Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Podemos prescindir das nucleares (e das térmicas de carbón)
Podemos prescindir das nucleares (e das térmicas de carbón)

O accidente nuclear de , o segundo máis grave da historia após o de Chernobil, é un revés durísimo para a industria nuclear que deita abaixo o tan cacarexado nos últimos anos "rexurdimento nuclear", mais mediático que real. A promesa nuclear de enerxía abundante, barata e segura virou un auténtico pesadelo.

O accidente nuclear de Fukushima, o segundo máis grave da historia após o de Chernobil, é un revés durísimo para a industria nuclear que deita abaixo o tan cacareado nos últimos anos "rexurdimento nuclear", mais mediático que real. Se á elevadísima perigosidade intrínseca da tecnoloxía nuclear unimos as deficiencias das regulacións e controis estatais e mais da xestión empresarial das centrais, nun contexto económico global no que o máis importante é a maximización dos beneficios empresariais, un desastre nuclear como o de Fukushima era só cuestión de tempo, de non moito tempo. Confirmouse ademais que un accidente nuclear moi grave pode acontecer tamén nun país tecnoloxicamente poderoso e con "cultura de seguridade nuclear".

A promesa nuclear de enerxía abundante, barata e segura virou un auténtico pesadelo. Algúns soubérono albiscar desde o comezo. En 1955, Lewis Mumford, filósofo e historiador da ciencia, considerando que os defensores do uso civil da enerxía nuclear eran os mesmos que non se preocupaban pola contaminación industrial, desconfiaba da "solución nuclear", dada "a nosa pueril miopía excitada pola novidade, o noso desprezo pola saúde cando están en xogo os beneficios, a nosa falta de veneración pola vida, mesmo pola propia". Escribía Mumford que, "sen mirar prudentemente ás súas costas, os nosos líderes gobernamentais e empresariais comezaron a propor agora a produción de enerxía atómica a grande escala, e iso antes de ter a máis somera noción de cómo eliminar os residuos da fisión".  Sinalaba así a inmadurez da enerxía nuclear (algo, por certo, recoñecido máis alá do ámbito antinuclear, por exemplo, polo físico José Antonio Rubio, quen dixo que "a fisión nuclear é quizais o descobrimento básico con máis inmediata aplicación da historia").

Máis de 50 anos despois do prematuro comezo da produción comercial de electricidade nuclear en EEUU, comezo forzado polo interese gobernamental en dar un uso civil á enerxía nuclear, ésta segue a ser hoxe, aínda que en menor medida que no pasado, unha tecnoloxía insegura e sen unha solución confiábel para o tratamento dos residuos de alta actividade.

As centrais nucleares non serían unha boa opción enerxética nin mesmo que fosen seguras. Isto é así por diversas razóns (custos económicos, residuos radiactivos, proliferación nuclear,…). Aquí queremos salientar unha pouco mencionada: a de seren incompatíbeis cun modelo enerxético democrático. As nucleares contribúen a reforzar a centralización dos sistemas enerxéticos, a concentración da produción eléctrica en grandes centrais propiedade dunhas poucas empresas. Alén diso, a tecnoloxía nuclear só é accesíbel a un reducido número de estados. Segundo o último informe Worldwatch sobre a Industria Nuclear Mundial , a comezos de abril de 2011 había 437 reactores nucleares operativos no mundo, situados en tan só 28 estados, todos do "Primeiro Mundo", da ex-Unión Soviética ou grandes estados "emerxentes".

Un risco inasumíbel e innecesario

As centrais nucleares implican un risco inaceptábel para a vida. Só por iso xa merecen ser rexeitadas. Os accidentes moi graves son pouco probábeis mais os danos que provocan cando se producen son altísimos.  O risco nuclear non só é inasumíbel, tamén é innecesario. O mundo pode vivir sen nucleares. O noso país é un exemplo diso.

Nos anos setenta, tres empresas (Fenosa, Hidroeléctrica del Cantábrico, Electra del Viesgo) tentaron construír unha central nuclear en Xove, na comarca da Mariña. O proxecto frustrouse grazas á oposición popular e á súa máis que dubidosa rendibilidade económica. Galicia seguiu así formando parte do grupo de países sen centrais nucleares, sen que iso puxese en perigo a garantía de subministro eléctrico, e iso a pesar de o consumo per cápita de electricidade se ter multiplicado case por cinco nos 25 anos transcorridos entre 1975 e 2010 (de 1.552 a 7.410 kWh/habitante). Mesmo sen nuclear de Xove, Galicia continuou  exportando unha parte da súa produción eléctrica (35,5 % en 1975,  29 % en 2010).

Felizmente non temos nucleares no noso territorio mais iso non significa, nin moito menos, que esteamos perto dun horizonte enerxético ecoloxicamente sustentábel. De feito estamos máis lonxe del que hai un cuarto de século. Considerando só unha das formas de enerxía final, a electricidade, que é onde a nuclear pode xogar un papel, paralelamente ao aumento desmesurado da produción e o consumo, baixou o peso das renovábeis na xeración eléctrica (82% en 1975, 65,5% en 2010).  O proxecto nuclear de Xove viría ser reemprazado nos anos oitenta polas térmicas de carbón de Meirama e As Pontes. Librámonos do perigo nuclear mais da peor forma posíbel: recorrendo ao carbón, xerando enormes impactos socioambientais negativos tanto dentro como fóra de Galicia Estes últimos están ben menos presentes para a nosa sociedade, mais pensemos un intre na achega á mudanza climática ou nos danos noutros países asociados á extracción do carbón importado desde finais dos anos noventa.

A urxencia dun mix eléctrico sen nucleares e sen carbón

Hai 25 anos o máis urxente en materia enerxética era dicir non ás nucleares. Hoxe segue a ser urxente, tamén en Galicia, que se podería ver directamente afectada por un accidente nuclear grave fóra do seu territorio, nomeadamente nun dos oito reactores nucleares existentes no Estado español. Pero nos días de hoxe, sabendo o que sabemos sobre a mudanza climática global, igual de urxente é rexeitar a produción eléctrica a partir de carbón, a máis intensiva, con moita diferenza, en emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas de efecto invernadoiro. Nos últimos anos o carbón perdeu moito peso na xeración eléctrica galega, por mor do crecemento da eólica e a entrada en funcionamento en 2008 das novas centrais de ciclo combinado a gas natural das Pontes e de Sabón (e tamén da crise). Porén, durante o ano pasado aínda representou o 20% da produción total, segundo o informe sobre o Sistema eléctrico español 2010 de Rede Eléctrica de España (REE).

Polo tanto, as dúas maiores urxencias para avanzar cara á enerxética en España son pechar as nucleares e as térmicas de carbón. É posíbel un mix eléctrico sen nucleares e sen térmicas de carbón?. Rotundamente si. Como? Con menos consumo, con máis aforro e máis eficiencia, e con máis renovábeis. Dúas propostas concretas apuntan dous posíbeis camiños para o lograr. A mais ambiciosa e máis difícil de viabilizar é a Proposta ecoloxista de xeración eléctrica para 2020, de Ecoloxistas en Acción,  que eliminaría o carbón e a nuclear do mix eléctrico español ao longo da presente década. A segunda é a do Programa Cambio Global España 2020/2050 (Enerxía, Economía e Sociedade), do Centro Complutense de Estudos e Información Ambiental, que sitúa o abandono do carbón tamén no 2020 e o da enerxía nuclear adíao para 2030, ao finalizar a vida útil das centrais nucleares. O negocio para as eléctricas non está en construír novas centrais senón en prolongar a vida útil das existentes moito máis alá dos 40 anos inicialmente previstos. De conseguiren este obxectivo, a enerxía nuclear non desaparecería totalmente do panorama eléctrico en 2030.

Na nosa terra, sen nucleares, cunha notábel marxe de aforro enerxético, cunha produción eléctrica renovábel xa próxima ao consumo interno galego actual, con dúas centrais de ciclo combinado dispoñíbeis para achegar unha produción reducida mentres non cheguemos ao 100% de electricidade renovábel, sería posíbel termos un mix eléctrico desnuclearizado e bastante descarbonizado (sen carbón e con algo de gas natural) moito antes de 2020.

Editorial de Cos Pés na Terra
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning