Autor/a

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Que non se apague a luz
Que non se apague a luz

Carlos Taibo fala con Pedro Maceiras sobre "Que non se apague a luz. Un diario de campo do " (Catarata, Madrid, 2012)

Que intentaches facer con este novo libro?

Creo que tiña que aproveitar a condición de observador privilexiado dunha realidade tan suxestiva como é o 15M, e que era unha tarefa interesante a de recoller ideas e debates cos que tomei contacto á calor de moitas das asembleas populares do movemento. Nese sentido, o meu propósito foi utilizar eses coñecementos, no seu caso esas intuicións e anécdotas, para levantar acta do que eu entendo que é hoxe o movemento do 15 de maio.

O libro, é en realidade un "diario de campo"?

Non. Interpretemos o do diario de campo como unha metáfora. Eu non levei nunca un diario do que acontecía nas asembleas populares. Guíome, sen máis, pola miña memoria, de seguro interesada.

Acompañaches ao 15M durante un ano e medio. Cales son ao teu entenderas mudanzas  principais que se rexistraron na súa condición?

Creo que foron tres. O primeiro produciuse ao desmantelarse as acampadas, en xuño de 2011: a expansión do movemento na forma de asembleas de barrios, cidades e pobos perfilou unha realidade moito máis complexa que a do momento inicial. O segundo verificouse co paso do tempo: moitos dos mozos e mozas que, integrantes das clases medias en activo proceso de desclasamento, en inicio defendían propostas meramente cidadanistas hoxe abrazan un discurso claramente anticapitalista. O terceiro fálanos, ao cabo, dunha crecente aposta das activistas pola creación de espazos de autonomía autoxestionados e desmercantilizados, moito máis alá dos Estados do benestar e do xogo institucional.

En que estás a pensar cando falas de espazos de autonomía?

En realidades como as que ofertan os grupos de consumo, as cooperativas integrais, moitas das ecoaldeas, as fórmulas de banca ética e social, ou, por propor un exemplo, máis, o incipiente movemento de traballadores e traballadoras que se fan coa dirección das súas empresas en réxime cooperativo-autoxestionario. Creo que a perspectiva da expansión da autoxestión é hoxe moito máis facedeira que a que achegan as fórmulas socialdemócratas tradicionais.

Cres que o 15M é un movemento anticapitalista?

Creo que a meirande parte dos seus integrantes abrazan esa perspectiva. Isto é, e por dicilo doutro xeito, que non se contentan con contestar o neoliberalismo: van ao núcleo do que supón o traballo asalariado, a mercadoría e a explotacíón.

No teu libro non ocultas, con todo, as carencias do movemento.

Sería imperdoábel facelo. E iso polo menos en dous sentidos. É evidente, polo momento, que o 15M ten unha presenza reducida no mundo do traballo e no mundo rural. Como o é, noutro plano, que non sempre outorga o relevo que merecen á loita das mulleres, aos dereitos das xeracións vindeiras e aos habitantes dos países do Sur.

Empregas a miúdo o adxectivo "libertario" para describir ao 15M.

Non é exactamente así. O que adoito dicir é que para explicar un trazo fundamental do 15M hai que invocar un impulso libertario, como é o que dá en defender orgullosamente a asemblea, a democracia directa, a autoxestión e o rexeitamento dos liderados. Sempre sinalei que ao meu entender, e para describir todo iso, é preferíbel o adxectivo "libertario" ao moito máis ideolóxico "anarquista". Quedo coas xentes que en virtude da súa experiencia vital souberon decatarse das secuelas que carrexan a delegación, as separacións ou os liberados en organizacións que din loitar pola emancipación.

Consideras pechada a posibilidade de que o 15M mude nun partido?

Un movemento é o que queren os seus integrantes, e eu non son quen para dar por pechado nada. Simplemente creo, como tantas outras persoas, que, de converterse nun partido, o 15M perdería moitas das súas virtudes. Isto aparte, non hai ningunha garantía de que non acabase por reproducir as eivas que adoitan acompañar aos partidos ao uso. Así as cousas, quedo co que significa que a delegada do Goberno en Madrid, a puída señora Cifuentes, leve moitos meses buscando un interlocutor no 15M? Afortunadamente non o atopa.

E cales son esas virtudes que atribúes ao movemento?

Permitiu xestar unha nova identidade contestataria, abriu espazos de reencontro de persoas que estaban afastadas, fixo posíbel que reaparezan debates que o sistema conseguira arrecunchar, deulle ás a moitas iniciativas acompañantes e, por riba de todo, facilitou que as xentes descubran que poden facer cousas que un par de anos atrás parecían estar fóra do seu alcance. Non me parece pouco.

Ao teu entender, que é o que distingue ao 15M doutras moitas realidades?

Máis aló das súas formas de facer e organizarse, creo que o 15M decidiu contestar con firmeza a lóxica da competición e contrapor orgullosamente a da solidariedade. Nun segundo terreo, creo que é un movemento moito máis consciente do que supón o risco do colapso que está ao pasar a esquina.

Share

2 Comentarios
  1. Simplemente creo, como tantas outras persoas, que, de converterse nun partido, o 15M perdería moitas das súas virtudes.
    Seguramente. Por iso no que tería que converterse é nun "antipartido", é dicir, algo como o que pretende ser D3 (Democracia Directa Digital), unha ferramenta política para introducir a democracia directa nos parlamentos, sen programa nin cargos electos, controlada ao 100% polos cidadáns.

  2. Uma pesquisa do Centro de Políticas Sociais da Fundação Getúlio Vargas mostra que cada ano de estudo acumulado no currículo gera um salto médio de 15,07% no salário. O ponto de partida do estudo foi a constatação de que o brasileiro de 15 a 29 anos apresenta o nível mais alto de felicidade esperada em cinco anos entre jovens de 132 países pesquisados no levantamento Gallup World Poll, patrocinado pelo BID. A FGV fez parte do grupo de entidades latino americanas convidadas pelo banco a contextualizar os números apurados nos países, a partir de 150 mil entrevistas. Numa escala de 0 a 10, o índice de felicidade futura dos jovens brasileiros foi o campeão da amostra: 9,29.

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning