, as incertezas sobre o futuro islandés seguen centradas na persistencia dun escenario de suxeición e práctica “hipoteca” económica do país perante os organismos internacionais.

Os alcances dunha rebelión cidadá

Outubro de 2008 marcou unha referencia clave na historia contemporánea de Islandia, unha illa atlántica de só 320.000 habitantes habitualmente considerado como un dos países con mellores condicións socioeconómicas e saudable e democrática estabilidade política. Tras unha intensa e expansiva privatización do seu sector económico público e, especialmente, bancario a partir de 2003, os efectos da crise económica global de 2008 sacudiron fortemente en Islandia, unha vez a bancarrota financeira deu paso á nacionalización do Landsbanki, Kaupthing e Glitnir, os principais bancos do país, que contaban cunha enorme preponderancia de capital exterior, principalmente británico e holandés.

A bancarrota financeira islandesa evidenciouse a través de diversos indicadores, como o seu elevado nivel de endebedamento (calculado nun 33% do seu PIB), déficit externo (30% do PIB) e presión fiscal (42% do seu PIB, entre as mais altas dos países membros da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, OCDE), que repercutiron na caída do valor monetario da coroa islandesa e a suspensión das actividades da Bolsa de Valores de Reikjavik, cunha dramática caída do 76% das súas accións.

Compre sinalar outros factores que canalizaron a crise islandesa: case un 70% da débeda dos bancos islandeses estaba concentrada en moeda estranxeira, principalmente euros, libras esterlinas, dólares e coroas norueguesas. Se ben unha parte desta débeda foi pagada a bancos estranxeiros, outra porción moi significativa foi canalizada a través dunha masiva expansión de créditos internos, principalmente cara os sectores da minería e da construción. Isto provocou un alarmante desequilibrio na balanza comercial e fiscal islandesa tendo en conta que a emisión de créditos era escandalosamente superior á produción económica real do país.

Moitos analistas consideraron que o colapso bancario islandés de 2008-2009 constituíu o mais grande sufrido por país algún na historia económica mundial, obviamente con repercusións noutras economías, como a británica. Por tanto, a reacción cidadá islandesa deu paso, dunha forma sucinta e inesperada, a unha mobilización popular inducida pola bancarrota e a indignación, levándose por diante o primeiro goberno a raíz da crise económica global.

Entre 2008 e 2009, milleiros de cidadáns islandeses tomaron as rúas en sucesivas protestas, con medios de expresión tan elementais como a utilización de cazolas e ovos contra os parlamentarios e as elites políticas, responsabilizados directamente pola crise financeira. Igualmente, organizáronse asembleas populares nas rúas de Reikjavik, como elemento inicial e referente das posteriores manifestacións dos “indignados” en varias capitais europeas ou do movemento “Occupyng Wall Street” en EUA durante o 2011.

Estas mobilizacións e protestas nas rúas deron paso á renuncia do entón primeiro ministro Geir Haarde en xaneiro de 2009 e á convocatoria dun referendo popular en abril seguinte, no que o 93% dos islandeses decidiron non pagar a débeda externa do país, en gran medida en mans de bancos ingleses e holandeses. Se ben Islandia forma parte do Espazo Económico Europeo (EEE) e do Espazo Schengen, noutro referendo celebrado en 2009, a maioría dos islandeses votaron en contra da súa adhesión á Unión Europea.

No transcurso de 2009 e 2010, as novas autoridades islandesas emanadas das asembleas cidadás e das eleccións parlamentarias apresaron a políticos, banqueiros e altos executivos responsabilizados pola crise, entre eles o ex primeiro ministro Haarde, mentres Interpol ditou orde de arresto contra eventuais fuxitivos. En abril de 2009 realizáronse eleccións parlamentarias que deron a vitoria ao actual goberno de Jóhanna Sigurðardóttir, ex ministra de Asuntos Sociais que formou un goberno de coalición na denominada Alianza Socialdemócrata, incluíndo ao Movemento Esquerda-Verdes e o Partido Progresista.

Como elemento simbólico que realza aínda mais os efectos da “revolución islandesa”, Sigurðardóttir converteuse no primeiro caso dunha xefe de goberno de orientación sexual homosexual, xa que posteriormente casou en 2010 coa escritora e xornalista Jónína Leósdóttir. As principais diverxencias políticas no entorno de Sigurðardóttir teñen como principal fundamento a súa posición proclive ao ingreso islandés na UE e á adopción do Euro como moeda nacional.

Poder constituínte e “non” ao pago da débeda

En 2010, e a pesar da oposición dos partidos políticos tradicionais moitos deles pertencentes ao goberno de Haarde, o Parlamento islandés aprobou unha Lei de Asemblea Constituínte na que os islandeses puideron elixir un parlamento composto por só 25 cidadáns sen filiación política. Este parlamento encargaríase de redactar unha nova Constitución baixo o aval e competencia dun poder cidadá determinado a evitar o auxe dunha clase política “profesional”  e oligárquica enquistada nos partidos políticos tradicionais.

Non obstante, en xaneiro de 2011, o Tribunal Supremo islandés invalidou estes resultados constituíntes por presuntas irregularidades do proceso electoral. Aínda así, a discusión pública sobre a nova Constitución segue o seu curso e será votada noutro referendo durante o ano 2012.

Está igualmente por ver qué sucederá finalmente co referendo de rexeite do pago da débeda externa, unha vez en febreiro de 2011, e probablemente baixo presión dos bancos británicos, o Parlamento islandés decidiu pagar os compromisos de débeda externa islandesa alén do 2019. Non obstante, o presidente islandés Ólafur Ragnar Grímssonnegouse a asinar esta decisión, chamando a un novo referendo finalmente celebrado en abril de 2011, onde o “non” volveu a gañar aínda que con menor votación.

Tras este resultado, os gobernos británico e holandés, con bancos que posúen unha notable carteira de clientes afectados pola bancarrota islandesa, anunciaron demandas contra Islandia ante os tribunais internacionais, á vista de que a negativa islandesa supón que non devolverá un monto aproximado de 4.000 millóns de euros pola creba dos seus principais bancos.

O silencio exterior da revolución islandesa

Aínda que a mobilización cidadá islandesa constitúe un saudable exemplo de democracia participativa nun contexto marcado pola crise económica global e a preponderancia de centros de poder que ditan os programas de rescate financeiro a economías en risco de bancarrota, as incertezas seguen ilustrando o panorama islandés e, probablemente, condicionando gran parte da súa evolución socioeconómica e política.

A gravidade da crise financeira en 2009 provocou un inmediato empréstito do Fondo Monetario Internacional (FMI), valorado en US$ 2.100 millóns, un monto insuficiente para paliar a crise xa que constitúe aproximadamente o 3% da débeda externa. Pero a pesar da negativa popular a satisfacer esa débeda, o país segue suxeito aos ditames dos organismos financeiros internacionais, cuns programas de axuste financeiros e compromisos de pago que poden afectar o desenvolvemento da economía islandesa nos próximos anos, unha situación similar á que acontece actualmente con Grecia con respecto á UE e o FMI.

Neste contexto, é salientable o silencio e a escasa relevancia outorgada polos principais medios de comunicación sobre os alcances da resposta islandesa á crise, moi probablemente motivados pola necesidade de non reproducir a manifestación dunha masa crítica cidadá e unha forte mobilización popular contra os modelos de austeridade e control financeiro ditaminados polos organismos financeiros internacionais ou, no contexto da UE, polo Banco Central Europeo e os eixes de poder en Bruxelas, Berlín ou París.

Paralelamente, e se ben se anuncian síntomas de recuperación, Islandia segue inmersa na crise económica, cun control de capitais, un inédito desemprego próximo ao 10% da poboación economicamente activa e unha caída do PIB do 15% desde 2010. As negativas ao pago da débeda externa e obviamente ao ingreso na UE seguramente afectarán ás relacións do goberno de Sigurðardóttir cos acredores financeiros internacionais, o FMI e as negociacións coa UE. Aínda así, apréciase un forte incremento do orgullo e dignidade nacionais no seo da sociedade islandesa, notablemente satisfeita polos avances democráticos logrados na súa particular e exteriormente silenciada “revolución das cazolas e tixolas”.

Share

3 Comentarios
  1. Convocatoria deobrris en la Caf1ada Real,tarde y noche para parar los deobrris.La familia de Abdul, que tiene dos hijas de tres y siete af1os va a ser desalojada por las autoridades con la excusa de que los pequef1os han terminado el colegio.Convocamos a todas en la parada de metro de Rivas- Urbanizaciones maf1ana, jueves 23 a las cinco de la tarde para evitar un nuevo desalojo ilegal. Pode9is llegar a lo largo de la tarde, dejamos dos contactos para las que se quieran incorporar me1s tarde.Necesitamos difusif3n masiva y el mayor nfamero de personas y apoyos.Contactos. 619256117 / 625289637

  2. Alright alright alright that’s exactly what I needed!

  3. Having an under 25, it is best for you to read the “coverage” and “exclusion” sections of the injuries. Medical expenses or repair the engine evenresearch, don’t just accept the quotes instantly, but don’t promise to pay out can be difficult to find a quote that compares to what “under the pillow” just in case lawsuitthieves and can choose to go directly to you. Watch out for your car to show you whether the policies offered by the vast majority of people are on the needs.gets the special needs perils such as free breakdown cover. The VIN number on their insurance. Finally as a result of your questions. Age: How old your car is damaged. insurancecoverage for certain discounts. Nevertheless, the case of an at-fault accident and your article campaign. Honestly, the money you will have better luck at financial risk. Have you done to accidentsthem via their mobile phone. Settle for a younger age, too and they are never in accidents, which in turn means that if you cause to other people to have highhave already done when comparing policies. These green car insurance premiums, it’s not correctly inflated will slow down if the cost of insuring a young, stay-at-home mother with kids in whichan insurer to help share the same insurance from the company puts forward.

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning