Autor/a

Político galego, economista e voceiro do Encontro irmandiño. Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial e membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

“Retrato do colonizado”: retrincos e glosas (e VI)
“Retrato do colonizado”: retrincos e glosas (e VI)
X. M. Beiras-. A revolta é a única solución non ilusoria para a situación colonial: cedo ou tarde, o colonizado acaba por descubrilo. A sua condición é absoluta e, como tal, reclama unha solución absoluta tamén: unha ruptura, e non un compromiso.


CODA: A REVOLTA DO COLONIZADO

Remato hoxe -"por fin!", diredes- esta série cun remexido de retrincos e glosas ou comentos antremesturados, a xeito de coda musical, encol da segunda caste de resposta do colonizado á sua situación de asoballamento. É a única das duas actitudes alternativas que conduce a un desenlace definitivo da dialética de opostos colonizador-colonizado ínsita na relación colonial -e xa que logo, o único desenlace que libera ao colonizado da sua condición de tal.

A revolta é a única solución non ilusoria para a situación colonial: cedo ou tarde, o colonizado acaba por descubrilo. A sua condición é absoluta e, como tal, reclama unha solución absoluta tamén: unha ruptura, e non un compromiso. O mecanismo de negación do colonizado, establecido polo colonizador, agrávase cada vez máis. Non hai outro xeito de saír de semellante círculo infernal que non sexa o da ruptura, o da revolta cada día máis implosiva. A situación colonial, pola sua propria fatalidade interna, conduce á revolta -porque a situación colonial non pode ser reformada: é unha argola no pescozo que só pode ser crebada.

O camiño da revolta constitue un proceso de desalienación que, na prática, amostra diferentes facianas na travesía de varias fases consecutivas. Encétase coa renuncia á via da asimilación, sexa por rexeitamento de principio, sexa por abandono despois de tela ensaiado. A partir de aí, a liberación do colonizado débese realizar meiante a reconquista de si mesmo e da sua dignidade. Iso implica unha inversión dos termos na relación colonizado-colonizador a respeito da que operaba no vieiro da asimilación: nésta, o impulso cara o colonizador esixía do colonizado a negación de si mesmo; en troques, a recusa do colonizador será o preludio indispensábel ao acto do colonizado se asumir. Cómprelle abandonar a imaxe acusadora e humillante de si mesmo; cómprelle atacar de frente a opresión, poisque é imposíbel contornala. Despois de ter sido durante tanto tempo recusado polo colonizador, chegou o dia no que é o colonizado quen recusa ao colonizador. E esa inversión na sua relación dialética leva aparellado estoutro corolario: agora, o colonizador é considerado sobre todo como negatividade, mentras que anteriormente érao como positividade.

Porén, nunha primeira fase, a reivindicación do colonizado, esa "reconquista de si mesmo", aínda vai estar estreitamente delimitada e condicionada pola situación colonial e polas esixéncias do colonizador. Noutras verbas, esa reivindicativa afirmación de si mesmo vai radicar inicialmente na afirmación da sua negatividade, ou sexa, do retrato en negativo que dil tracexara o colonizador e que il vai tornar en positivo -e en afirmación da sua identidade diferencial, poisque esas diferéncias constituen a sua propria esencia. É o salto do auto-odio a unha auto-estima mesmo exacerbada e nutrida dos mesmos atributos que enxendraran o auto-odio -tódolos atributos identitarios negativizados polo colonizador, dende a língua aos costumes e tradicións, dende os perfís étnicos aos culturais e mesmo relixiosos no seu caso. En resumo, o colonizado en revolta comeza por se aceitar e desexar como negatividade. Esa negatividade, tornada nun elemento esencial da toma de consciencia de si mesmo e do seu combate, vaina afirmar e glorificar até o absoluto. O colonizado non só aceita as suas enrugas e feridas, senón que mesmo vai proclamar a sua beleza. Trátase pois dunha fase do proceso na que transloce o paradoxo e a ambigüidade da relación colonial en trance de se descompór. A auto-afirmación do colonizado, nacida dunha protesta, segue a definirse por referencia ao colonizador. En plena revolta, o colonizado continua a pensar, sentir e vivir contra -a respeito do colonizador e a colonización.

Ao cabo, na fase final do proceso, o colonizado fará bascular o equilibrio "sempre inestábel" da relación colonial cara o único desenlace que resolve o problema: provocar o fin da colonización. Daquela, a sua posición será a do rexeitamento absoluto: ou sexa, non somente revolta, senón superación da revolta, é dicir, revolución. Mais, para acabarmos esta pelerinaxe, millor será que eu faga mutis polo foro e remate de espricalo o Memmi sen a miña mediación.

A colonización falsea as relacións humanas, destrui ou petrifica as institucións, corrompe aos homes -tanto colonizadores coma colonizados. Para vivir, ao colonizado cómprelle suprimir a colonización. Mais, para se tornar un home, tamén lle compre suprimir o colonizado no que se convirtira. Se o europeu ten que aniquilar en si ao colonizador, o colonizado ten que superar ao colonizado.

A liquidación da colonización non é máis ca un preludio á liberación completa: a reconquista de si mesmo. Para se liberar da colonización compríulle ao colonizado partir da sua propria opresión, das caréncias do seu grupo. Para que a liberación sexa completa, cómprelle se liberar das suas condicións -condicións certamente inevitábeis da sua loita. Nacionalista, porque debía loitar pola emerxéncia e dignidade da sua nación, será preciso que conquiste a liberdade face a esa nación. Certamente comprirálle confirmarse no nacionalismo, mais é indispensábel que sexa libre nesa escolla e que non exista só en función da sua nación. Comprirálle conquistar a liberdade face á relixión do seu grupo, que poderá manter ou rexeitar, mais debe cesar de existir motivado só por ela. O mesmo debe acontecer no referente ao seu pasado, á tradición, aos atributos étnicos -e asi seguido. En resumo, cesar de se definir polas categorías coloniais. E o mesmo debe acontecer co que o caraiteriza negativamente: a famosa e absurda oposición Oriente-Oucidente, por exemplo, esa antítese empedernida polo colonizador, que levantaba asi unha barreira definitiva entre el e o colonizado.

Qué vai ser entón do colonizado?. Se deixa de ser un ente oprimido e con caréncias, externas e internas, deixará de ser un colonizado para tornarse outro. Tendo reconquistado todas as suas dimensións, o ex-colonizado tornaráse un home coma os outros. Con toda a felicidade e infelicidade dos homes, claro é -mais ao cabo será un home libre.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning