Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Por que a dereita odia a América Latina?
Por que a dereita odia a América Latina?

A dereita odia a América Latina. Antes de nada porque a súa mentalidade colonial e seus intereses a vinculan aos países do centro do capitalismo, aos Estados Unidos en particular, que ten unha relación histórica de conflitos co noso continente. A dereita nunca agacha a súa posición subservinte en relación aos EUA, encantáballe cando os países latinoamericanos eran o patio traseiro do imperio, e cando, por exemplo, na década dos 90 do século pasado, non expresaban ningún interese distinto do de Wáshington e buscaban reproducir as súas políticas.

A dereita non entende a América Latina, nin a pode entender, porque a súa cabeza é a de a anulación diante do que as potencias imperiais envían para nosos países, de aceptación resignada e feliz aos intereses desas potencias.

Comprender a América Latina como continente é entender o que a unifica como continente: o fenómeno histórico de ser colonizada polas potencias europeas e de ser transformada posteriormente en rexión de dominación privilexiada dos EUA. De aí a incapacidade da dereita para entender o significado do nacionalismo e dos líderes nacionais, porque para a dereita non hai dominación e explotación imperialista, e menos aínda o concepto de nación. Eses líderes serían demagogos populistas, que se valerían de visións ficticias para fabricar o seu liderado carismático, fundado no apoio popular.

A propia existencia de América Latina como continente é cuestionada pola dereita. Resalta as diferenzas entre México e o Uruguai, o Brasil e Haití, Arxentina e Guatemala, para tentar dar a idea de que se trata dun agregado de países sen características comúns.

Non mencionan as diferenzas entre Inglaterra e Grecia, Portugal e Alemaña, Suecia España, que no entanto compoñen un continente común. Por que? Porque tiveron e ten un lugar común no sistema capitalista mundial: foron colonizadores, hoxe son imperialistas. Mentres que os países latinoamericanos, tendo diferenzas culturais moito menores que os países europeos entre si, fomos colonizados e hoxe sufrimos a dominación imperialista.

Eses elementos de caracterización son descoñecidos pola dereita, para a cal o mundo está composto por países modernos e países atrasados, sen articulación como sistema, entre centro e periferia, entre dominadores e dominados.

Así, a dereita nunca entendeu e se opuxo sempre tenazmente aos maiores líderes populares do continente, como Getúlio, Perón, Lazaro Cárdenas, e hoxe oponse frontalmente a Hugo Chávez, a Lula, aos Kirchner, a Mújica, a Evo, a Rafael Correa, a Dilma, a Maduro, alén, é claro, a Fidel e ao Che. Non comprenden por que foron e son os dirixentes políticos máis importantes do continente, porque teñen o apoio popular que os políticos da dereita nunca tiveron.

Aínda máis agora, cando América Latina consegue resistir á crise, non entrar en recesión, continuar diminuíndo a desigualdade, e proxectar líderes como Chávez, Lula, Evo, Rafael Correa, Mújica, Dilma, a incapacidade de dar conta do continente aumenta por parte dos vellos medios de comunicación. A súa ignorancia, os seus clichés, os seus prexuízos lle impiden entender esa dinámica propia do continente.

Só resta á dereita odiar a América Latina, porque odia os movementos populares, aos líderes de , á loita antiimperialista, á crítica ao capitalismo. Odian o que non poden entender, mais, principalmente, odian porque América Latina protagoniza un movemento que se espeta frontalmente con todo o que a dereita representa.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning