Autor/a

Nado en Lyon (Francia), 16 de febreiro de 1970. Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Na actualidade docente de lingua francesa no CPI Pontecesures. Especialista na lírica dos trobadores románicos. Activista político e social, milita no Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais; coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela. É membro do Foro Galego de Inmigración e do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Resistir en medio dos negros presaxios
Resistir en medio dos negros presaxios

Resulta difícil escoitar os relatos en primeira persoa de anguria e desesperación da poboación grega. Emociónome e percorre o meu corpo unha sacudida que me traslada a un futuro totalmente incerto, escuro.

Esfórzome, certo é, en resistir. En ter esperanza. Que é posible cambiar o rumbo da nave porque o poder soberano reside en nós. Ou debe residir: en Grecia, berce da democracia, isto xa non é nin sequera certo. Pero, despois de comprobar como amigos e familiares xa experimentan as dificultades extremas desta viaxe…ante a perspectiva de que todo empeore -cando menos mentres estea no goberno a dereita e que a Merkel siga no seu trono de superioridade- déixome levar polo pesimismo máis rocoso.

Recoñezo que procuro erguerme e non ler a prensa pola mañá: por supervivencia, para aguantar a tarefa de educar en tempos de negros presaxios, sen caer no pesimismo. Non escoito tampouco a radio. E non obstante, todo chega a min alto e claro. Tanto ten: os relatos sobre a desgraza abrollan en todas partes.

Mesmo, eu que entrei tarde nas redes sociais (só en facebook, certo é), despois de que entrase no xogo especulador da bolsa, o que nos leva á deriva,  xa se me foron os desexos de non permanecer coma un animal tecnofóbico. Pero, demos! Eu son fondamente anticapitalista! E non quero contribuír a esa merda especulativa, aí onde se decide quen vai pasar fame. Por iso, creo que des-conectarei os meus pasos do facebook. Por coherencia. Un simple xesto váleme para tentar mantela.

En fin…e por riba, esta semana (22 de maio) unha do -con merecida xustiza reivindicativa- no Estado, que non será tal en Galicia, porque só CC.OO. a convoca, mentres que se desmarcan os demais que no Estado si a fan (esquizofrenia?).

En que demos pensan os sindicatos en xeral? Podemos permitirnos o luxo de perder unha arma de loita así, de calquera forma? Que éxito se agarda teña a folga? Para que servirá, realmente, perder 100 euros se o ensino non se vai paralizar? Por que existen dúas plataformas en defensa do ensino?

En fin…fatal. Non temos remedio neste recuncho. Todos debilitándonos. O inimigo, mentres, sorrí.

Remato cuns versos de Marcos Ana, Poemas de la prisión y de la vida (tabla Rasa / Ediciones Urano, 2011), escritos no cárcere en tempos do ditador Franco:

 
MALDITOS SEAN:
Los que atizan el fuego entre las piedras del Odio,
para servir su puchero.
 
MALDITOS SEAN:
Los que quieren enturbiarnos la sangre con el viejo
terrón de la trinchera.
 
MALDITOS SEAN:
Los que cosen banderas con cenizas de muerto para
sembrar el aire de rencores.
 
MALDITOS SEAN: 
Los que quieren dejarnos para siempre en los bordes
opuestos de una herida.
 
MALDITOS SEAN: 
Malditos en tu nombre
España, sean, 
orque viven de tu pena y la mía
y hacen de nuestro dolor su trono.
 
miroir_rougeb
Share
TAGS:  , ,
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning