Autor/a

Biólogo, analista e produtor editorial. Director e fundador de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Rainbow Warrior, 20 anos
Rainbow Warrior, 20 anos

En xaneiro de 1971 un vello atuneiro, o Phyllis Cormack, partía do porto de Vancouver con 11 mozos pacifistas cara a illa de Amchitka, fronte á costa de Alasca. Estados Unidos planeaba alí ensaios con armas nucleares, e os ecoloxistas pretendían introducirse na área de probas para impedilo. Non chegaron a tempo, máis a súa acción xerou un inusitado seguimento dos medios de comunicación. Cinco meses despois Washington decretaba o cese definitivo dos estoupidos atómicos nas illas Aleutianas e a declaración da reserva natural de Amchitka.

[ Publicado en Galicia Hoxe ]

Daquela non se sabía, pero o éxito mediático deses ecoloxistas que lideraba un tal Bob Hunter dou lugar ao nacemento de Greenpeace e a súa frota verde, que dende entón ten sucado todos os mares do planeta denunciando, con impactantes accións de protesta, as agresións ao medio ambiente e á paz mundial. Hoxe a organización está presente en máis de 40 países, segue a ser a dor de cabeza de moitos gobernos e empresas transnacionais e disque conta con case tres millóns de socios, pois unha das súas regras é garantir a súa independencia non aceptando cartos de goberno algún.

Bob Hunter, que finou en maio deste ano vítima dun cancro de próstata, chegou a ser en 1973 o primeiro presidente da organización e a revista “Time” considerouno un dos dez heroes ecoloxistas do século XX. Porén, o meirande legado que deixou ao ecoloxismo foi o nome do buque insignia de , o Rainbow Warrior (Guerreiro do Arco da Vella), denominación coa que, por extensión, coñecemos hoxe aos activistas da organización. O concepto proviña dunha fermosa profecía da tribo norteaméricana dos Cree: Chegará un tempo no que a Terra enferme, e cando aconteza, os indíxenas recobrarán o seu espírito e reunirán a persoas de todas as nacións, cores e crenzas, eles creerán nos actos e non nas palabras, traballarán para sandar a Terra e traerán grandes cambios e transformacións no xeito de vivir, en harmonía coa creación, coa terra e con todos os seres humanos… eles serán os Guerreiros do Arco da Vella.

A razón deste artigo é que hoxe mesmo cúmprense 20 anos do dramático afundimento do RW nun peirao de Auckland (Nova Zelandia). Os servizos secretos franceses, que tentaban impedir ao barco partir cara a Mururoa, onde o goberno Mitterrand realizaría aqueles polémicos ensaios nucleares, puxeron no casco e na hélice senllas bombas que esnaquizaron a nave e mataron ao fotógrafo portugués Fernando Pereira.

A chamada Operación Satánica –toda unha chapuza– foi o primeiro terrorista, terrorismo de Estado en toda regra, que coñeceu o país austral, e non supuxo para o goberno francés máis ca unha lene reprimenda da ONU e o pago duns poucos millóns de dólares a Nova Zelandia e Greenpeace. Só dúas persoas foron condenadas polo , e aos tres anos xa estaban de volta en Francia, onde foron condecoradas –os galos prohibiron algunhas importacións do país maorí para forzar a repatriación dos terroristas. A dimisión do ministro de defensa, Charles Henru, foi o único custe político e Mitterrand, que prometera “xustiza ao máis alto nivel”, nunca chegou a pedir desculpas á familia de Pereira.

Hoxe un Rainbow Warrior II navega de novo polos mares do planeta lucindo ese arco da vella sobre fondo verde que identifica a causa do activismo ecolóxico, un xeito de presión que ten confirmado ser do máis efectivo. Pero paga a pena lembrar aquel primeiro RW e todo o que representou. Debémoslle moito máis do que pensamos, dende a actual moratoria da caza de baleas ata o cesamento das probas nucleares nos atois do Pacífico; dende a prohibición europea de importar peles de bebés foca –lembremos aos guerreiros do arco da vella manchando ás foquiñas con pinturas inocuas para facer o seu pelexo inservíbel– ata a defensa da fosa atlántica galega. Aquela titánica loita das zodiac do RW contra o buque británico que tentaba botar ao noso mar 5.000 barrís de lixo radiactivo emocionounos a todos.

A derradeira misión daquel RW foi a de evacuar aos 320 habitantes do atol Rongelap, nas illas Marshall, afectados por cancros, leucemias e malformacións por mor dos ensaios nucleares que os EUA fixeran durante anos. Cando o mundo os abandonara, os guerreiros do arco da vella chegaron naquel barco verde para levalos á illa Mejato na procura dunha nova vida en terra sen contaminar. Morreu creando vida, como hoxe segue a facer convertido nun arrecife de coral na baía Mataurí neozelandesa.• 

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning