|
|
NÚMERO 30 (25/10/2009)A EDUCACIÓN ESTÁ EN VENDAO ‘mercado educativo’ está entre os meirandes obxectivos daqueles que, resgardados pola ‘liberdade’ do capital, só ven cartos nos dereitos sociais [páxs. 6 e 7] Tamén en portada: O G-20 NO PUNTO DE MIRA Cumprirá o G-20 na década vindeira o papel de faroliño verde do renacemento do movemento antiglobalización que cumpriu a OMC a finais da década de 1990? O filipino Walden Bello auguraba, antes de se celebrar, o que ía acontecer na xuntanza do G-20 en Pittsburg. UNHA RENDA, POR EXISTIR A proposta da Renda Básica toma se cadra máis sentido en tempos de crise. Mariló Hidalgo falou con Daniel Raventós, presidente da Rede Renda Básica, unha aspiración que permitiría tamén outros tipos de organización do traballo para así aspirarmos a graos de realización persoal e de liberdade máis elevados. HONDURAS RESISTE Erasto Reyes, membro da Fronte Nacional contra o Golpe de Estado en Honduras, cóntanos de primeira voz que é o que reclaman os de abaixo nun país dividido: 80% pobres, 20% ricos. PAX 2. EIVAS. O PROBLEMA DA DÉBEDA EN CINCO MINUTOS, por Observatorio da Débeda na GlobalizaciónPAX 3. (ANTI)GLOBALIZACIÓN. G-20 EN PITTSBURGH: FORMA SEN SUBSTANCIA, por Walden Bello (TNI-Focus on the Global South)PAX 4. PENSAMENTOS. VIVIR BEN: UN NOVO PARADIGMA EN BOLIVIA, por Katu Arkonada; REFORMULACIÓN DO NACIONALISMO DE ESQUERDAS, por Xurxo MartínezPAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (G/7G8, G20); Quen é IGANACIO RAMONET; O que ler: SOCIALISMO SÉCULO XXI (Reseña de Alfredo I. Diéguez); Rede de redes: MÉMOIRE DES LUTTES; Campañas: QUEN SON OS RESPONSÁBEIS DA CRISE AMBIENTAL?PAXS 6-7. POLO MIÚDO. O SISTEMA EDUCATIVO AXEONLLADO ANTE O MERCADO, por Santiago Quiroga (Rede Galega Anticapitalista)PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… DANIEL RAVENTÓS, Presidente da Rede Renda BásicaPAX. 10. CONVOCATORIAS. A CIDADANÍA MUNDIAL VOLVE A BELÉM. Axenda Global PARA NOVEMBRO: ANTIGLOBALIZACIÓN: 10 ANOS DA BATALLA DE SEATTLE; REAXINDO DE CONTINUO CONTRA O MERCADO GLOBAL; OS OXCARS CONTRA A SGAE TAMÉN SE VERÁN NA GALIZA; POLÍTICA E ACCIÓN ITINERANTES POR CENTROAMÉRICA; XIX CIMEIRA IBERO-AMERICANA EN PORTUGAL; APOIO A UN SAHARA INDEPENDENTE; MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECHEOS NA RÍA DE VIGO; MÁIS ACTIVISMO PARA NOVEMBROPAX. 11. RESISTENCIAS. CONTRA A DITADURA E ALGO MÁIS, por Manoel Santos (Altermundo). Entrevista con Erasto reyes, da Fronte Nacional de Resistencia contra o Golpe de Estado en Honduras.PAX 12. O REMATE. ‘MOON’, PROMETEO E A VELLA CIENCIA FICCIÓN, por Marga Tojo (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. A CREACIÓN DA FALA, por Gustavo Duch. Lembrando a Eduardo Galeano. |
|
|
NÚMERO 29 (27/09/2009)OBXECTIVO: MULLERES DO MUNDOO Foro Internacional Revela 2009, que anualmente celebra o Concello de Oleiros, reuniu eminencias no eido da fotorreportaxe para denunciar as violacións que, contra os dereitos das mulleres, cométense a cotío no planeta. Unha invisíbel, cruel e moi efectiva arma de guerra [páxs. 6 e 7] Tamén en portada: PORTUGAL ESCOLLE O país dos lusos e das lusas enfróntase hoxe ás eleccións lexislativas e o 11 de outubro ás locais. Renato Soeiro, coordenador europeo do Bloco de Esquerdas, fai unha análise dende unha óptica socialista e popular, radicalmente afastada da do Partido Socialista (PS). XOGANDO COA VIDA Falamos con Silvia Ribeiro (Grupo ETC, México), unha das meirandes expertas do mundo na loita contra as tecnoloxías que ‘xogan’ coas persoas e a natureza. Coa biopiratería, a bioloxía sintética, a xeoenxeñería ou a nanotecnoloxía, algunhas transnacionais concentran un excesivo poder que fai perigar a vida no planeta. CINEMA DO ALTERMUNDO O festival de cinema de Donostia recupera ‘Ma 6T va crack-er’, un filme de Jean-Françoise Richet, que xa en 1997 parecía prever as famosas revoltas da ‘banlieu’ parisina. Marga Tojo fai de enviada especial. PAX 2. EIVAS. O ESCÁNDALO DOS AGROCARBURANTES NO SUR, por François Houtart (Centre Tricontinental, CETRI)PAX 3. ALTERNATIVAS. A HORA DA TAXA TOBIN?, por Francisco Morote Costa (ATTAC)PAX 4. PENSAMENTOS. PORTUGAL A VOTOS, por Renato Soeiro (Bloco de esquerda); A CRISE ESTÁ A COMEZAR, por Michel HussonPAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (ALBA); Quen é ARUNDHATI ROY; O que ler: CRISIS Y RESPUESTAS EN LA RED; Rede de redes: BIODIVERSIDADE EN AMÉRICA LATINA; Campañas: SHELL CONTAMINA E ASASINA ACTIVISTAS.PAXS 6-7. POLO MIÚDO. AS MULLERES COMO ARMA DE GUERRA, por AltermundoPAXS 8-9. QUE É O QUE DI… SILVIA RIBEIRO, Investigadora e responsábel de programas do Grupo ETC en MéxicoPAX. 10. CONVOCATORIAS. UNHA MINGA GLOBAL POLA NAI TERRA. Axenda Global PARA OUTUBRO: MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E NON VIOLENCIA, FORO SOBRE ESPIRITUALIDADES ÉTICAS, SEMANA DE MOBILIZACIÓN CONTRA A DÉBEDA E IFI’S, FESTA DA SOLIGARIEDADE: unha década DE AMARANTE, TERRACTIVA. VI FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA, CONCERTO SOLIDARIO DE VIRAVENTOS, MÁIS ACTIVISMO PARA SETEMBROPAX. 11. ACTIVISMO. DEZ ANOS CONSTRUÍNDO SOLIGARIEDADE, por Xoán Hermida (Amarante).PAX 12. O REMATE. A MEMORIA FUTURA DO APARTHEID URBANO, por Marga Tojo (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. VISIÓNS, por Gustavo Duch. Eduardo Galeano. |
|
|
NÚMERO 28 (30/08/2009)COP-15: DESACORDO Á VISTAA catro meses da conferencia sobre o cambio climático de Copenhaguen todo indica que Nacións Unidas camiña cara un novo e perigoso fracaso Dende hai décadas sábese que a concentración de gases con efecto invernadoiro na atmosfera ten consecuencias sobre un cambio climático que pode ser catastrófico para o planeta e maila humanidade, e dende 1992 existe unha ferramenta política internacional para actuar sobre este problema: a Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático. Dende 2007, co cuarto informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC) é recoñecida polo mundo enteiro a necesidade de reducir as emisións antropóxenas de gases con efecto invernadoiro para estabilizar a súa concentración na atmosfera a niveis que permitan a vida na Terra. As solucións tecnolóxicas existen e sábese que o custo da redución de hoxe é menor que o custo da reparación mañá. No entanto, a decisiva 15ª Conferencia –COP15– das Partes da Convención, que se celebrará en decembro en Copenhaguen, non logrará os acordos necesarios. As diferenzas entre os países desenvolvidos e en desenvolvemento parecen insalvábeis. Gerardo Honty (CLAES) TAMÉN EN PORTADA: CIDADANÍA E POLÍTICA. DECRECER: NON HAI OPCIÓN. VANAKKAN 2009 PAX 2. EIVAS. MICROBIOS, GRIPE E PORCOS TRANSNACIONAIS, por Silvia Ribeiro (ETC Group)PAX 3. ALTERNATIVAS. CIDADANÍA E POLÍTICA GALEGAS: FIN DO DIVORCIO?, por David R. Rodríguez (O Funambulista Coxo)PAX 4. PENSAMENTOS. SUÍZA, UN ESTADO PARIA?, por Renato Soeiro (Bloco de Esquerdas); A NOVA CLASE CAPITALISTA, por Jordi Córdoba (Esquerra Unida i Alternativa- Girona); E VOSTEDE, QUE FONDO QUERE?, por Roberto Bissio (Third World Network / Socialwatch)PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (ALIANZA SOCIAL CONTINENTAL, AMAP, AMARC); Quen é WANGARI MAATHAI; O que ler: EL PLAN BOLONIA; Rede de redes: GZ-VÍDEOS; Campañas: O SUR RECLAMA A SÚA DÉBEDA CLIMÁTICA.PAXS 6-7. POLO MIÚDO. O NÓ DE COPENHAGUEN, por Gerardo Honty (CLAES –Centro Latinoamericano de Ecoloxía Social. En colaboración con ALAI –Axencia Latinoamericana de Información).PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… DECRECER OU… DECRECER, por Manoel Santos (Altermundo). Entrevista con SERGE LATOUCHE, Teórico do decrecemento. Profesor emérito na Universidade París XI, por Claudia Ciobanu (IPS).PAX. 10. CONVOCATORIAS. Si, podemos vivir sen capitalismo. Saúde sexual, reprodutiva e desenvolvemento. Axenda Global PARA SETEMBRO: O CONDADO: OUTRO MUNDO É NECESSÁRIO. RECLAMEMOS OS CAMPOS, VOLVAMOS A ELES. REVELA 2009, ACTIVISMO GRÁFICO EN OLEIROS. VI CONGRESO SOBRE AS MIGRACIÓNS NO ESTADO ESPAÑOL. XORNADAS DE ENSINANTES CON CIGANOS. CAMIÑO AOS 10 ANOS DE FORO SOCIAL MUNDIAL. MÁIS ACTIVISMO PARA SETEMBROPAX. 11. COOPERACIÓN. VANAKAMM 2009, por Quitéria Mejuto e Tatiana Conde (Implicadas no Desenvolvemento).PAX 12. O REMATE. CAMPAMENTO EUROPEO PARA CULTIVAR ALTERNATIVAS, por Vía Campesina. Viñeta de Kalvellido. TECNOLOXÍA PUNTA, por Gustavo Duch. Eduardo Galeano. dános as claves. [páxs. 6 e 7] |
|
|
NÚMERO 27 (26/07/2009)A CENSURA DEMOCRÁTICAIgnacio Ramonet prologa o último libro de Pascual Serrano, ‘Desinformación… Como os medios ocultan o mundo’, un raio de luz sobre a ditadura dos medios Por hábito ou por preguiza intelectual, partimos do principio de que a censura é o propio da ditadura, e non da democracia, cando en realidade hai que partir do principio de que a censura é o propio do poder, de todo poder. Nas ditaduras é o poder o que nos impide acceder á información. Na democracia é a propia información, por saturación, a que nolo impide. En democracia, a censura funciona por asfixia, por estrangulamento, por atasco. Xa non nos decatamos de que algunha información (precisamente a que máis faría falta), simplemente, non está. Altermundo publica en exclusiva o limiar de Ignacio Ramonet ao último libro de Pascual Serrano, un catálogo de barbaridades informativas da prensa hexemónica nos últimos anos. Unha entrevista co autor completa a información. [páxs. 8 e 9] Tamén en portada: NACIONALISMO E LINGUA, MÁIS VERDE NA ECONOMÍA, O G-8 FAI O DE SEMPRE PAX 2. EIVAS. O TOTALITARISMO DEMOCRÁTICO, por Alfredo Iglesias DiéguezPAX 3. ALTERNATIVAS. NACIONALISMO E CULTURA, por Xurxo Martínez GonzálezPAX 4. PENSAMENTOS. HONDURAS: POLA CUARTA URNA E A DEMOCRACIA, por Xavier Ron (Ospaaal Galicia); A VOLTA DAS CAMISAS NEGRAS, por Kostis Damianakis (MAB).PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (FINANCIARIZACIÓN); Quen é SAMI NAÏR; O que ler: DEL CAMPO AL PLATO; Rede de redes: KAOS EN LA RED; Campañas: DESTAPANDO OS SEGREDOS DALGÚNS BANCOS.PAXS 6-7. POLO MIÚDO. PENSANDO NUNHA ECONOMÍA ECOLÓXICA, por Xoán R. Doldán (Dpto. Economía Aplicada da USC).PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… A CENSURA DEMOCRÁTICA, por Ignacio Ramonet. Entrevista con PASCUAL SERRANO, Autor de ‘Desinformación. Como os medios ocultan o mundo’.PAX. 10. CONVOCATORIAS. Aló van dez anos de risas solidarias. As traíñas da Marcha Mundial das Mulleres. Axenda Global PARA AGOSTO: Galiza nunca foi terra de Touradas. Aprender bioconstrución en Ourense. Tres décadas do festival de Pardiñas. Festival da Mocidade em Ginzo de Límia. A especulación e as crises múltiples do planeta. Alter-Tour: por un planeta sen dopaxes. Encontros de verán: Palestina 2009.PAX. 11. NA PRENSA LIBRE. G-8, SEN NOVIDADES, por Esther Vivas e Josep Maria Antenas. AS FONTES DO NOVO MUNDO, por Gorka Andraka. HONDURAS: ANTES E DESPOIS DO GOLPE, por Emir Sader.PAX 12. O REMATE. A ILEGALIDADE COMO MEDIO, A REPRESIÓN COMO SISTEMA (Especulación en Massó), por Rede Galiza Non se Vende. Viñeta de Kalvellido. A PRIMEIRA VEZ, por Gustavo Duch. Eduardo Galeano. |
|
|
CONTIDOS NÚMERO 26 (28/06/2009)PERÚ: ONDE O PETRÓLEO MATAA dura represión do goberno de Alán García contra a negativa indíxena a ceder as súas terras ás transnacionais do cru, deriva nun terríbel masacre Unha vaga de protestas, cortes de estradas, ríos e mobilizacións contra instalacións petroleiras apostadas nas rexións amazónicas peruanas de Bagua e Utcubabma, que comezaron o pasado 9 de abril, deron paso a comezos de xuño a violentos enfrontamentos entre as comunidades indíxenas e as forzas policiais, con saldo parcial de 34 mortos, decenas de feridos e centos de detidos. Detrás do conflito político están as demandas das comunidades indíxenas, organizadas en torno á Asociación Interétnica de Desenvolvemento da Selva Peruana (AIDESEP), para derrogar, entre outros, o decreto 1.090, ou Lei Forestal e de Fauna Silvestre. O decreto, popularmente coñecido como a “lei da selva”, foi promovido no marco do Tratado de Libre Comercio entre Perú e EEUU, e permite a explotación de recursos petroleiros e gasíferos nesta rexión amazónica a favor de multinacionais estranxeiras (PERENCO, Repsol, PETROBRAS, etc), afectando os dereitos ancestrais e o modo de vida das comunidades indíxenas alí presentes. O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) danos as claves do conflito. [páxs. 6 e 7] Tamén en portada: SABES CAL É A PANDEMIA? Máis de 1.000 millóns de persoas afectadas. O andazo sumou en 2007 a outros 75 millóns, e en 2008 a 40 millóns máis. Hogano hai 852 millóns de persoas malnutridas. O 54% malviven en África e na India. Eis a verdadeira pandemia. Un artigo de Carmen Carballo. NANDA, A DE AMARANTE De entre o microcosmos das ONG galegas, Amarante sobresae pola súa capacidade de análise crítica, fondamente antisistémica, da conxuntura nacional e internacional, que serve de vector primario para o seu xeito de ver a cooperación: activismo a mancheas. Altermundo conversou coa súa directora, Nanda Couñago. O G8 NON É LEXÍTIMO! Mobilizacións globais foron convocadas en todo o mundo contra a xuntanza do G8 en L’Aquila (Italia), do 8 ao 10 de xullo. A Rede Anticapitalista galega (RA!) tamén se moverá. PAX 2. EIVAS. DE PANDEMIAS, CRISES E OUTRAS ‘MENUDENCIAS’, por Carmen Carballo (do Consello de Redacción Altermundo)PAX 3. ALTERNATIVAS. ECONOMÍA MORAL: UN ESQUECEMENTO INAPROPIADO, por Raúl Asegurado (AIS O Peto)PAX 4. PENSAMENTOS. RICOS PATRÓNS CONTRA OBREIROS DE BAIXO CUSTE, por Manoel Santos (Altermundo); DEREITOS IGUAIS PARA TODOS E TODAS, por Foro Galego de Inmigración.PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (economía ecolóxica, fondos de pensións); Quen é Éric Toussaint; O que ler: DESINFORMACIÓN. Cómo los medios ocultan el mundo (Pascual Serrano); Rede de redes. COMITÉ PARA A ANULACIÓN DA DÉBEDA DO TERCEIRO MUNDO; Campañas: EPAs: ACORDOS DE SOMETEMENTO COLONIAL (Quen debe a quen?).PAXS 6-7. POLO MIÚDO. REBELIÓN INDÍXENA EN PERÚ, por IgadiPAXS 8-9. QUE É O QUE DI… NANDA COUÑAGO, Directora de AmarantePAX. 10. CONVOCATORIAS. O G8 refúxiase nun cuartel de L’Aquila. Conferencia Mundial de Educación Superior. Día da Patria Galega, etc. Axenda Global para XULLO.PAX. 11. NA PRENSA LIBRE. CUBA NA OEA?, por Atilio Borón (en Carta Maior); IRÁN: VERDE, NON DE VELUDO, por Nazanín Amirian (en Público); É EUROPA DE DEREITAS?, por Vincenç Navarro (en Sistema Digital)PAX 12. O REMATE. QUEN ASUME A DÉBEDA ECOLÓXICA DE ENCE NO URUGIUAI?, por Verdegaia. Viñeta de Kalvellido. UN POUQUIÑO MÁIS ARRIBA, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras). DIN AS PAREDES 1/2/3, por Eduardo Galeano. |
|
|
FIARE: O BANCO DA XENTE (Número 25)Cada vez máis persoas deciden renunciar a unha parte dos seus beneficios bancarios para axudar a outras máis desfavorecidas A banca ética nace para pór en práctica a idea dun banco colaborador como punto de encontro entre os aforradores e aforradoras que comparten a esixencia dunha máis consciente e responsábel xestión dos seus cartos. A iniciativa socioeconómica inspírase nos principios dun modelo de desenvolvemento humano e social sustentábeis. Non rexeita de por si as regras fundamentais das finanzas tradicionais, mais aspira a reformar os valores sobre os que se funda. Na nosa contorna, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiábel e suficiente. A xente está a crear bancos propios. Entre estes proxectos de banca ética está Fiare, que xestionada por case 70 organizacións sociais pretende crear a primeira cooperativa de crédito do Estado español en 2011, mais que xa funciona como axente promovendo produtos financeiros (depósitos e préstamos) grazas a Banca Popolare Ética, todo un referente de cooperativa de crédito en Europa. O proxecto chega agora a Galiza. [Páxs. 6 e 7] Tamén en portada: BOAVENTURA DE SOUSA, CONSENSOS PROBLEMÁTICOS / ACTIVISTAS E POLÍTICAS: ANA MIRANDA E ESTHER VIVAS / OBXECCIÓN FISCAL AOS GASTOS MILITARES PAX 2. EIVAS. POR QUE PERDEMOS A BATALLA DO IDIOMA, por David R. Rodríguez (O funambulista coxo)PAX 3. ALTERNATIVAS. MOVEMENTOS SOCIAIS CONECTADOS: MST E EZLN, por Neblina Orrico ( Le Monde Diplomatique (Brasil))PAX 4. PENSAMENTOS. CONSENSOS PROBLEMÁTICOS, por Boaventura de Sousa Santos (CES); CORPORACIÓNS: SEGUEN A ESPECULAR COA FAME, por GRAIN.PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (Exército Zapatista de Liberación Nacional); Quen é o Subcomandante Marcos; O que ler: MUERTOS INCÓMODOS; Rede de redes. Grain; Campañas: EU DECIDO! O ABORTO, PRESTACIÓN UNIVERSAL (Marcha Mundial das Mulleres).PAXS 6-7. POLO MIÚDO. O DEREITO AO CRÉDITO, por Peru Sasia (Proxecto Fiare)PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… ESTHER VIVAS, Cabeza de listas de Izquierda Anticapitalista ás Eleccións Europeas; ANA MIRANDA, Cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións europeasPAX. 10. CONVOCATORIAS. E Por que pago eu os gastos militares?. Axenda Global PARA XUÑO.PAX. 11. NA PRENSA LIBRE. PIRATAS, ONTE E HOXE, por Frei Betto; O POBO TAMIL NON DIXO A SÚA ÚLTIMA PALABRA, por Txente Rekondo / GAIN; DATOS DA DESAPARICIÓNDAS LINGUAS DO MUNDO, por Biodiversidad, sustento e culturas.PAX 12. O REMATE. UN GRAVÍSIMO PRECEDENTE, por Xabier Cordal, Xurxo Marínez e Antón Dobao. Viñeta de Kalvellido. Valores, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras). Muros, por Eduardo Galeano. |
Tamaño: 1,8 Mb[BAIXAR] |
DOUS ANOS DE ALTERMUNDO. NÚMERO 24 (26/04/2009)UNHA UTOPÍA NECESARIADous anos de análises, reflexións, denuncias e alternativas ao mundo-mercado non son ren para mudar as mentes, mais abondan para seguirmos camiñando Caetano Díaz-. Crecimos crendo que o mundo o construían e o gobernaban os fortes, si, pero tamén os idealistas, os románticos, os honestos, os xustos, os defensores da convivencia en igualdade, os homes libres. E resulta que si, que este noso mundo é dos fortes, pero nel case non queda rastro de idealismo nin de xustiza nin de convivencia harmónica. Por iso, heroes que habitan o territorio da utopía constrúen o proxecto máis grande que viron os séculos: o altermundo. Agora que os do común asistimos indefensos ao crac da economía e dos valores sociais, é aí onde volven cobrar sentido conceptos como xustiza, solidariedade, dignidade, liberdade, paz. E terra. A esa tribo de visionarios pertence por dereito propio Manoel Santos, creador e director de Altermundo, o suplemento horizontal que hoxe cumpre dous anos de vida no GH, co que non só lle dá voz a Galicia no coro altermundista, senón que suma á súa luminosa proposta voces e pensamentos libres: os de Xosé Manuel Beiras, Imanol Dorca, Carlos Taibo, Carmen Carballo e Marga Tojo, por citar só uns poucos. Mentres eles non renuncien aos seus ideais, outro mundo é posible. Tamén en portada: MÁIS UN DE MAIO CA NUNCA; O DECRECEMENTO; CON CARMEN CARBALLO PAX 2. EIVAS. O NEGOCIO DAS VACINAS: O CASO DO VPH, por Silvia Ribeiro (ETC Group)PAX 3. ALTERNATIVAS. 1 DE MAIO: A LOITA… DEBE CONTINUAR, por Alfredo Iglesias DiéguezPAX 4. PENSAMENTOS. G-20: A SÚA AXENDA E A NOSA, por Josep María Antenas e Esther Vivas (Izquierda Anticapitalista); LISTAXES NEGRAS?, por Marta Ruíz (Eurodad). MENTES CUADRICULADAS, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras)PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (fondo monetario internacional); Quen é Emir Sader; O que ler: RENOVAR A TEORÍA CRÍTICA E REINVENTAR A EMANCIPACIÓN SOCIAL; Rede de redes. Bilaterals; Campañas: O MEU CORPO É UN TERRITORIO CLANDESTINO (Paz e Desenvolvemento).PAXS 6-7. POLO MIÚDO. DEZ PREGUNTAS SOBRE O DECRECEMENTO, por Carlos TaiboPAXS 8-9. QUE É O QUE DI… CARMEN CARBALLO, ex-directora do Club Internacional de PrensaPAX. 10. CONVOCATORIAS. Por un bo vivir para a sagrada Abya Yala. Día Internacional contra a Homofobia. Axenda Global PARA MAIO.PAX. 11. PRENSA LIBRE. NOVA XOGADA DO SISTEMA, por Leonardo Boff (Adital); TAILANDIA: A LOITA DOS CAMISAS VERMELLAS, por Giles Ji Ungpakorn (Esquerda.net); CUMIO DAS AMÉRICAS: AVANCES E RETROCESOS, Editorial de La JornadaPAX 12. O REMATE. ALTERMUNDO, UN PASEO A CONTRACORRENTE. Viñeta de Kalvellido. A MONARQUÍA UNIVERSAL, por Eduardo Galeano. |
Tamaño: 1,8 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 23 (29/03/2009)O INVENTO DO ‘MUNDO ISLÁMICO’Nazanin Amirian, politóloga iraniana exiliada, acaba de publicar ‘O Islam sen veo’, un maxistral achegamento ao vivir cotián dun mundo que son moitos mundos Un árabe pode non ser musulmán, un musulmán, non árabe… e, no entanto, todos parecen ser o mesmo. Máis de 1.100 millóns de persoas de 29 países africanos, 2 americanos, 27 asiáticos e 2 europeos, por non falar dos 88 millóns de musulmáns da India ou os 10 millóns dos Estados Unidos, foron metidos pola forza nun imaxinario saco común ao que lle din ‘mundo islámico’. Segundo Nazanin Amirian, que trata de loitar contra o descoñecemento que existe no centro do sistema sobre esa salientábel parte da poboación do planeta, o obxectivo era só un e ben clariño, manipular e producir un enfrontamento artificial e imposíbel –choque de civilizacións– cun suposto ‘mundo occidental’ para, sobre todo, sustentar unha economía baseada na guerra, que perigaba especialmente despois da caída da Unión Soviética. Dun lado o poder político-económico, que moitas veces emprega a relixión como escusa, e doutro unha poboación que vive coas mesmas inquedanzas cotiás ca nós. [páxs. 8 e 9]. Tamén en portada: PROPIEDADE BANCARIA; SEATTLE COMO ESPELLO; DE GALIZA A EUSKADI PAX 2. EIVAS. SOBRE DECRECEMENTO E DISTRIBUCIÓN DA RIQUEZA, por Xavier Ron (Ospaaal Galicia)PAX 3. ALTERNATIVAS. LIBERDADE ASOLAGADA E PROPIEDADE PRIVADA, por Raúl Asegurado (AIS O Peto)PAX 4. PENSAMENTOS. AS ELECCIÓNS GALEGAS E OS MOVEMENTOS SOCIAIS, por David rodríguez (O Funambulista Coxo); ABORTO: QUESTOM DE IGUALDADE, por Lupe Ces (Marcha Mundial das Mulleres).PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (economía solidaria, especulación); Quen é James Petras; O que ler: INTRODUÇÃO À ECONOMIA SOLIDÁRIA; Rede de redes. Revista Fórum; Campañas: PARA A PENSAR UN POUCO: CONSOMES OU DEVORAS? (Verdegaia).PAXS 6-7. POLO MIÚDO. SEIS MIL MILLÓNS DE VOCES CONTRA AS MEDIDAS ANTI-CRISE DO G20, por Tom Kucharz (Ecologistas en Acción e Verdegaia)PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… NAZANIN AMIRIAN, Politóloga e escritora iraniana, exiliada política no Estado españolPAX. 10. CONVOCATORIAS. A OTAN… mellor que se vaia disolvendo. NACE A REDE ANTICAPITALISTA GALEGA. Axenda Global PARA ABRIL.PAX. 11. COOPERACIÓN. ENCARAR OPORTUNIDADES, por Cooperación GalegaPAX 12. O REMATE. A REALIDADE SOÑADA, por Imanol Dorca (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. A esponxa, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras). Eduardo Galeano. |
Tamaño: 2,2 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 22 (22/02/2009)UN MUNDO DE TODAS AS CORESO Foro Social Mundial rexurde con forza para respostar con alternativas transformadoras ao panorama de crises múltiples que remata cunha era. Belém. Paz, liberdade, dignidade, xustiza, terra. Como os desexos e quereres únense nunha soa fronte humana. Un e todos. Todos nun. Un lugar de toda xente. Indios, negros, brancos, amarelos, azuis, rouba-cores. Un cesto no que cabe todo o mundo: brasileiros coas batucadas, americanos con bermudas caqui e camisa estampada, africanos con roupas tipicamente belas e coloradas, palestinos cos característicos keffieh brancos e negros, xaponeses con súas máquinas fotográficas… A cidade das mangueiras asistiu o día 27 de xaneiro a unha mestura de cores que ningunha choiva conseguiu desbotar. Máis de 100 mil gustos, sabores, cores, xentes xuntáronse na marcha de apertura da novena edición do Foro Social Mundial-Belén 2009. Uníronse ao redor dun só querer: un mundo mellor. Bandeiras, faixas, berros de guerra, informativos, performances, pregarias, cantigas e fantasías retrataban os obxectivos e desexos mundiais: paz, liberdade, xustiza e ética; igualdade de xéneros, dereitos iguais aos gays; liberación do capital e do imperialismo; economía solidaria e sustentábel; defensa do medio ambiente; garantía dos dereitos sociais, culturais, humanos, económicos. Os gritos de protesta, as músicas de ledicia e graza, o silencio. Distintos xeitos de expresar unha busca diversa, mais común aos pobos. Máis ca unha dimensión política, o Foro Social Mundial mostra e grita a humanidade. Humano, por iso político.| Carolina Gutierrez / Le Monde Diplomatique-Brasil [paxs. 4 a 10]. Pax. 2: EIVAS. MÁIS EMISIÓNS PARA GALIZA… E PARA O MUNDO, por Xosé Veiras García (Verdegaia)Pax. 3: ENERXÍA. PETRÓLEO: SÓ OS PEQUENOS TEÑEN RESPOSTAS, por Manuel Casal Lodeiro (Véspera de Nada)Pax. 4: PENSAMENTOS. POLA TERRA, por FEG e outros; CAMBIO DE ERA NO FSM, por Pascual Serrano (Rebelión); A BURBULLA DO COMERCIO DE EMISIÓNS, por Óscar reyes (Carbon Trade Wartch)Pax. 5: FSM2009. BALANCE DO FORO E DO OUTRO MUNDO POSÍBEL, por Emir SaderPax. 6-7: POLO MIÚDO. 150.000 VOCES SEN VOZ, por AltermundoPax. 8-9: QUE É O QUE DI… CAMILO NOGUEIRA: “Movementos como os dos foros teñen que ser quen muden o mundo político”, por Manoel Santos (Altermundo)Pax. 10: CONVOCATORIAS. A crise global, que a paguen os ricos; Axenda Global de Belém para o ano 2009Pax. 11: COOPERACIÓN. ENTRE GALEGOS E SENEGALESES, por Cooperación GalegaPax. 16: O REMATE. UNHA RABIA MOI DIGNA, por Pallasos en Rebeldía; TU-TU-TU-TU, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras); FUNDACIÓN DO INFERNO, por Eduardo Galeano; Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 2,2 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 21 (25/01/2009)GALIZA DESEMBARCA EN BELÉMO noveno Foro Social Mundial leva a Belém do Pará unha ampla participación galega para posicionar a Galiza como nación no panorama altermundista global. O profesor Boaventura de Sousa Santos, dicíallo en entrevista a Altermundo hai un par de meses: “A crise ambiental está cada vez máis ligada ás crises enerxética e económica. En cada un destes niveis, o Brasil ten hoxe unha importancia mundial e por iso o FSM de Belém revélase como crucial”. E é que por primeira vez nos nove anos de existencia do Foro Social Mundial este chega nun intre de clara debilidade do sistema neoliberal, de maneira que do de Belém do Pará, a celebrar entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro, espérase que agromen parte das respostas altermundistas ás crises múltiples que cercan o capitalismo. Como ben di un dos membros do seu Consello Internacional, o brasileiro Cândido Grzybowski [paxs. 6-7], “o FSM sempre consegue rexurdir cando moitos xa o dan por esgotado”. A presenza galega neste IX foro será a máis ampla da historia e, tamén por vez primeira, logo da constitución dun proceso similar na Galiza. O Foro Social Galego terá, xa que logo, a súa presenza nun espazo fornecido para os pobos e nacións sen Estado [pax. 11]. PAX 2. EIVAS. O territorio como factor desestabilizador, por Laudelino Pellitero (IPAEX)PAX 3. ALTERNATIVAS. Consumir responsábel e conscientemente, por Ainara Legarreta (Amarante) e Ramón Carmelo Rguez. Padín (Federación de Cooperativas Sinerxia)PAX 4. PENSAMENTOS. Cuba: entre a realidade e os soños, por Elizabeth Noriega; Mikel Laboa: desmontando mitos culturais, por Pako Aristi.PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (depresión, roda de Doha, dúmping); Quen é Cândido Grzybowski; O que ler: El precio oculto de la tierra; Rede de redes. Aporrea.org; Campañas: De Israel, nin a crema para nos depilar (boicot aos produtos israelís).PAXS 6-7. POLO MIÚDO. Foro Social Mundial na Amazonia: un sopro de renovación planetaria, por Cândido GrzybowskiPAXS 8-9. QUE É O QUE DI… XAN DURO, membro das comisións coordenadoras de Verdegaia e da rede Galiza Non se VendePAX. 10. CONVOCATORIAS. Pastores galegos, camiño de Belém. Axenda Global (FSM; Galiza non se Vende sae de novo ás rúas; A política kurda Leyla Zana chega a Galiza; As TIC na cooperación ao desenvolvemento; Cidades en transición na Coruña; Axudas para as tecnoloxías da información; Para coñecer máis a cultura xitana).PAX. 11. COOPERACIÓN. Os cinco alicerces do desenvolvemento, por Cooperación GalegaPAX 12. O REMATE. As sicavs e os paraísos fiscais dos ‘señores de Galicia’, por Juan hernández Vigueras. Viñeta de Kalvellido. Plaxiar a historia, por Gustavo Duch (Veterinarios sen Fronteiras). Eduardo Galeano. |
Altermundo 21-30
Escrito por Altermundo
Venres, 29 Xaneiro 2010 08:49
Venres, 29 Xaneiro 2010 08:49
TAGS: suplemento altermundo













