PROXECTO INTEGRAL DE COMUNICACIÓN ALTERNATIVA E TRANSFORMACIÓN SOCIAL
Dende Galiza, Altermundo fai seu ese lema zapatista de abaixo e á esquerda está o corazón para camiñar outros camiños, para percorrer as novas e esperanzadoras corredoiras do social, que se opoñen ás cínicas e esgotadas vías políticas que esnaquizan a humanidade. Como ten que ser…
- movementos sociais e as súas alternativas
- ecoloxía social
- alternativas políticas antihexemónicas
- análise do neoliberalismo
- difusión e xeración de información, pensamento e reflexión.
Altermundo traballa nos campos:
- da información (dirixida aos movementos sociais e dende os movementos sociais)
- do pensamento (difundindo creacións galegas propias e alleas e traducindo ao galego reflexións e estudos doutras partes do mundo)
- da acción (participando activamente nos movementos sociais e difundindo as súas inquedanzas e propostas alternativas)
Os contidos principais nos que se artella a súa web son:
- Eivas (o que nos doe do mundo)
- Alternativas (os novos camiños propostos)
- Pensamentos (opinións variadas de autores/as)
- Polo miúdo (reportaxes máis en profundidade)
- Que é o que di (entrevistas)
- Movementos (quen e como camiñamos)
- Ecoloxía Social (o problema central)
Asímesmo, dispón doutras categorías máis específicas: Galiza, campañas, diversos especiais, etc.
Altermundo traballa con información propia, xerada por colaboradoras e colaboradores e difundida tamén cara outros espazos no eido mundial, e información allea, froito da colaboración con outros medios do mundo. Difunde esta información vía internet e con publicacións en papel (Suplemento Horizontal Altermundo) e noutros medios de comunicación, funcionando tamén como axencia de información e instituto de estudo organizando e colaborando en accións, xornadas, congresos, etc.
Altermundo conta cun Consello Editorial que podedes consultar aquí cuxas opinións recaen neste apartado
Calquera colaboración é ben recibida: Contacto
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ALTERMUNDO: De como traballamos


