Autor/a

Xoán R. Doldán é profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago. Membro do Consello Editorial de Altermundo. Participa do colectivo Véspera de Nada e da Asociación de Economía Ecolóxica en España.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Revolución enerxética do xisto ou espellismo enerxético?
Revolución enerxética do xisto ou espellismo enerxético?

Até hai pouco tempo, a dispoñibilidade de recursos enerxéticos, en particular petróleo, supoñía para un país unha garantía de certa independencia enerxética a curto prazo e situábao nunha determinada posición na estratexia xeopolítica mundial.

Na actualidade, ten aumentado extraordinariamente a importancia destes elementos debido a que estamos a asistir a un movemento sísmico a nivel enerxético que ameaza en converterse nun verdadeiro cataclismo, mesmo cando permanece escurecido pola forte tormenta financeira, laboral ou política que están a vivir moitos países. No 2010, a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) espertábanos informando de que desde había catro anos tíñase alcanzado o teito das extraccións do petróleo convencional e de que a única maneira de que non caeran nas próximas décadas era utilizar os depósitos coñecidos e inexplorados ou extraelo doutros aínda non descubertos. Sen pretendelo, a AIE causou unha fonda alarma por múltiples razóns técnicas e económicas. Entre as técnicas cabe salientar que os períodos necesarios para, unha vez descuberto, poñer en explotación un xacemento son dun mínimo de dez anos e que, ao ser preciso realizar un número elevado de perforacións en xacementos non demasiado abundantes, localizados a grandes profundidades e mesmo baixo o leito mariño, nos enfrontamos ao problema da escasa dispoñibilidade de medios técnicos materiais e de persoal formado que serían necesarios. Por outra banda, dadas as características previsíbeis dos depósitos, os custes de extracción sufrirían unha suba considerábel mentres que a taxa de retorno enerxético (TRE), é dicir, a enerxía neta obtida, caería de modo acelerado, reducindo a rendibilidade drasticamente nuns momentos en que os investimentos tenden a subir. O único modo de cubrir en parte estes desaxustes sería trasladar aos prezos ese encarecemento da extracción, corrixindo á baixa a demanda enerxética mundial. Isto tería dúas consecuencias lóxicas na economía: unha, a parálise da actividade económica nun sistema baseado no crecemento económico continuado da produción e o consumo e, outra, un proceso inflacionario masivo ao ser o petróleo o combustíbel fundamental da economía e a fonte case exclusiva que move todos os tipos de transporte.

Tal vez consciente de que esta simple aritmética podería causar un pánico non desexado, a análise da AIE foi acompañada de dous elementos que convidaban a un certo optimismo. Por unha parte, ese estancamento das extraccións de petróleo convencional e a máis que segura caída poderían ser compensados cun aumento das extraccións de gas natural. Intencionadamente ou non, a AIE esquecía advertir que o gas natural estaría sometido a unha ameaza semellante en poucos anos, como se deducía dos seus propios informes. Ademais, esta fonte só podería compensar certos usos enerxéticos para os que se utiliza o petróleo ou derivados, como é a obtención de calor ou a xeración de electricidade, mais non resolvería en absoluto os problemas que para o transporte mundial se derivarían dunha redución da oferta petroleira por non ser un substituto idóneo. Por outra banda, a AIE situaba as súas esperanzas nun aumento considerábel do petróleo non convencional, onde estaría, por exemplo, o chamado petróleo de xisto, que, até agora, supón unha parte moi cativa da oferta enerxética e petrolífera mundial.

Aínda que no ano 2012, a AIE recoñeceu no seu anuario que se estaba a dar unha redución do petróleo convencional, no informe de 2013, ao tempo que se agacha parte da información contida en anuarios anteriores, anúnciase o éxito previsto coa febre do petróleo de xisto, toda vez que se declara que en 2017, os Estados Unidos terán unha capacidade extractiva superior á de Arabia Saudita, recuperando un liderado petrolífero perdido na década dos 70 do pasado século. De modo que, xunto con Canadá, conseguirían ser exportadores netos de petróleo. Mais esta aparente revolución enerxética, a pouco que un se deteña no pormenor dos datos, non o é tanto xa que está construída nunha manipulación contable: sumar os líquidos de gas natural xunto co que é propiamente petróleo; porén, como xa indicamos, estes dous combustíbeis non son perfectamente sustituíbeis. De non facer esta trampa contable, nos Estados Unidos a extracción de petróleo, en sentido estrito, situaríase aproximadamente nun valor 37 por cento inferior. A isto habería que engadir as serias dúbidas sobre o futuro do petróleo de xisto, extraído fundamentalmente nos estados de Montana e Dakota do Norte, visto que o primeiro está xa en situación de declive nas extraccións, aos poucos anos de terse iniciado, e no segundo, que explota a mesma formación xeolóxica, os esforzos para manter a capacidade de extracción deberán ser cada vez maiores.

Por outra parte, como ten analizado Antonio Turiel en The OilCrash (http://crashoil.blogspot.com.es/), as cifras da AIE sobre o declinar do petróleo de xisto apuntan ao ano 2030 como aquel no que se alcanzará o teito de extraccións, sen que en ningún ano anterior supere o 6% das extraccións totais de petróleo. Non cabía agardar outra cousa se consideramos que estamos diante dun recurso de moi baixa calidade enerxética e con TRE moi baixas. Se antes non se explotou non foi por ausencia dunha tecnoloxía apropiada senón porque había outros recursos enerxéticos máis rendíbeis e abundantes. Só cando estes comezan a escasear, o petróleo de xisto convértese en obxecto de interese pola industria petrolífera. Aínda que se anuncian como recursos abundantes debemos considerar que non todos estes recursos se converterán en reservas, é dicir en recursos técnica ou economicamente explotábeis. Tanto no caso dos xistos bituminosos como no gas de xisto, existen graves problemas ambientais na explotación e as TRE son ínfimas, moi lonxe dos de calquera pozo convencional, con unha vida útil tamén moi baixa e uns ritmos de decadencia acelerados, do que derivan, ademais, uns custes de extracción varias veces superiores aos do petróleo ou o gas convencional.

Malia as evidencias que se arrastran desde hai varios anos, seguimos procurando unha solución máxica a un problema enerxético sistémico. Como noutros momentos históricos, estamos diante da necesidade ineludíbel de modificar de raíz o noso sistema enerxético. A diferenza doutras épocas, todo apunta a que debemos reconsiderar con ollos novos os vellos recursos renovábeis e, sobre todo, repensar os usos finais desa enerxía o que, á súa vez, nos obrigará a repensar todo o tramado socioeconómico. O reto é vertixinoso e quizás por iso deixámonos engaiolar por todo o que semella unha solución máis cómoda, afastándonos doutras definitivas e mentres nos achegamos a unha crise enerxética cada vez máis seria.

Fonte: artigo extraído do Igadi Annual Report 2013-2014
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning