Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Reflexións sobre a situación do proceso dos foros sociais
Reflexións sobre a situación do proceso dos foros sociais

O informe que segue non é unha análise exhaustiva, senón reflexións sobre a relación entre o proceso do FSM e a evolución da situación mundial. Comezaremos cos eventos asociados ao proceso dos que se puxeron de manifesto a partir de Dakar en febreiro 2011. Trátase dos 42 eventos sinalados polos organizadores e recolleitos no sitio do .

O proceso dos foros sociais atópase nun punto de inflexión. Expándese e afóndase, coñece dos seus éxitos e das súas dificultades. É necesario, daquela, ter en conta os interrogantes e as contradicións que suscita. A análise dos eventos asociados ao proceso permite contribuír a iso. Constitúe, dalgún xeito, unha visión interna do proceso, que haberá que completar cunha análise sobre impacto do proceso na situación mundial.

Tal e como foi decidido polo Consello internacional, a dita análise será o tema dos debates políticos a partir da súa vindeira sesión. A análise a partir de eventos asociados segue a ser moi interesante, pois permite apoiarse en feitos que deben ser verificados, discutidos cos organizadores e os participantes e interpretados por quen queiran facelo. O Consello Internacional de Dhaka decidiu crear un grupo de traballo, aberto aos membros do Consello que desexen participar, para seguir e analizar este conxunto de eventos asociados ao proceso dos foros sociais.

Para comprender o estado do proceso con relación á situación mundial, unha vez considerados os eventos asociados ao mesmo, propoñemos distinguir: a relación que existe con movementos; o estado do proceso por grandes rexións; o xeito de tratar a crise estrutural e de ter incidencia sobre ela.

Os eventos asociados ao proceso

Actualmente existe unha superabundancia de eventos asociados ao proceso. A priori, son tan numerosos como os que se realizaron entre o FSM de Belem e o FSM de Dakar. Pero son moito máis diversificados e específicos que os do Ano Global 2010. Sobre todo considerando que con respecto a 2010, a crise fíxose máis profunda e os novos movementos asumen novas formas de movilización.

Con respecto aos eventos asociados ao proceso, podemos mencionar as propostas das asembleas de converxencia do Foro Social Mundial de Dakar; os foros sociais rexionais e nacionais, temáticos e locais; as actividades asociadas ao proceso e as actividades que, aínda que non se orixinen no proceso, vincúlanse a el.

As accións propostas polas asembleas de convergencia

A primeira serie de eventos asociados ao proceso componse de accións de mobilización decididas polas asembleas de converxencia que pecharon o FSM de Dakar, das cales unha vintena xa están identificadas no sitio do FSM. Moitas delas xa se realizaron, sobre todo a Xornada de Solidariedade con Palestina, a Semana de Acción pola Educación das Mozas e as Mulleres, a Campaña Mundial de Dereito ao Hábitat, a Xornada Internacional dos Migrantes, etc. Moitas destas mobilizacións foran decididas polas redes internacionais que participaron no Foro Social Mundial de Dakar e que organizaron as asembleas de converxencia. Alí discutíronse propostas, corrixíronse, adoptáronse e ampliáronse as alianzas para a acción de cada unha delas.

Os Foros Sociais rexionais e nacionais, temáticos e locais

Varios foros sociais rexionais e nacionais xa se realizaron, por exemplo: o Foro Mesopotámico, o Foro Social Magrebí, o Bas Saint-Laurent Social Forum en setembro de 2011, o Forum Social África Austral, o Cume dos Pobos en Nioro, Malí, o Foro Social en Asia do Sur. Outros foros programáronse, entre os cales: o Foro Social Iraquí, o Foro Social Magreb-Mashreq, o 6to. Foro Panamazónico en Bolivia, etc.

Entre os foros temáticos programados atópanse o Foro de Economía Social e Solidaria en Québec, o Foro Temático de Porto Alegre, o Foro das Migraciones en Oujda, Marrocos, o Foro de Educación para a Transformación, o Foro Mundial de Medios Alternativos, o Foro Mundial de Ciencia e Democracia, o Foro pola Paz e a Desmilitarización en Saraxevo, etc.

Hai que ter en conta, ademais, os foros sociais locais nalgúns países: en Brasil, o Foro Social de São Paulo, lanzado en outubro de 2011; en Francia, o Encontro de Foros Sociais Locais, ao redor de sesenta, en xullo de 2012.

Os eventos asociados ao proceso

Algúns eventos asociados ao proceso marcan a converxencia entre diferentes mobilizacións e o proceso dos foros. Vincúlanse ao proceso en si mesmo ou ben en simultáneo con eventos internacionais. Tal é o caso do Seminario Internacional sobre o Movemento Altermundista en París en maio de 2011, a Asemblea Internacional de Xénova en xullo de 2011, o encontro polos dez anos dos Foros Sociais Europeos en Florencia en 2012.

Algúns eventos sitúanse en simultáneo con negociacións internacionais baixo a forma de cumes alternativos ou de contra-cumes. Mencionaremos só os eventos organizados por movementos que fan referencia explícita ao proceso dos foros sociais e que se organizan segundo a metodoloxía dos foros sociais. Por exemplo: as manifestacións e cumes cidadáns organizadas en Havre, Francia, contra o G8, en mayo de 2011 e contra o G20 en Niza, en novembro de 2011; o Cume Alternativo sobre a urxencia climática en Durban en decembro de 2011 e o Cume Alternativo do Auga en Marsella para marzo 2012 e o Cume alternativo para Río+20 de xuño 2012 e que foi preparada polo foro temático de Porto Alegre en xaneiro 2012.

Tamén hai que sinalar numerosos eventos que non están directamente vinculados co proceso, aínda que os movementos organizadores fan referencia explícita ao mesmo e sinálanos para inscribilos no sitio do FSM. Tales eventos mostran a difusión dos foros sociais. Citemos, por exemplo, a Conferencia Internacional contra a Guerra de Iraq, a Asemblea de ICAE en Malmo en xuño de 2011, o Congreso de OCLAE en agosto de 2011, o Free Music Internacional Festival en Porto Alegre, previsto para 2012. Para estes eventos e para moitos outros, é necesario determinar a súa relación cos procesos dos foros sociais.

A situación dos movementos

Desde 2008, os movementos sociais de cidadáns consolidáronse. Aínda se enfrontan á cuestión das saídas políticas, dependendo das distintas situacións en cada país e en cada rexión. No que segue, conformarémonos/conformarémosnos con examinar a evolución das relacións destes movementos co proceso dos foros sociais. Desde este punto de vista, pódense distinguir os movementos que aínda están no corazón do proceso, os movementos da primeira hora que toman distancia do proceso e os movementos novos que (aínda!) non teñen unha forte vinculación co proceso.

O núcleo do proceso dos foros sociais está composto por un conxunto de movementos que se foi formando durante os dez últimos anos e que continúan levándoo adiante. Son os movementos que organizaron os foros sociais mundiais (Porto Alegre, Mumbai, Bamako, Caracas, Karachi, Nairobi, Belem, Dakar) e que desempeñan un papel activo no Consello Internacional. Son tamén os que organizaron os foros sociais rexionais vinculados polo xeral a sesións importantes do Consello Internacional (Abuja, Montreal, Parma, Rabat, México, Copenhaguen, París, e últimamente, Dhaka).

Nestes movementos discútese longamente o relativo á orientación do proceso, en especial o lugar dos movementos sociais, o papel das ONG, as relacións cos partidos, a determinación do rol dalgúns gobernos, a relación cos novos movementos, etc.

Algúns dos movementos que desempeñaron un papel importante ao principio, están agora menos presentes e son menos activos. Algúns deles que tiñan un forte arraigo coas primeiras rexións do proceso, América Latina e Europa do Sur [hoxe] non se atopan moi cómodos coa expansión lingüística e cultural. Outros, moi atentos aos debates sobre a situación mundial nas redes mundiais (por exemplo, a Confederación Sindical Mundial e A Vía Campesina) divídense, baixo formas diferentes, segundo o seu posicionamiento internacional, o que significa que algúns sindicatos e algúns movementos de campesiños implícanse de xeito diferente. Hai quen se preguntan até sobre o agotamento do ciclo dos foros sociais mundiais con relación aos novos movementos.

A cuestión da relación cos novos ciclos de loitas e de movementos é esencial. Sinalemos cinco movementos que requiren unha atención especial:

– En primeiro lugar, os movementos en Tunisia e en Exipto; as primaveras árabes, o conxunto do ciclo de loitas na Rexión Magreb e Mashreq. O Foro social mundial 2013 será un momento moi importante de converxencia.

– Logo están os movementos de indignados, especialmente en España, en Portugal e en Grecia. Con eles é posíbel atopar numerosas converxencias, en particular, as consignas e a cultura política. A procura de converxencia vai á par dunha reflexión sobre a evolución destes movementos e as súas achegas para facer visíbel o imperativo democrático.

– Do mesmo xeito, os movementos de Occupy, en especial Occupy Wall Street e as 53 cidades estadounidenses, e tamén Occupy Montreal, Occupy Londres, Occupy Tokio, pregúntannos sobre a capacidade de mobilización con respecto ao capitalismo financeiro. Desde este punto de vista, as leccións do United States Social Forum e a prioridade dun achegamento a través dos grass-roots [base social] é unha forma maior de converxencia.

– Finalmente, é necesario ter en conta o movemento tan importante da mocidade escolarizada e das Universidades en Gran Bretaña, Chile, Croacia e Senegal, en Togo que recentemente se inicia, en razón do dano que provoca na mocidade a acentuación das políticas neoliberais.

Estes novos movementos prolongan e renovan o movemento altermundista. É un desafío ao que haberá que respostar probabelmente cunha mutación do movemento, que haberá que estar listos para aceptar.

O Consello Internacional de Dhaka puxo o acento na necesidade de convidar a todos os movementos que construíron o proceso e aos novos movementos a participar do debate político sobre a súa evolución.

O estado do proceso nas grandes rexións

O proceso expandiuse e diversificouse seguindo as grandes rexións. Malia iso non gañou visibilidade a escala global. Para os medios internacionais, nalgunha medida, banalizouse; agora é unha referencia habitual pero perdeu o efecto de sorpresa que tiña hai dez anos.

En América Latina: Aínda está moi presente en Brasil, na América Andina e en México. Hai dúas cuestións que se seguen discutindo. Unha é a relación dos movementos cos gobernos que se definen como próximos aos altermundistas (Bolivia, Brasil, Ecuador, Paraguai (?), Venezuela) ou que defenden posicións progresistas. A outra é como evalúa gran parte da esquerda latinoamericana as primaveras árabes. Por unha banda, as insurreccións lense como manipulacións dos Estados Unidos e da OTAN. Pola outra, se relativiza a súa radicalización debido á ausencia de partidos revolucionarios.

En América do Norte, o movemento consolídase. O proceso dos foros segue o rumbo dos movementos "occupy". O problema que se suscita é o gran avance do movemento neoconservador, en particular, por medio dos tea-party. Outra das cuestións é a declinación da hexemonía dos Estados Unidos que, de ningún xeito significa a caída do imperialismo estadounidense que podería, pola contra, exacerbarse. En Canadá, o goberno desenvolve unha política neoliberal agresiva. O proceso dos foros conserva a súa vitalidade en Québec, e prevese a realización dun Foro Social Canadiano.

Na rexión Magreb-Mashreq o proceso dos foros ten grande amplitude. Tomou gran forza en Palestina a partir do Foro Mundial de Educación e as xornadas de solidariedade que se desenvolveron nese país. Ten forte presenza no Kurdistán co Foro Social Mesopotámico e en Iraq coa preparación do Foro Social Iraquí. Ten unha presenza menos marcada en Turquía. Está moi presente no Magreb. O Foro Social Mundial 2013, en Tunisia, será unha oportunidade para consolidar aínda máis o proceso e avanzar cara á converxencia coas primaveras árabes. A serie de eventos asociados e de foros sub-rexionais e temáticos en 2012 debería servir para preparar unha importante mobilización.

En África, despois do Foro Social Mundial de Dakar, realizáronse varios eventos, entre eles: o Foro en África Austral, o Cume dos Pobos en Niori, Mali. Tamén hai que salientar os fortes lazos entre os movementos de África do Norte e África Subsahariana, fortalecidos grazas ao traballo en común entre o Foro Social Africano e o Foro Social Magreb-Mashreq.

En Europa, o escenario está marcado pola forte resistencia e os grandes momentos de loita dos dous últimos anos (en Italia, en Francia, en Grecia, en España, en Portugal, en Gran Bretaña…), fronte a violenta ofensiva do capitalismo financeiro, que impón políticas neoliberais a risco de desatar unha forte recesión en toda Europa. Presérvanse os privilexios e a crise do Euro transformouse, logo do rescate dos bancos en reiteradas oportunidades, nunha crise da débeda pública. A desesperanza europea combina unha crise financeira e económica cun cuestionamiento xeopolítico de grandes dimensións. Os movementos que sosteñen o proceso dos foros atópanse divididos no que respecta ao xeito enfrontar este retroceso social e o avance da dereita extrema. Os movementos de indignados que comezaron en España demostran unha capacidade de resistencia que se renova e profundos interrogantes sobre as formas de emancipación.

En Asia, hai que distinguir varias sub-rexións:

En Asia do Sur, o Foro Social de Asia do Sur mostrou que o proceso ten grande influencia en Paquistán e en Bangladesh e é importante en Sri Lanka e en Nepal. India, co Foro de Mumbai, desempeñou un papel capital na mutación do proceso. Nos últimos anos, os movementos conservaron unha forte presenza, con todo, perderon en visibilidade en razón da evolución política dese país.

No Sueste Asiático, a información con que contamos sobre a situación dos movementos relacionados co proceso é escasa, malia haber movementos activos en Malasia, Filipinas, Indonesia e Tailandia.

En Xapón existen varios movementos que fan referencia ao proceso dos foros sociais. Tiveron unha forte presenza nas mobilizacións que seguiron ao tsunami e a Fukushima. Na China, a resistencia social é importante, aínda cando non toman a forma de movementos sociais, tal e como existen noutros países.

O rol do proceso dos FSM con relación á crise e á situación mundial.

Esta é a cuestión principal, a razón de ser do proceso dos foros sociais.

Con respecto á crise financeira, o proceso dos foros sociais constituíu un éxito ideolóxico. As análises e as propostas sostidas desde o 2001, nos primeiros foros de Porto Alegre, impuxéronse como as únicas referencias críbeis (análises estructurais da crise, taxa sobre as transacciones financeiras, control financeiro, supresión dos paraísos fiscais, fiscalidade redistributiva, etc.).

Este logro confírmase co fracaso dos encontros do G8 e do G20. Aínda que non se traduciu en vitorias políticas nin en mudanzas nas políticas sociais, pero si fomentou o xurdir de novos movementos, en particular, os Occupy Wall Street, cuxo impacto sobre posíbeis políticas aínda se descoñece.

No que fai á crise ecolóxica, a mobilización foi importante coas manifestacións e o cume alternativo de Durban con ocasión da Conferencia Climática. Polo momento as negociacións fracasaron e marcan un retroceso con respecto ás medidas que hai que tomar. As próximas mobilizacións son as do Cume Alternativo do Auga en Marsella, en marzo de 2012 e o Cume dos Pobos durante Río+20, en xuño de 2012.

No referente á crise xeopolítica, o cume alternativo do G20 en novembro de 2012 levou aos movementos a debater sobre as oscilacións no equilibrio de forzas no mundo. Alí se evalúa a crise hexemónica dos Estados Unidos e a evolución do imperialismo occidental. Unha das discusións tratou sobre o ascenso dos que chaman países emerxentes: Brasil, China e India, e sobre o papel que poden desempeñar na escena internacional. Así, suscitouse a cuestión do papel que poderían desempeñar os movementos sociais dos países emerxentes. O outro punto é a apertura dunha nova fase da descolonización.

Respecto da crise democrática, o proceso dos foros sociais deu prioridade desde un comezo ao imperativo democrático, suscitándose interrogantes de gran agudeza. Interrogantes que foron retomadas polo movemento dos indignados, para quen una das cuestións son as eleccións. Mentres hai quen aínda cren que finalmente os movementos mudarán en partidos políticos –aínda que non os ignoran por razóns tácticas– outros consideran que as eleccións non son o tema e menos aínda a solución para os problemas reais das clases populares. Outra das cuestións é o rol dos partidos en relación á toma do poder e a transformación social.

A relación coas organizacións políticas e cos gobernos é unha cuestión recurrente no proceso dos foros. A relación co político atravesa os movementos. Preséntase de xeito diferente segundo a escala. A escala mundial, a pregunta é como pasar do éxito en ideas –grazas ao agotamento do neoliberalismo que se manifesta a través da crise–, a vitorias políticas. Sobre todo considerando que os mercados financeiros, ao dar aos estados funcións meramente utilitarias, endureceron o control das institucións internacionais.

Nas grandes rexións, os avances son máis culturais que políticos; a este nivel os movementos poden desempeñar o papel de aguillón. No plano nacional é onde se poñen en evidencia as situacións políticas, onde se definen as relacións cos gobernos e os partidos políticos. É a nivel de país onde os movementos se dividen en función cada situación.

O proceso dos foros sociais multiplicou as propostas e construíu un espazo de debate e de elaboración de alternativas. Unha parte das propostas ten que ver coas medidas inmediatas que deben tomarse a respecto da crise financeira e á hexemonía neoliberal. Outras propostas refírense a medidas inmediatas que permitirían melloras para as clases populares e que poderían ser tomadas por fraccións modernistas do "establishment", concientes das lameiras e os perigos do neoliberalismo. No proceso dos foros sociais, o máis importante é elaborar propostas que dean lugar a instancias superadoras do capitalismo. A elaboración de tales propostas progresou notablemente desde 2008, a partir do Foro Social Mundial de Belem e constitúe unha renovación do proceso dos foros sociais.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning