Autor/a

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Sobre o partido-movemento
Sobre o partido-movemento

É duro dicilo, pero parece que a ultradereita grega comprendeu mellor a Gramsci que a maior parte da europea. Unha crónica publicada recentemente mostraba á Aurora Dourada como un "Estado dentro do Estado". Escribía a xornalista:

Aurora Dourada preséntase como capaz de encher os ocos deixados polo Estado. Na páxina web oficial e nas dos grupos locais anúncianse distribucións de comidas, servizos de asesoramento para a procura de traballo, visitas a residencias de anciáns ou fábricas en crise.

Sabido é que finalmente este movemento cumprirá a función que historicamente cumpre sempre o fascismo en tempos de crise: disciplinar ás poboacións para aceptaren as políticas autoritarias que precisa o sistema económico cando non ten máis remedio que mudar o goberno en dominación. Pero, é certo, e ben triste, que neste proceso de fascistización do Estado, algunhas das prácticas organizativas da estrema dereita sexan o máis parecido a aquela concepción gramsciana do cidadán subalterno en tanto que "funcionario" dun novo Estado que está xa a nacer dentro do Estado existente.

A fórmula "conquista do Estado" debe ser entendida neste sentido: creación dun novo tipo de estado, orixinado na experiencia asociativa da clase proletaria, e substitución por este do estado democrático-parlamentario." [Antonio Gramsci, Escritos políticos (1917-1933)]

Cando dicimos que Anova (ou AGE?) debería ser un partido-movemento, deberiamos ter na cabeza este tipo de praxe, análoga á doutros movementos que actúan na capilaridade social (como as grandes igrexas evanxélicas de norte e sudamérica) que nada teñen que ver coa esquerda pero que non só son quen de dar asistencia material senón tamén pisocolóxica e afectiva ás maiores vítimas da desestruturación e da atomización social; e que conseguen levar a cabo aquilo que Manuel Martínez Barreiro propuña no segundo debate de #GalizaAnoCero celebrado hai uns días na Coruña: a creación de comunidade. Así era, por certo, a esquerda de principios do século XX, cando esta verdadeiramente representaba algo, e cando os seus líderes intelectuais non se atopaban separados organicamente do movemento.

Como ben di Perry Anderson en Consideracións sobre o marxismo occidental, foi precisamente Antonio Gramsci o derradeiro dos líderes intelectuais da esquerda que desenvolveron o seu traballo no seo do movemento. Depois del, a intelligentsia da esquerda iríase recluíndo cada vez máis na universidade, afastando as súas achegas intelectuais da práctica real das clases populares e dexenerando nunha escolástica académica cada vez máis abstracta e teórica.

Que a "esquerda occidental" leve décadas sen ser capaz (ou sen vontade) de facer algo tan sinxelo como un comedor popular di moito do acomodamento da súa militancia e da pouca vontade de se mesturar cos sempre incómodos e pouco interesantes "pobres reais". Pero a depauperación social ameaza con estenderse cada vez máis, ao tempo que as funcións asistenciais do Estado son eliminadas sen contemplacións. Ante esta situación, na que o risco de exclusión pendura sobre as cabezas de segmentos cada vez maiores da sociedade e na que a marxe de manobra para facer política de xestión nas institucións oficiais do Estado é cada vez máis pequena, semella que os esforzos organizativos dunha esquerda que se conciba a si mesma como algo máis ca unha maquinaria para posicionarse electoralmente deberían ir non tanto cara á formación dun simple partido político ao uso, senón de todo un entramado social incardinado na vida cotiá das clases populares.

E non debemos esquecer que, mesmo alá onde as clases poderosas teñen un maior control do Estado e son capaces de condicionar máis a lóxica deste en beneficio dos seus intereses, esas mesmas clases poderosas seguen a manter tamén o máis parecido a un "Estado dentro do Estado": o mundo da empresa e os medios de comunicación de masas. As empresas son ese lugar da sociedade civil no que as clases poderosas conseguen que a filosofía igualitarista que impregna toda a narración da democracia liberal se manteña en estado de excepción e no que rixa, de facto, a desigualdade, a xerarquía e a arbitrariedade. Así mesmo, os medios de comunicación son ese outro lugar que, presentándose como neutral, actúa como parte, e que ten unha capacidade desorbitada de influencia sobre a teórica posición equidistante do Estado a respecto dos intereses dos diversos grupos sociais. Fronte estes dous exemplos, as clases populares organizadas arredor da esquerda non contan con ningún tipo de contrapeso (o maís parecido era o sindicalismo que, co tempo, dexenerou en xestoría e nun piar máis do mundo da empresa) que se poida homologar a eses dous "Estados dentro do Estado" sostidos polas clases poderosas.

Non será nos Parlamentos senón neste baixar á rúa (entendido isto como algo diferente aos episodios fugaces de protesta) e en organizar de xeito duradoiro no tempo novas formas de institucionalidade, onde se poida desputar, cun mínimo de opcións de pintar algo, a hexemonía a aqueles que agora mesmo non teñen adversarios dignos de tal nome.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning