Autor/a

Plataforma cara a Río+20 Chile

banner_consello_peq

Categorías

Río+20: entre o capitalismo verde e a defensa dos bens comúns
Río+20: entre o capitalismo verde e a defensa dos bens comúns

Como antesala da vindeira Copa do Mundo de 2014 e os Xogos Olímpicos de 2016, Río de Xaneiro prepárase para ser sede, entre o 20 e o 22 de xuño, dunha nova Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento. Pero, o que está en xogo en Río+20? Cales son as propostas oficiais, as presións corporativas e as demandas desde a sociedade civil? Quen son os actores principais, os secundarios e os ocultos? Quen teñen realmente o poder? É necesario algo de historia para entender como se chega a este novo Cumio da Terra.

Estocolmo ‘72

A febre do crecemento económico de postguerra, expresada na intensificación da industrialización e o extractivismo na segunda metade do século XX, levaron ás nacións do norte global a experimentar fenómenos de contaminación transfronteiriza que por primeira vez concibiron como problemáticas necesarias de ser debatidas e enfrontadas, non de xeito particular e illado, senón como cuestións globais, no seo das Nacións Unidas.

Por certo, os impactos sociais e ambientais xerados, desde as épocas coloniais, polos estados ou empresas dos países industrializados nos países do sur global, xa sexa por procesos de contaminación local ou depredación, nunca foron, até hoxe, concibidos como unha cuestión global digna de ser debatida internacionalmente.

Pode ou non ser casualidade que, tendo sido a contaminación do Mar Báltico por emisións afastadas unha das máis notorias e evidentes situacións de crise ambiental global, a primeira Convención de Nacións Unidas para o Medio Ambiente Humano realizouse en Estocolmo en xuño de 1972.

Estocolmo ‘72 foi tamén escenario do primeiro cumio paralelo impulsado por organizacións ambientalistas, dominadas daquela polas conservacionistas que tiñan expresión principalmente nos países do norte, como a Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN, 1948), The Nature Conservancy (TNC, 1951) e o Fondo Mundial para a Vida silvestre (WWF, 1961). Xurdían tamén organizacións cun prisma máis político, como Amigos da Terra (1969), fundada por un director do antigo Sierra Club (1892), molesto pola debilidade do seu rexeitamento á enerxía nuclear.

Chile, como boa parte da América Latina, mantíñase ausente destes debates globais emerxentes, mergullado na axitación política que o sacudía entre o progresismo socialista e a reacción da dereita económica. Esta sairía finalmente vitoriosa a punta de golpes militares, e, sobre a base desta mesma forza militar, sentaría as bases para impor no noso país un modelo sen precedentes en canto ao sometemento dos bens comúns –sociais e naturais– ao poder do mercado.

No entanto, as problemáticas e as organizacións ambientais non foran do todo inexistentes no escenario nacional. En 1968 nacía a primeira ONG ecoloxista, o Comité pro Defensa da Fauna e Flora (CODEFF), como resposta a conflitos de contaminación urbana e as ameazas sobre ecosistemas e especies en perigo. Os parques nacionais comezan a evolucionar desde “areas de interese ambiental” cara ao de “lugares de conservación e preservación dos ecosistemas de importancia nacional”.

A comezos dos anos ‘70, xa se empezaban a facer sentir voces de comunidades afectadas pola contaminación industrial, como o –agora, amplificado– caso de Puchuncaví, cuxos agricultores labregos e pescadores artesanais xa reclamaban polo impacto das flamantes fundicións de cobre –entón de ENAMI– e planta termoeléctrica de Ventanas, daquela ambas as dúas estatais. Contan que o goberno da Unidade Popular encargara a Romenia unha planta de acedo sulfúrico para mitigar as emisións de dióxido de xofre da fundición, e que tivo que devolverse en plena viaxe debida ao golpe militar.

A Estocolmo sucedérona, durante os ‘70, unha serie de conferencias mundiais sobre “cuestións globais”: poboación, alimentación, asentamentos humanos, auga, desertificación, ciencia e tecnoloxía, etc, que avanzaban cara a nova concepción dun sistema global interrelacionado, operando baixo restricións comúns.

As iniciativas políticas dos gobernos víronse acompañadas dunha crecente produción bibliográfica que relaciona o desenvolvemento socioeconómico e a ecoloxía, que ten un fito en “Os Límites do Crecemento”, do Club de Roma (1972), que van orientando os consensos cara a un paradigma que fose aceptábel para as elites internacionais do desenvolvemento, que non cuestionase o seu liderado e, baixo unha noción de ecosistemas globais, dirixise a atención a un terceiro mundo superpoboado e insustentábel.

Desenvolvemento sustentábel: un novo paradigma?

Logo dun escabroso camiño, a política internacional produciu en 1987 o Informe da Comisión de Mundial do Medio Ambiente e Desenvolvemento, máis coñecido como Brundlandt –polo apelido da ex-primeira ministra norueguesa que o dirixiu–, dando a luz o paradigma do “desenvolvemento sustentábel” –ou “sostíbel”–, que incorpora a variábel ambiental e da dispoñibilidade de recursos naturais no longo prazo, non como unha responsabilidade ética, senón como parte dunha estratexia para asegurar o crecemento futuro.

Así como ao redor de 1970 o “crecemento con equidade” –que chegaría a Chile no 2000 como slogan de campaña presidencial– fora o concepto para reinventar o desenvolvemento: Máis desenvolvemento para eliminar a pobreza –que se intensifica co desenvolvemento–; agora o “desenvolvemento sustentábel” era a nova pedra filosofal: Máis desenvolvemento, para eliminar a pobreza, que impide o uso sustentábel dos recursos.

As avaliacións retrospectivas de persoeiros do ambientalismo nacional e internacional sobre o desenvolvemento sustentábel e a súa vixencia non son xenerosas. Para o destacado Enxeñeiro Agrónomo Nicolo Gligo, Director do Centro de Análise de Políticas Públicas da Univ. de Chile e Coordinador do Informe sobre o Estado do Medio Ambiente de Chile, “o famoso paradigma do desenvolvemento sustentábel non ten ningunha validez. Desenvolvemento sustentábel ten tantas interpretacións como vontades políticas para manexar o ambiente. (..) É unha trampa semántica como outras que xa se fan frecuentes na temática ambiental, e onde desafortunadamente, tropezan moitos cidadáns”.

Para Nnimmo Bassey, presidente de Amigos da Terra Internacional e Premio Nobel Alternativo 2010, “o desenvolvemento sustentábel mudou nun oxímoron, unha contradición de termos. (…) O que se busca é a acumulación sostíbel dos beneficios, o poder militar e os dereitos de explotación acelerada dos ecosistemas e os pobos vulnerábeis.”

Río ‘92

Así, pasando sobre os cascallos do muro de Berlín, chegouse á primeira Conferencia de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, tamén chamada Cumio da Terra, celebrada en Río de Xaneiro en 1992, que congregou a representantes de 178 gobernos –125 xefes de Estado– e uns 400 representantes de ONG, que se suman a unhas 17 mil persoas que participaron no Foro Paralelo ao cumio.

O Cumio da Terra emitiu a Declaración de Río sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, que aclara o concepto de desenvolvemento sustentábel e establece principios para o seu impulso. Alí adóptase a chamada Axenda 21, que achega recomendacións para alcanzar o desenvolvemento sustentábel en múltiples eidos, como a saúde, a vivenda, a contaminación do aire, a xestión dos mares, bosques e montañas, a desertificación, a xestión dos recursos hídricos e o saneamento, a xestión da agricultura, a xestión de residuos.

De igual xeito, en Rio ‘92 aprobouse a Declaración sobre os Bosques, o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e a Convención sobre o Cambio Climático, que máis adiante levou á sinatura do Protocolo de Kyoto (1997).

Nícolo Gligo avalía que “a Axenda 21 foi tan ampla e xenérica que mudou nun instrumento inútil. (…) No entanto, algunhas convencións como a referida á capa de ozono derivaron en políticas específicas que se traduciron en importantes avances para diminuír os efectos das sustancias contaminantes.”

Bassey afirma que “os acordos do Cumio da Terra foron sistematicamente subvertidos e negados. Durante os últimos 20 anos o sistema global foi en gran parte privatizado e os bens comúns reducíronse debido a estas presións. A Axenda 21 converteuse nun tabú para as forzas do capital.”

Efectivamente, dotándose ao crecemento económico dun selo ambiental, comezou o traspaso masivo de recursos e instrumentos para o manexo ambiental desde o ámbito público cara ao ámbito de decisión das corporacións privadas e as institucións financeiras internacionais (IFIs), canalizadas na vía das reformas estruturais e a minimización dos Estados.

E que pasaba en Chile?

En Chile, a recuperada democracia daba os seus primeiros e torpes pasos, e emprendía, entre todos os seus desafíos, o de actualizar as políticas públicas naqueles temas emerxentes que xa eran relevantes en gran parte do mundo.

Pero, como noutros eidos da política nacional, a elaboración e implementación de políticas explícitas e institucións para a protección ambiental, da man dunha sociedade civil expectante e entusiasta por participar nestes temas, chocaron desde o comezo coa mantención e preeminencia das bases e os criterios do modelo neoliberal, que subordina as decisións públicas ao funcionamento do mercado e os obxectivos de crecemento económico, baixo a condución das elites empresariais con crecente presenza multinacional.

Así, no laboratorio neoliberal que seguiu sendo Chile durante os gobernos da Concertación –agora con lexitimidade democrática–, a diversidade cultural e biolóxica, a beleza escénica, o coñecemento tradicional e os dereitos de pobos indíxenas, o coidado e acceso a bens comúns –a auga, o aire, a terra, as sementes– foron valores permanentemente desprezados en beneficio dos intereses corporativos de sectores depredadores como a gran minaría, a megaxeneración enerxética e a transmisión eléctrica, a industria forestal, a agroindustria, a pesca industrial e a salmonicultura, o sector inmobiliario e o retail nas cidades. Isto é, polos donos de Chile.

A pegada do “desenvolvemento sustentábel” en Chile é unha extensa ferida conformada por ecosistemas esnaquizados e especies desaparecidas, comunidades rurais e urbanas violentadas e desarraigadas, perda de patrimonio natural e construído. Todo, en nome do crecemento e sobre a base da desigualdade e a inxustiza social.

As tendencias do ambientalismo

Conforme os Estados nacionais e as Nacións Unidas cedían soberanía –por dereito, dos pobos– en favor das corporacións multinacionais e as Institucións Financeiras Internacionais, comezou tamén a expresarse unha diverxencia que sería definitiva no ambientalismo cidadán.

Por unha banda, un mundo de ONGs pragmáticas, que non cuestionan o funcionamento xeral do sistema socioeconómico e que, pola contra, –reducidos e ausentes os Estados– válense do capital privado e de alianzas cos seus actores máis poderosos para levar adiante as súas accións, cada vez máis restrinxidas en termos de espazos e obxectos ambientais a conservar e cada vez máis orientadas á limpeza de imaxe das industrias sucias, baixo o concepto da “responsabilidade empresarial”.

Ricardo Navarro, presidente do Centro Salvadoreño de Tecnoloxía Apropiada (CESTA), premio Goldman 1995, sinala que “xurdiron moitos que o que buscan é darlle unha maquillaxe verde ás corporacións, ou sexa permitindo que a explotación de recursos e disposición de refugallos continúe como sempre, pero desenvolvendo algún proxecto ambiental que lle dea imaxe ás corporacións”.

As maiores expoñentes deste tipo de organización son as xa mencionadas WWF, UICN e TNC, así como a fundación AVINA, asimilábeis hoxe a grandes empresas –polos seus obxectivos e nivel de orzamento– e con acordos de “greenwashing” con empresas multinacionais devastadoras, como a petroleira Shell ou a cementeira HOLCIM.

Doutra banda, vaise desenvolvendo un crecente movemento internacional, constituído por organizacións e redes que tenden a converxer na demanda por “xustiza ambiental”, a que, baixo as definicións da ecoloxía política, exponse, nunha posición sistémica, marcadamente antineoliberal, a defensa da comunidades e os pobos nos conflitos ambientais causados polo crecemento económico e a desigualdade social, nos planos local, rexional, nacional e global.

Aquí destacan redes como A Via Campesina, que reúne organizacións campesiñas de base de todo o mundo, coa demanda principal da soberanía alimentar; a federación Amigos da Terra Internacional, integrada por organizacións diversas de 76 países; a rede global Xubileo Sur, que baixo o lema “Nós somos os acredores” relaciona a ilexitimidade da débeda externa dos países en desenvolvemento coas débedas históricas, sociais e ecolóxicas contraídas polo mundo desenvolvido co sur global; así como organizacións nacionais como a española Ecoloxistas en Acción, a ecuatoriana Acción Ecolóxica, e, en Chile, o Observatorio Latinoamericano de Conflitos Ambientais.

No medio, destaca Greenpeace (1971), a maior organización ambientalista internacional, en termos da cantidade de membros, realiza a súa actividade mediante o activismo e as campañas públicas en ámbitos específicos de preocupación ambiental no nivel nacional –nos países en que se atopa– e global. Aínda que non ten un prisma político nítido, basea a súa ética organizacional na decisión de non recibir financiamiento de empresas nin gobernos.

Cooptación internacional e diverxencias nas Nacións Unidas

Durante estes vinte anos, e marcadamente a partir da inútil Rio+10 durante os últimos dez, evidenciouse unha crecente cooptación corporativa do proceso de Nacións Unidas, o que se evidenciou particularmente nas negociacións no marco das Convencións de Cambio Climático e Biodiversidade.

Isto foi recentemente posto de relevancia polos movementos sociais, mediante unha declaración, asinada por milleiros de organizacións, en que expresan: “o preámbulo da Carta das Nacións Unidas comeza coas palabras ‘Nós os pobos das Nacións Unidas resoltos’ (…) con todo, os intereses das empresas ameazan con tomar precedencia na ONU por riba das voces dos pobos”.

Como probas, a declaración destaca: “As axencias da ONU como UNICEF, o PNUD, a OMS e UNESCO comprometéronse en asociacións con importantes empresas transnacionais. O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente estableceu asociacións con ExxonMobil, Río Tinto, Anglo American e Shell, que son empresas que están implicadas en violacións dos dereitos humanos e destrución da biodiversidade”.

Tamén houbo diferenzas dentro dos procesos oficiais de negociación sobre medio ambiente en Nacións Unidas, onde –máis aló das transitorias confrontacións de énfases entre bloques como o G77, as potencias industrializadas e as emerxentes– foi o goberno de Bolivia, acompañado intermitentemente polos seus compañeiros da ALBA e outros “díscolos”, que ergueron as posicións máis alternativas, baixo os conceptos do Bo Vivir, os dereitos da Nai Terra e a débeda climática.

No entanto, tal como tamén aconteceu no Ecuador, estas posicións ”pachamamistas” expresadas en instancias internacionais víronse contraditas na implementación real de políticas e plans desenvolvementistas e proempresariais no territorio nacional –plurinacional, no caso boliviano–, provocando o rexeitamento de importantes grupos sociais, principalmente indíxenas.

Río+20 e a economía verde

O novo Cumio da Terra non xera as expectativas da de hai dúas décadas, non só pola historia aquí exposta, senón porque vén oficialmente forzando principios e instrumentos, baixo o concepto da “economía verde”, que explicitamente orientan as negociacións no sentido da profundización do modelo de mercantilización da natureza e o ambiente, estreado hai anos mediante os cuestionados e fracasados mercados de carbono. Isto xa se evidenciou nas primeiras versións do “Borrador cero” da declaración de Río+20, titulada “O futuro que queremos”.

O elemento crave da economía verde é a valorización económica e a transabilidade dos chamados “servizos ambientais”, ofertados de balde pola natureza, como a dispoñibilidade de auga, alimentos e plantas medicinais, a captura de carbono, a regulación climática, a prevención de desastres e até se menciona á cultura e o coñecemento de pobos indíxenas.

En palabras de Frei Betto, teólogo e escritor brasileiro, no seu recente artigo “Véndese a natureza”: “Na lóxica capitalista o valor de cambio dun ben está por riba do seu valor de uso. Polo cal os bens naturais deben ter prezo.” E agrega: “Os consumidores dos bens da natureza pasarían a pagar, non só pola administración da ‘manofactura’ do produto –igual que pagamos pola auga que sae pola billa na casa–, senón polo ben mesmo. Acontece que a natureza non ten conta bancaria para recibir os cartos pagados polos servizos que presta. Os defensores desta proposta afirman que, xa que logo, alguén ou algunha institución debe recibir o pagamento –o don da selva ou do ecosistema–.”

Para Gligo, “os resultados de Río+20 serán mínimos. Teño a soa expectativa de verificar como os contubernios entre os intereses dominantes se inxenian para evadir os temas ambientais de fondo.” Para el, a economía verde é “outro cabaliño de Troia que vén substituír termos desgastados e inoperantes. A proposta de economía verde, no canto de quedar en declaracións fachendosas, debería profundar sobre o tema das transnacionais que dominarían esta economía”.

Ricardo Navarro afirma que “a economía verde non cuestiona as causas fundamentais do problema, senón que as toma como base e sobre elas propón unha serie de tecnoloxías e procesos que continúan co crecemento económico”.

Nnimmo Bassey sostén que “o espectro da crecente mercantilización da natureza porá cargas inaceptábeis sobre as poboacións e territorios, e someterá ao planeta a un maior risco. Non hai dúbida de que o único grupo de persoas que van a Río+20 con grande expectativa son as empresas que xa capturaron ao sistema”.

A estratexia dos movementos sociais

Para os movementos pola xustiza ambiental, o cumio oficial de Río+20 non ofrece as expectativas de mudanzas estruturais que a gravidade das crises globais esixen, e concentran os seus esforzos nas articulacións e a acumulación de forzas para promover estes cambios a partir dos propios pobos e a súa organización.

Este é o sentido da Plataforma socio-ambiental cara a Río+20, constituída por máis de vinte organizacións chilenas de diversos sectores –ONG, ambientalista, DDHH, campesiño, estudantil, sindical e outros– que, xunto con denunciar a exclusión e opacidade do goberno na definición da posición chilena en Río+20, trazaron un camiño de debates, encontros e mobilizacións con organizacións e comunidades de distintas zonas do país, proxectando e vinculando as súas loitas cara ao futuro.

E esta é a esencia da convocatoria ao gran Cumio dos Pobos, “?en defensa da vida e os bens comúns, a xustiza social e ambiental, contra a mercantilización da natureza e a economía verde”, que se desenvolverá entre o 15 e o 23 de xuño, concluíndo en paralelo con Río+20.

O Cumio dos Pobos está estruturado en tres eixos: a denuncia das causas estruturais da crise, as falsas solucións e as novas formas de acumulación do capital; o impulso ás solucións reais e os paradigmas alternativos dos pobos; e a construción colectiva da axenda, campañas e mobilizacións comúns máis aló de Río+20.

En palabras de Nnimmo: “Río+20 oferta un momento importante para os movementos de masas para unirse e forxar unha visión dun mundo desexado e establecer claramente o tipo de Futuro que NON Queremos. Este é o momento”.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning