Autor/a

Político galego, economista e voceiro do Encontro irmandiño. Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial e membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

“Retrato do colonizado”: retrincos e glosas (III)
“Retrato do colonizado”: retrincos e glosas (III)
X.M. Beiras-. Coido que o texto deste retrinco é tan elocuente que, en rigor, non precisa glosa ningunha: calquer leitor que coñeza un pouco a nosa realidade histórica e sociolóxica xenuina poderá facer, por si mesmo, as lenes correccións de "diferencias específicas" necesarias para unha transposición axustada ao feitío desa nosa realidade.

A amnésia cultural

Entramentras perdura a colonización, as únicas alternativas posíbeis para o colonizado son a asimilación ou a petrificación. E desque se lle denega a asimilación, só lle resta vivir fóra do tempo. Reprimido pola colonización, acomódase en certo xeito á sua situación. Poisque lle están proibidas a proxeción e a construción dun futuro, limítase ao presente -e mesmo ese presente é amputado, abstrato-.

Compre engadirmos que o colonizado afástase máis cada pouco do seu pasado. O colonizador nunca o coñeceu, e sábese que o vagabundo, de quen se iñoran as orixes, non o ten. E o que aínda é máis grave. Interroguemos ao proprio colonizado: cáles son os seus herois e os seus grandes xefes populares? Cáles os seus sábios? Malamente consegue citarnos alguns nomes, con grande desorde, e a medida que recúa nas xeracións, a sua memória falla. O colonizado semella condeado a perder progresivamente a memória.

A lembranza non é simplesmente un fenómeno do esprito. Do mesmo xeito que a memória do indivíduo é o froito da sua história e da sua sicoloxia, así tamen a memória dun povo repousa encol das suas institucións. Ora, as institucións do colonizado están mortas ou petrificadas. E aquelas que inda teñen algunha aparéncia de vida non lle merecen ningunha confianza, comproba cada dia a sua ineficácia -mesmo chega a se avergoñar delas coma dun monumento chocalleiro e anacrónico-.

Pola contra, toda a eficácia e o dinamismo social semellan monopolizados polas institucións do colonizador. Ten o colonizado necesidade de amparo?. É a elas ás que se dirixe. Cometeu algunha falta? É delas das que recibe a sanción. Invariábelmente é levado perante os maxistrados colonizadores. Se acaso un home que goza de certa reputación viste traxes nativos, amostrará timidez na ollada e discreción nos acenos, como se desexase evitar ser recoñecido, como se estivese baixo a constante vixiáncia do colonizador. Hai festa na vila? Son as festas do colonizador, mesmo as relixiosas, que son celebradas con fachenda, coma o Nadal ou o Carnaval. E son as tropas do colonizador as que desfilan, aquelas mesmas que esmagaran ao colonizado, que o manteñen baixo a opresión -e que volverán esmagalo se necesário for-.

Evidentemente, en virtude do seu formalismo, o colonizado conserva todas as suas festas relixiosas, idénticas a traveso dos séculos. Son mesmamente as únicas festas relixiosas que, en certo senso, están fóra do tempo. Máis esactamente: están na orixe do tempo da história, e non na história. Após teren sido instituidas, máis nada aconteceu na vida dese povo, nada que sexa peculiar á sua existéncia, que mereza ser retido na consciéncia colectiva e festexado. Non existe máis nada alén dun imenso valeiro.

Ao cabo, as escasas pegadas materiais dese pasado esváense amodiño, e os vestíxios no futuro xa non terán o carimbo do grupo colonizado. As poucas estátuas espalladas pola cidade sinalan, cun incríbel desprezo polo colonizado que as vé tódolos días, os grandes feitos da colonización. As construcións adoptan os feitíos preferidos polo colonizador. Até mesmo os nomes das ruas evocan as lonxáns províncias de onde il veu. Pode acontecer que o colonizador lance un estilo neo-oriental e o colonizado imite o estilo europeu. Mais é puro exotismo, que non renacemento -como as vellas armas e as arcas antigas-. O colonizado, por forza, ten que evitar o seu proprio pasado.

*****

Coido que o texto deste retrinco é tan elocuente que, en rigor, non precisa glosa ningunha: calquer leitor que coñeza un pouco a nosa realidade histórica e sociolóxica xenuina poderá facer, por si mesmo, as lenes correccións de "diferencias específicas" necesarias para unha transposición axustada ao feitío desa nosa realidade. E dixen ben "ao feitío", poisque, corrixidas esas diferencias morfolóxicas, emerxe a similitude profunda dos fenómenos que definen a natureza e a patoloxía da condición colonial común a ámbolos dous casos, o analisado e diagnosticado por Memmi e o noso proprio. Ou, senon, reparade nalgúns diles: a disxuntiva dilemática antre asimilación ou petrificación identitaria; a histórica inabilitación -a famosa "doma e castración"- para construirmos en cada intre o noso futuro; a conxelación do tempo e a dinámica histórica proprios ou, noutras verbas, a condea a vivirmos estantíos, "fóra do tempo", ou inda pior, no "tempo do outro", o tempo español; a perda, ou millor dito, a desposesión da memoria de noso, incautada polo colonizador; a "morte ou petrificación" das institucións autótonas, a empezar polas do, até onte mesmo maioritario, mundo rural labrego, hoxe choídas no cárcere de papel dunha codificación fosilizada, mentras se extermina ao seu suxeito, o campesiñado; a "folklorización" institucional da cultura popular autótona, incluído o batallón dos cinco mil gaiteiros fraguiáns e a vestimenta gringo-escocesa dos da deputación ourensán -e asi seguido-. Até o lerio das estatuas, tántas delas, e cáseque tódalas anteriores á "transición"; das placas de bronce conmemorativas, incluídas moitas das post-transición tamén; dos nomes e "advocacións" aínda de tantas ruas en tantas vilas e incluso cidades de postín, mesmo dun hospital coruñés até hai poucos meses; e nomes e "cruces de los caídos" até na Quintana dos mortos compostelán… Abonda, ou?

Mais, con todo, unha moi breve glosa non estará de sobro. Unha presada de escuetas alusións, millor -e en forma de citas-. Primeira. En 1865 escribe Murguía: "O anceio innato en todos os pobos de coñeceren o seu pasado é vivísimo en Galicia, mália que infortunadamente nunca o teña logrado. (…) Unha indiferéncia tánto máis puníbel canto menos desculpábel sobrancea entre nós, e pesia todo, pesia as rudas leicións da esperiéncia, e de que todo canto nos arrodea nos di que non debemos esperar nada dos estraños, seguimos, cunha longanimidade que desespera aos homes activos, a agardar que os estraños nos traian a xustiza, a riqueza, a felicidade. (…) O pasado leva nas suas entrañas o porvir, e nunca isto foi tan verdade coma tratándose de Galicia".

Segunda. Outravolta Murguía, agora en 1888: "O noso país está a perder a toda presa a sua verdadeira fisonomia. A cada pouco, costumes que non son os seus invaden o noso chan e prívano de aquel doce recendo que teñen para nós as verdadeiras cousas da pátria. Xentes alleas aos engados da beleza mirran coa sua frialdade todo canto tocan, e (…) todo o que é propio da antiga caste galega compre ir percuralo xa entre os labregos e os homes do mar. No seo desa natureza (…), no interior das iñoradas moradías onde vive contento quen aínda non renegou da língua dos seus pais, é onde se atopa o verdadeiro fillo de Galicia".

Terceira. E volve ser Murguía, desta vez en 1891: "O mesmo que para todos os sometidos, a rebelión tácita constitue o estado normal de Galicia dende hai séculos. (…) Afeita á soedade á que a condearon, cada vez que os erros alleos a poñen ao borde do abismo, ou firen os seus intereses, esperta nela, con máis forza que nunca, o anceio da propia liberdade. Por instinto, pergúntase se non lle valería millor non carregar con outras culpas máis que as suas propias".

E para rematar, permitídeme que sexa desta volta eu mesmo quen escribe, en 1967: "A "forma" vixente no mundo rural galego caracterízase por unha radical escisión en dous tipos de institucións incomunicadas e adoito inconciliábeis entre si: as entrañadas na comunidade campesiña (…) e agromadas como froito e esixéncia da vida da comunidade de base, e as superpostas como instrumento de penetración e control pola sociedade esterior a ese mundo rural. (…) Algo semellante ao que acontece nunha estrutura colonial, coa que en tantos aspectos ten puntos de contacto a realidade social e económica da Galiza". (…) "Por unha banda, as institucións "importadas" non casan coas estruturas mentais e sociais preexistentes -nen sequer, en casos moi decisivos, se adecúan ao soporte físico da comunidade. Por outra banda, áchanse en conflito declarado coas institucións aboríxens. Deste xeito, as enerxías sociais volatilízanse nunha estéril tensión que mirra crecemento e desenvolvemento".

Esta presada de citas abrangue século e meio de denúncias desalienadoras e combate auto-descolonizador até hoxe mesmo. Mais hoxe, a diferéncia da Tunisia de Albert Memmi, eiquí a opresión colonial inda dura; e os síndromes da doenza están arestora a se recrudecer enmascaradas en novas metamorfoses, se cadra aínda máis sofisticadas, ruíns e perversas.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning