Autor/a

Xornalista, especialista en temas ambientais. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Sen bosques non hai vida
Sen bosques non hai vida

A idílica imaxe da Galicia verde é en realidade un monocultivo con­tinuo onde a non ten cabida.

Pese a que a superficie forestal representa o 70% do país, do bosque atlántico galego apenas queda o 1% do total -localizado en fragas moi fragmentadas e nas ri­beiras dos ríos-, mentres especies foráneas campan ás súas anchas por mor dunha expansión sen freo nin ordenamento. A metade da su­perficie de eucaliptal presente no Estado localízase en Galicia, onde ocupa máis de 400.000 hectáreas, mentres que o monte público -que a lei asigna un obxectivo de conser­vación- apenas representa un 2%. Proliferación incontrolada de exó­ticas invasoras, incendios forestais, curtas incontroladas, pragas e ur­banismo desmedido contribúen, ademais de a destruír un dos sím­bolos da nosa identidade, a acabar cun patrimonio natural autóctono e as especies asociadas ó seu hábitat.

Fragas do Eume. Foto: Kiko Delgado

Fragas do Eume. Foto: Kiko Delgado

Ante esta situación e con motivo do Día Mundial da Biodiversidade, que se celebra o domingo baixo o lema Biodiversidade Forestal, o tesouro vivinte da Terra, ecoloxistas e ex­pertos lanzan un chamamento pa­ra recuperar e preservar estes fráxi­les reductos de vida. “Unha planta­ción de piñeiros ou eucaliptos non é un bosque, só un conxunto de ár­bores. Un bosque é un ecosistema complexo e imprescindible para a vida, ó constituír o hábitat de dous terzos das especies do planeta”, ex­plica Adolfo Cordero, profesor da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal da Universidade de Vigo. Ademais, regulan a auga, conservan o solo e a atmosfera e ab­sorben o dióxido de carbono cau­sante do efecto invernadoiro. A pe­sar da súa importancia, ó redor de 14 millóns de bosque desaparecen ó ano en Europa, segundo os datos achegados onte pola Fundación Fé­lix Rodríguez de la Fuente.

A culpable da regresión: a xestión das administracións
As administracións son apuntadas como principais culpables desta si­tuación. “Lexislatura tras lexislatu­ra, vense primando o sector produti­vo sobre o resto”, denuncia Alexan­dre Cendón, integrante da Federa­ción Ecoloxista Galega (FEG), que non dubida en reclamar unha políti­ca forestal que prime a función eco­lóxica do monte, evitando a plan­tación de monocultivos, rendibles económicamente pero altamente prexudiciais para o medio. A idea é compartida por Cordero: “En Ga­licia favorécese a produción de ma­deira, que supón un beneficio a cur­to prazo. Algo lóxico dende o pun­to de vista empresarial pero non da Administración, que debería pensar máis no futuro”, afirma o profesor, quen achega outro dato: a Adminis­tración está gastando máis cartos en apagar lumes do que obtén coa actividade do sector forestal, que re­presenta o 3′5% do noso PIB.

A esta denuncia tamén se sumou onte Adega, que suspendeu á Xun­ta en materia de xestión. Unha das Redes Natura máis baixas do Esta­do -co 12% do territorio protexido fronte ó 24% do Estado- e uns ins­trumentos de xestión sen desenvol­ver, Adega non dubida en acusar á Administración de “desleixo e inac­ción” á hora de protexer a biodiver­sidade. Unha actitude pasiva á que se engade á posta en marcha do que Fins Eirexas, secretario executivo de Adega, deu en chamar a “maqui­naria de desfeita do territorio”. Plan Eólico, modificación da lei urbanís­tica, recortes no monte en manco­mún, presión sobre os humidais ou o “novo asalto urbanístico ó litoral” son algunhas das compoñentes si­naladas.

Custodia forestal: 2€ para conservar un metro de fraga

A falta de concienciación por parte das Administracións de­be ser suplida pola acción da cidadanía. Este é o chamamen­to que fai a asociación ecoloxis­ta Adega para conseguir que as fragas, os soutos e os de ribeira non sexan cousa do pasa­do. ¿Como? A través da adquisi­ción de terras en regresión nas que realizar un aproveitamento sostible que permita conservar valiosos hábitats naturais. Así, baixo o lema Eu axudo a conser­vas as fragas galegas, Adega ini­cia unha colecta entre a socie­dade galega a un prezo simbó­lico: dous euros por cada metro cadrado de terra. “Pagaremos o dobre do que pagou Pescanova á hora de adquirir terreos pro­texidos en Touriñán para levar a cabo a súa macropiscifactoría”, esgrimiu Fins Eirexas. A campa­ña foi presentada onte en San­tiago por parte de Pepe Salva­dores, vogal de biodiversidade de Adega, quen incidiu en que o obxectivo é converter estes te­rreos nun ben público. As pri­meiras accións levaranse a cabo no concello da Agolada, onde Adega conta con 9.000 metros cadrados de terra, pero estende­rase a todas aquelas zonas con hábitats en perigo e que haxa posibilidade de compra.

Con esta iniciativa, Adega pretende introducir a figura da custodia no eido forestal, tras facelo nos ecosistemas fluviais -a través do seu exitoso Proxec­to Ríos e a recente posta en mar­cha da rede de custodia fluvial Lérez, Ulla e Umia- e no litoral -como o Proxecto Corna en Co­rrubedo-. Así o recordou onte a presidenta de Adega, Virxina Ro­dríguez, quen apunta que hoxe, como antesala do Día da Biodi­verdade, Adega celebra hoxe na Eira da Xoana, en Ramil-Agola­da, o acto simbólico de adopción dun tramo do río Ulla.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning