Autor/a

Consultor de Internet e ciberactivista social, político e cultural. Fundador da asociación Véspera de Nada para unha Galiza sen Petróleo. Membro do Consello Editorial de Altermundo.

Consello Editorial

X. M. Beiras
Carlos Taibo
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Que xustifica a estatofobia?
Que xustifica a estatofobia?

Algo que non comparto co pensamento anarquista clásico e de pensadores-activistas actuais como Félix Rodrigo Mora ou Enric Duran que non se declaran abertamente anarquistas, é a súa fobia ao .

Coido que non se xustifica a demonización dunha estrutura política simplemente pola estrutura, como non se xustificaría unha condea xeralizada da economía que non estivese baseada no seu contido capitalista. O que quero dicir é que se condeamos o sistema económico capitalista será precisamente porque é capitalista, non porque sexa un sistema económico. Do mesmo xeito deberíamos codear un Estado non democrático, por esa característica, non porque sexa un Estado. O Estado é unha estrutura que pode servir (cando menos na teoría) a diferentes intereses, non coma o , que só pode servir aos intereses duns poucos pola súa propia definición.

Na miña opinión a forma estatal non é intrinsecamente maligna, como o anarquismo nos quere facer ver. E mesmo a vexo aproveitable se trocamos o seu modo de gobernarse. Comprendo que dado que todos os Estados coñecidos ata o de agora foron moi pouco democráticos, se identifique esa característica co sistema, pero penso que esa falta de non era debdida ao corpo estatal senón ao cerebro que o controlaba (unhas ou outras élites). Xa que logo defendo que é factible un Estado verdadeiramente democrático, como veño propugnando desde D3. Non me parece mal o sistema asamblear e de soberanía local confederada que propugnan Rodrigo Mora, Durán e en xeral os libertarios. Pero tampouco vexo insalvable o modelo estatal, de feito podería ser unha vía menos custosa (en todos os sentidos) aproveitar o hardware estatal trocándolle o software que o controla, que formar esa nova e inmensa rede da autoxestión desde abaixo. Ao contrario ca eles, penso que a e o Estado son compatibles, e a vía para facelo serían as NTIC, nomeadamente Internet e outras vías telemáticas coas que facermos posible unha asemblea a nivel estatal asíncrona e permanente para controlarmos os cidadáns todos os aspectos do Estado. Esta hipótese é o que está na base de Democracia Directa Digital (D3), o antipartido que axudei a crear xa hai uns anos e cuxas ideas resoan agora en múltiples iniciativas nadas á calor do Movemento dos Indignados.

Desde logo o progresivo colapso tecnolóxico e industrial que xa comezamos a albiscar fai que esta posibilidade de conxugarmos Estado e Democracia (real) se vaia afastando cada vez máis, pero aínda é factible, na miña opinión: aínda estamos a tempo. Por suposto a proposta de democracia local de tipo asemblear é máis resiliente no sentido de que non precisa de avanzadas tecnoloxías e dun consumo enerxético de dubidosa duración para realizarse. Pero é isto o que a faría en todo caso preferible, e non que o modelo Estado sexa negativo per se.

Non se trata de ser estatólatra pero tampouco vexo xustificada a estatofobia.

Share