Autor/a

Profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Membro do Consello Editorial de Altermundo

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Sobre as agresións que padecen as universidades públicas
Sobre as agresións que padecen as universidades públicas

O intre no que nos atopamos é singularmente delicado para o ensino público, en xeral, e para o ensino público universitario, en particular.

Se non somos quen de artellar respostas convincentes, contundentes e imaxinativas contra as agresións que un e outro soportan, ben podemos asistir a un retroceso cabal que faga que a recuperación sexa extremadamente custosa en termos de esforzos e de tempo.

Conveñamos en que o que temos que afrontar agora non é novo. Hai moito tempo que as universidades públicas padecen agresións que apuntan en dúas grandes direccións: a mercantilización e a privatización. Diso encargáronse os sucesivos gobernos populares e socialistas. Importa subliñalo porque, ao meu entender, a nosa resposta non debe tomar como horizonte a recuperación dun pasado que de ningún xeito debemos idealizar, senón, así a todo, a construción dun futuro moi diferente.

Nas universidades públicas son dous, polo demais, os fitos principais que marcan a situación actual. O primeiro configúrao, como non, o chamado plan de Boloña, que en todos os seus elementos subordinouse a ese dobre obxectivo, xa mencionado, da mercantilización e a privatización. Se Boloña foi aprobado nun momento de relativa folgura orzamentaria, a súa aplicación verificouse, en troques, nun escenario de visíbeis estreitezas económicas. O efecto final foi que, lonxe de dar satisfacción das súas metas maiores, traduciuse ante todo nunha formidábel expansión do caos nas universidades. Estas non están a formar eses licenciados submisos e tecnocratizados que se esperaban, da mesma sorte que as empresas privadas non fixeron a súa aparición, como se prevía, nos campus.

Nalgunha ocasión manexei a intuición de que Boloña ilustra de xeito ben claro a corrosión terminal do capitalismo: se este exhibise a súa vitalidade do pasado, tería a intelixencia de frear, en espera de mellores tempos, a aplicación do plan. Alguén sentirá a tentación de subliñar, ben é certo, que nos feitos Boloña non é senón un primeiro paso nun camiño que debe abocar na definitiva implantación da chamada Estratexia 2015, cunha plena entronización do beneficio e dos intereses do sector privado, ao que correspondería até a designación dos máximos responsábeis universitarios, e cunha formidábel operación de desvío de recursos cara a universidades, de novo, privadas.

O segundo fito configúrano, claro, os dos últimos tempos. Como é sabido, son o resultado dunha xenuína nacionalización da débeda privada –pagaremos todas o que fixeron, no seu descarado proveito, uns poucos–, a segunda traduciuse no firme de designio de non distinguir entre débeda lexítima e aquela que non o é. Tomémonos a molestia de identificar as principais secuelas dos aprobados.

(a) Producíronse, en primeiro lugar, subidas notabilísimas nas taxas que afectan aos graos e aos posgraos universitarios. Polo que aos primeiros se refire, conforme aos datos que manexa a plataforma de traballadores da UAM, e por propor un exemplo, no caso das Humanidades o incremento da matrícula conduciu esta desde 840 a 1.280 euros entre o curso anterior e o presente; a subida foi dun 52%. Os aumentos operados nas Enxeñerías son da orde do 30%, dun 28% nas Ciencias Experimentais e dun 24% en Menciña, Enfermaría e Nutrición. Máis preocupante é, se cadra, a elevación no custo da segunda e das sucesivas matrículas: se nun grao de Ciencias Sociais a terceira matrícula custaba 1.440 euros o curso pasado, neste reclamará 4.300.

Polo que respecta aos posgraos, o escenario presente está ben afastado dos "prezos públicos" que se prometían anos atrás. Se no caso dos de Profesorado e Idiomas as taxas pasaron de 1.553 a 2.100 euros, no das Enxeñerías a subida foi desde 1.975 a 2.580 euros. E ollo que hai posgraos máis caros, tendo en conta que as sumas anteriores refírense aos de 60 créditos: os custos son moitos máis onerosos cando falamos de posgraos de 90 ou 120 créditos. Para que nada falte, aínda máis espectaculares foron os medres de taxas que están chamadas a padecer os alumnos estranxeiros: os 1.534 euros que custaban os 60 créditos do máster de Estudos Hispánicos da UAM mudaron nada menos que en 10.000.

Convén situar os datos que acabo de manexar nunha orde de cousas preciso: cando moitos alumnos, angustiados pola crise, teñen por lóxica que asumir obrigas –non precisamente agradábeis– no eido laboral, o escenario que se lles impón é moito máis duro e ingrato, algo particularmente apreciábel á calor das subidas experimentadas polas segundas ou terceiras matrículas, e do descenso dramático no número e na contía das bolsas, con graves efectos en materia do xa de seu descafeinado principio de igualdade de oportunidades.

(b) Estamos a asistir, en segundo termo, ao que a miúdo son rescisións masivas de contratos de profesores e de persoal administrativo e de servizos, nun marco no que as xubilacións, por riba, non se amortizan. Nesta orde de cousas hai que preguntarse polo nulo porvir laboral dos profesores non funcionarios e polo futuro, inquietante, dos investigadores Ramón e Cajal e Juan da Cierva. Os retrocesos, dramáticos, experimentados polo gasto en investigación e desenvolvemento anuncian un panorama moi delicado neste terreo.

(c) Unha terceira manifestación dos recortes afecta, como é sabido, aos salarios, obxecto de sensíbeis reducións, e ás xornadas laborais, con frecuencia prolongadas, nun escenario de extensión palpábel da precariedade.

(d) Todo o anterior viuse acompañado, en suma, polo que é unha xeral expansión das políticas de privatización de servizos enteiros.

Se teño que mal resumir o que acabo de sinalar, creo que servirán cinco ideas básicas. Son estas:

  1. Estamos a asistir a agresións sen conto contra o principio de igualdade de oportunidades, chamadas a danar gravemente os dereitos de dúas xeracións de concidadáns.
  2. A cacarexada "apertura á sociedade" da que presumen os nosos gobernantes non é outra cousa que unha apertura aos negocios das empresas privadas: os beneficios áchanse claramente por riba da formación humanística, crítica e integral das persoas.
  3. Todas as medidas adoptadas despregáronse en ausencia de procedementos democráticos de discusión: a imposición é a regra xeral que abrazan os responsábeis do Ministerio de Educación.
  4. Estase facendo valer unha vulneración permanente da autonomía universitaria. O ministro Wert non só sinala canto hai que recortar: empéñase en explicar puntillosa e obsesivamente onde deben producirse os recortes.
  5. O propósito das medidas alentadas polo Goberno español, e no seu caso polos Gobernos autonómicos, non é, con toda evidencia, facer fronte ao pago da débeda: do que se trata é de mudar, con esa escusa, o modelo do ensino público, e en particular o do universitario, e de facelo, naturalmente, en proveito da mercantilización e da privatización máis descarnadas.

Este é o panorama que nos obriga a reaccionar de xeito convincente, contundente e imaxinativo.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning