Tamaño: 1,6 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 40 (29/08/2010)FINANZAS: POR UN CAMBIO RADICALNacionalizar o sector bancario e garantir a presenza da sociedade civil na súa gobernanza evitaría as actividades especulativas e as aventuras financeiras En 1998, durante a crise financeira no Leste Asiático, Paul Krugman publicou un famoso artigo expresando a consternación dos que cren nunha economía de libre mercado: “Salvando a Asia: É hora de radicalizar”. Dez anos despois, unha nova crise financeira entrou en erupción, desta vez, no centro do capitalismo, os Estados Unidos. De acordo con The Economist, agora “o capitalismo está arrecunchado”. Abriuse novamente unha xanela de oportunidades para os que apoian a reconstrución radical dunha nova orde financeira. Os altermundistas deben aproveitar o momento para expor os seus argumentos en favor dun sistema financeiro e monetario radicalmente novo e centrado nas necesidades das persoas. Bruno Jetin, do Centre d’Economie da Université de París Nord e membro do Comité Científico de Attac Francia, expón os principios do que debería ser ese novo sistema financeiro e monetario, democrático e sobre todo centrado nas necesidades das persoas. PAX. 2. EIVAS: É o petroleo, estúpido!, por Reginaldo Nasser (Carta Maior)PAX. 3. ALTERNATIVAS: Reforma laboral, axustes e abrochos negros, por Nacho Álvarez (Viento Sur)PAX. 4. PENSAMENTOS: O vello agoniza e ao novo cústalle nacer, por Leonardo Boff; O triunfo da ignorancia, por Xurxo Martínez GonzálezPAX. 5. MISCELÁNEA: Dicionario do Altermundo (Ecoloxía social, economía ecolóxica); Quen é… Joan Martínez Alier; El ecologismo de los pobres: conflictos ambientales y lenguajes de valoración; Rede de redes: Ecología Política; Campañas: Pola defensa dos dereitos humanos en ColombiaPAX. 6-7. POLO MIÚDO: Finanzas internacionais, é hora de radicalizar, por Bruno Jetin (Ibase)PAX. 8-9. QUE É O QUE DI: Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a PazPAX. 10. MOVEMENTOS: Queremos a loita, mais tamén o descanso, por Adelaide Massimi (Desinformémonos)PAX. 11. MOVEMENTOS: Paraguai fálalle ao mundo en resistencia, Asemblea de movementos sociais no Foro Social das AméricasPAX. 12. O REMATE: Coñeces a síndrome do Titanic?, por Marta G. Rivera Ferre (Veterinarios sen Fronteiras); Gustavo Duch; Eduardo Galeano; Kalvellido. |
Tamaño: 1,8 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 39 (25/07/2010)AMÉRICA LATINA, O POBO MANDAOs movementos sociais e indixenistas foron os grandes axentes do cambio xeopolítico acontecido no continente na última década. Chegaron ao poder… para quedar. De contar con multitude de gobernos supeditados aos postulados do Consenso de Wáshington, América Latina pasou en dez anos (1999-2010) a experimentar con procesos políticos de gran calado popular, conscientes da necesidade de integración plenamente latinoamericanista e antihexemónica, e cunha visión global multipolar. Este proceso de mudanzas, iniciado coa vitoria electoral de Chávez en Venezuela en 1998, coincide coa considerábel perda de influencia de EUA na rexión. Os movementos sociais xogaron, xogan e xogarán un papel esencial, especialmente nos casos máis notorios, como son Venezuela, Brasil, Bolivia e Ecuador. Mentres, Honduras representa o gran retroceso e un novo xeito de proceder extremadamente perigoso. Con Roberto Mansilla, analista do IGADI, repasamos unha década que cambiou a faciana de toda América Latina [páxs 8-10]. |
Tamaño: 3,5 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 38 (27/06/2010)O MUNDIAL QUE NON SE VEHai unha década, o mundo estremeceu polos informes que desvelaban que nenos e nenas de Paquistán cosían balóns por seis centavos de dólar a hora. En resposta á cobertura xornalística e a indignación pública, empresas, gobernos e outros grupos de interese comprometéronse a eliminar o traballo infantil na industria, apoiando o Acordo de Atlanta de 1997, que pretendía rematar co traballo de cativos e cativas na industria dos balóns de fútbol. Trece anos despois, e uns días antes de comezar o Mundial de fútbol de Suráfrica, o Foro Internacional polos Dereitos Laborais publicou un informe detallado sobre a realidade dos costureiros e costureiras de balóns de fútbol en varios países de Asia. Entre outras violacións de dereitos laborais –e humanos– das persoas, a investigación identificou a titulares de licenzas da FIFA en Paquistán con conexións co traballo infantil, xornais de miseria e o uso extensivo de man de obra temporal. Un artigo de Fernanda Couñago, directora da organización galega Amarante Setem. [péxs. 8 e 9] PAX 2. EIVAS. A CRISE, UNHA ESTAFA DETRÁS DOUTRA, por Juan Torres López (ATTAC)PAX 3. ALTERNATIVAS. PASAR DAS PALABRAS AOS FEITOS, por Xoán HermidaPAX 4. PENSAMENTOS. ÁFRICA: FALTA O ESENCIAL, por Emir Sader (CLACSO). DIVERTIMENTO OU MANOBRA DIVERSORIA DE MASAS?, por Guillermo Almeyra (La Jornada)PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (FORO SOCIAL EUROPEO, IDH); Quen é quen: VICENÇ NAVARRO; O que ler: DESARMAR OS MERCADOS, de ATTAC españa. Rede de redes: SIN PERMISO; Campañas: SUSTENTABILIDADE PARA A POLÍTICA PESQUEIRA DA UE.PAXS 6-7. POLO MIÚDO. FIFA: A EXPLOTACIÓN SEGUE A SER A NORMA, por Fernanda Couñago (Amarante).PAXS 8-9. QUE É O QUE DI… TRIBUNAL PENAL INTERNACIONAL: O 11 de xuño rematou, con luces e sobras segundo Amnistía Internacional, en Kampala (Uganda) a primeira Conferencia de Revisión do Estatuto de Roma (1998), que creou o Tribunal Penal Internacional. A xuíza Sylvia Steiner e a Nobel da Paz Wangari Maathai falan sobre a necesidade dunha Corte que hogano só ten casos abertos en África.PAX. 10. CONVOCATORIAS. O FORO SOCIAL EUROPEO DESEMBARCA EN ISTAMBUL; FESTIGAL 2010: TALENTO GALEGO; Acción Global: HONDURAS: UN ANO SECUESTRADA; UNHA OUTRA ECONOMÍA, A ECOLÓXICA; EXPERIENCIAS DE CONSTRUCIÓN SOLIDARIA; ECONOMÍA SOLIDARIA E COMERCIO XUSTO; ASEMBLEA DE CIDADÁNS E CIDADÁS MEDITERRÁNEOS; CAMPAMENTOS DE VERÁN DE GREENPEACE; MÁIS ACTIVISMO OU RAZÓNS PARA O ACTIVISMO EN XULLOPAX. 11. MOVEMENTOS. OUTRA AGRICULTURA, OUTRA EUROPA, por Sindicato Labrego Galego.PAX 12. O REMATE. FREO Á XEOENXEÑERÍA, por Silvia Ribeiro (ETC Group) . PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. A PELOTA COMO BANDEIRA, por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 3,3 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 37 (30/05/2010)GRECIA, O NOVO LABORATORIOOs plans de axustamento dirixidos polo Fondo Monetario Internacional lémbrannos os ensaios que os ‘Chicago Boys’ levaron ao Chile de Pinochet. Se o Consenso de Wáshington utilizou Chile como laboratorio hai tres décadas, un novo Consenso, esta vez de Bruxelas, parece estar sendo ensaiado en Grecia. Os resultados dos plans de axustamento no país helénico, xustificados polas discutíbeis “notas” desas axencias de cualificación que practican o fascismo financeiro [páx. 4], parecen ser un calco daqueles que no seu día foron aplicados en América Latina e que provocaron, entre outros efectos, o derrube da economía arxentina [páx. 6]. Portugal, España, Irlanda e probabelmente Italia, que xunto a Grecia son coñecidos na Unión Europea como PIGS (porcos), serán os seguintes tubos de ensaio [páx 7]. Contra isto, por agora só parecen reaccionar os movementos sociais e os sindicatos gregos, como afirma o profesor de filosofía Stathis Kouvélakis [páx. 8]. No entanto, alguén ten moito interese en contarnos unha chea de mentiras que só parecen beneficiar ao gran capital [páx. 9]. Para abrir un pouco os ollos, ALTERMUNDO achega unha serie de artigos escritos por expertos contrarios ao capitalismo liberal. PAX 2. EIVAS. A RELIXIÓN DO MERCADO, por Eric Toussaint (CADTM)PAX 3. ALTERNATIVAS. DEMASIADAS DOSES DE INJUSTIÇA, por David Bruzos e Antón-Gómez Reino (FugaEmRede)PAX 4. PENSAMENTOS. O FASCISMO FINANCEIRO, por Boaventura de Sousa Santos (CES). O “CORTE INGLÉS” DE GARZÓN, por José Steinsleger (La Jornada)PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (GLOBALIZACIÓN, HEDGE FUNDS); Quen é quen: TARIQ ALÍ ; O que ler: AS VOZES DO MUNDO, de Boaventura de Sousa Santos (coord.) Rede de redes: REVISTA VIENTOSUR; Campañas: O NOBEL DA PAZ 2011, PARA AS MULLERES AFRICANAS.PAXS 6-7. POLO MIÚDO. EUROPA NO ESPELLO ARXENTINO, por Atilio Borón; O FMI AXUSTA OS ‘PORCOS’ DE EUROPA, por Manoel Santos (Altermundo); CRIME ORGANIZADO CONTRA GRECIA, por Hugo Harari-Kermadec e Catherine Samary (Europe Solidaire Sans Frontières).PAXS 8. QUE É O QUE DI… STATHIS KOUVÉLAKIS, Profesor grego de filosofía política, por TVEsquerda.PAXS 9. EUROLIBERALISMO. MITOS AO REDOR DO AFUNDIMENTO GREGO, por Kostas Papathomopoulos (Diagonal).PAX. 10. CONVOCATORIAS. O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN CHEGA A GALIZA; SEGUNDO FORO SOCIAL DOS ESTADOS UNIDOS; Acción Global: CUMIO DOS POBOS FRONTE O G-20 NO CANADÁ; CONGRESO DA CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL; CURTAMETRAXES SOBRE O APARTHEID ISRAELÍ; I FESTIVAL GALEGO POLA CULTURA AMBIENTAL; III CONGRESO DE AGROECOLOXÍA EN GALIZA; REVELA 2010, DEREITOS DO NENO E DA NENA; MÁIS ACTIVISMO OU RAZÓNS PARA O ACTIVISMO EN XUÑOPAX. 11. MOVEMENTOS. NON MÁIS AXUDA, NON MÁIS TLCs, por Foro Galego de Inmigración, CGT e Amarante.PAX 12. O REMATE. CRISE E CINEMA, BOCADOS DE REALIDADE, por Marga Tojo (Altermundo) . PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. CINCO SIGLOS DE PROHIBICIÓN DO ARCO DA VELLA AMERICANO (extracto) por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 2,9 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 36 (25/04/2010)UE, PARA QUE? PARA QUEN?Movementos sociais galegos e do Estado español tratan de dar resposta a un proxecto de Unión Europea con velenosas medidas sociais e ecolóxicas. Presidencia de quenda española. A UE impón en Grecia unha política de axustamento brutal, un “Consenso de Bruxelas” similar ao Consenso de Wáshington, responsábel durante décadas do empobrecemento dos pobos do Sur. Se a sociedade civil non lle fai fronte, esta política estenderase por toda a UE, arrasando dereitos e liberdades, estendendo a desigualdade social e a pobreza, reforzando as ameazas do racismo e a extrema dereita e esnaquizando as poboacións do Sur do planeta. Para denunciar o nocivo vieiro emprendido pola UE, centos de colectivos sociais reuniranse en Madrid entre o 14 e 18 de maio no Cumio e no Tribunal Permanente dos Pobos, respondendo á cimeira de Xefes de Estado e de Goberno da UE-América Latina e O Caribe [Paxs. 5 a 10]. Días antes, o 4 e 5 de maio, tócalle aos movementos galegos enfrontarse a unha xuntanza de ministros de Pesca da UE, que andan enleados na reforma da Política Pesqueira Común. Un terreo no que Galiza se xoga a súa cultura mariñeira e a saúde dos seus ecosistemas sen ter voz nin voto. A berrar toca. [Paxs. 2 a 4] PAX 2. CUMIO DE PESCA. DA PESCA ARTESANAL AO DESEQUILIBRIO ECOLÓXICO, por Galiza non se Vende e outros colectivosPAX 3. CUMIO DE PESCA. PESCA NA UE, POR UNHA REFORMA ECOLÓXICA, por AltermundoPAX 4. PENSAMENTOS. GALIZA, NAZÓN PESQUEIRA, por Ana Miranda (Voceira do BNG en Bruxelas)PAX 5. UE, PARA QUEN? NEOLIBERALISMO CON RETÓRICA ‘SOCIAL’ E ‘VERDE’, por Edith Pérez, Luis Rico e Luis González (Textos de Enlazando Alternativas)PAXS 6-7. CUMIO DOS POBOS. O CUMIO DOS POBOS FRONTE A EUROPA DO CAPITAL, Textos de Enlazando Alternativas e DiagonalPAXS 8-9. QUE É O QUE DIN… TOM KUCHARZ, membro de Ecologistas en Acción e a rede Enlazando Alternativas, por Manoel Santos (C. R. Altermundo)PAX. 10. UE, PARA QUEN? A UNIÓN EUROPEA E AS MULTINACIONAIS DIANTE DO TEIBUNAL PERMANENTE DOS POBOS, por Pedro Ramiro (OMAL)PAX. 11. MOVEMENTOS. S.O.S. TERRA CHÁ, por Margarida Prieto Ledo (Sindicato Labrego Galego)PAX 12. O REMATE. AGRESIÓNS SEXUAIS COMO ARMA DE GUERRA, por Marga Tojo (C. R. Altermundo) . PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. AS VEAS ABERTAS DE AMÉRICA LATINA (EXTRACTO) por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 2,2 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 35 (28/03/2010)UNHA QUINTA INTERNACIONAL?Destacados militantes altermundistas recolleron con agrado o chamamento de Hugo Chávez cara a unha nova fronte de acción das esquerdas planetarias. François Houtart, Susan George, Vandana Shiva, Michael Albert… Non son poucas as voces relacionadas co Foro Social Mundial que pulan porque as organizacións inseridas neste proceso, que acaba de cumprir dez anos, emprendan un decidido paso á acción, creando unha plataforma xa non só de movementos sociais, senón tamén de partidos e organizacións da esquerda antiglobalizadora. O chamamento que o presidente venezolano, Hugo Chávez, fixo a finais de novembro de 2009 para a creación dunha Quinta Internacional podería ser unha opción, segundo as visións de Eric Toussaint e Olivier Bonfond, membros do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo (CADTM) e á súa vez do Consello Internacional do Foro Social Mundial. Marga Tojo falou con eles sobre este e outros aspectos relacionados co altermundismo e o perigo de que a súa meirande expresión, o Foro Social Mundial, remate mesmo absorbido polo capitalismo. Efectivamente, un outro mundo é posíbel, mais logo de dez anos de traballo ao redor dos foros, aínda non está claro como chegar a el. PAX 2. EIVAS. O NOCIVO MITO DUN DEUS CHAMADO AUTOMÓBIL, por Manoel Santos ( C. R. Altermundo)PAX 3. ALTERNATIVAS. MOEDAS SOCIAIS PARA AS ECONOMÍAS LOCAIS, por Tatiana Félix (Adital)PAX 4. PENSAMENTOS. O GUERREIRO OBAMA E O PEIXE FÓRA DA AUGA, por Frei Betto (Adital); VIVIR SEN SUPERMERCADOS, por Esther VivasPAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (GATT); Quen é quen: MOACIR GADOTTI ; O que ler: FÓRUM SOCIAL MUNDIAL EM PROCESSO, de MOACIR GADOTTI; Rede de redes: FORO SOCIAL MUNDIAL; Sensibilización: UNHA XANELA ABERTA SEMPRE A APRENDER DO SUR (Amarante)PAXS 6-7. POLO MIÚDO. ESPOLIADOS OU ESPOLIADORES?, por Xosé Veiras (Verdegaia e Ecologistas en Acción)PAXS 8-9. QUE É O QUE DIN… CHEGARÁ O CAPITALISMO A DEVORAR DE VEZ O FORO SOCIAL MUNDIAL?, entrevista a Eric Toussaint e Olivier Bonfond (CADTM), por Marga Tojo ( C. R. Altermundo)PAX. 10. CONVOCATORIAS. O CAMBIO CLIMÁTICO NON É Ó DE GOBERNOS. FORO MUNDIAL DOS DEREITOS COLECTIVOS. DÍA MUNDIAL DA LOITA LABREGA, II CUMIO EUROPEO SOBRE O POBO CIGANO, XXVII Semana Galega De Filosofía, MOVEMENTOS GALEGOS NO DÍA DA TERRA, Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, EN BICI POLO SÁHARA, CONTRA O MURO DA VERGOÑA, CONFERENCIAS CIENTÍFICAS NA CORUÑA, MÁIS ACTIVISMO PARA O MES DE ABRILPAX. 11. LECTURAS. AMÉRICA LATINA: DEMOCRACIA, SOCIALISMO…, por Alfredo Iglesias Diéguez (C. R. Altermundo)PAX 12. O REMATE. A SOCIEDADE MUNDIAL DA CEGUEIRA, por Leonardo Boff. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. LADRÓNS DE PALABRAS por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 3,5 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 34 (28/02/2010)PRODUCINDO CON SENTIDIÑOA pouco que leamos algúns dos documentos xurdidos da V Conferencia Internacional da Vía Campesina, celebrada en Maputo (Mozambique) en outubro de 2008, poderiamos concluír que de alí agromou a que se cadra é unha das declaracións [páxs. 2 e 3] máis lúcidas e realistas para combater as diferentes crises que asolan o planeta e maila humanidade. O desenvolvemento da soberanía alimentar dos pobos [páx. 5], que fala dunha produción de alimentos intimamente ligada á terra, ao local, e polo tanto á súa cultura e ás súas xentes, podería dar resposta non só a crise alimentar planetaria, senón tamén ás crises enerxética e ambiental –moito máis serias que a financeira– que están a pór en perigo a vida no planeta. Por mor da celebración na Galiza das Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) en Compostela (27 e 28 de febreiro), ALTERMUNDO leva ás súas páxinas unha idea e un modelo que enfronta o campesiñado cos gurús das finanzas e intitucións como a OMC. A economía real e sustentábel fronte á virtual. As opcións locais [páxs. 6 a 9] fronte aos millonarios rescates económicos que só teiman na reprodución dun sistema tan fracasado como suicida. PAX 2. SOBERANÍA ALIMENTAR. A VÍA CAMPESINA E O TEMPO DUNHA IDEA, por Luís Hernández Navarro (Coordenador de opinión do xornal mexicano La Jornada) e Annette Aurélie Desmarais (Profesora de estudos xudiciais na Univ. de Regina)PAX 3. SOBERANÍA ALIMENTAR. O MILLO E A COMUNALIDADE, por Melquíades Cruz e Rafael Xaneiro (construtores-tecedores de pontes interculturais)PAX 4. PENSAMENTOS. COMO NOS IMOS ALIMENTAR? , por Gustavo Duch Guillot (Editor da revista “Soberanía Alimentaria, biodiversidad y culturas”; EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES, pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (SOBERANÍA ALIMENTAR); Quen é quen: DOT KEET ; O que ler: COCINANDO EL PLANETA, de V. Martínez e F. García; Rede de redes: OBSERVATORIO DA DÉBEDA NA GLOBALIZACIÓN; Imprescindíbel: QUEN SON OS NOVOS DONOS DA TERRA NO MUNDO?PAXS 6-7. POLO MIÚDO. CONSTRUÍNDO SOBERANÍA ALIMENTAR DESDE GALIZA, por Xosé María García (Coordenador Técnico da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos)PAXS 8-9. QUE É O QUE DI... ENTREVISTA A CARME FREIRE (Secretaria Xeral do SLG), por Manoel Santos (Altermundo)PAX. 10. CONVOCATORIAS. PODEN SER SUSTENTÁBEIS AS CIDADES DO MUNDO? V FORO URBANO MUNDIAL; DÍA DE ACCIÓN MUNDIAL POR PALESTINA; E SE ESTIVÉRAMOS 24 HORAQS SEN MIGRANTES?; III ACCIÓN GLOBAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES; DÍA DE ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES; CONFERENCIA INTERNACIONAL SOBRE DECRECEMENTO;CURSO SOBRE DECRECEMENTO NA CIDADE DE VIGO; XXV ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ; CARAVANA DE CONCERTOS DA REDE GALIZA NON SE VENDE.PAX. 11. POLÍTICO-SOCIAL. A ROLDA ABRE CANCELAS DE FUTURO, por Xurxo Martínez (Filólogo)PAX 12. O REMATE. BOCATA DE CHOCOLATE, por Marga Tojo (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. DICCIONARIO DA NOVA ORDE MUNDIAL (Extractos) por Eduardo Galeano. |
Tamaño: 4,9 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 33 (31/01/2010)EN DEFENSA DO DECRECEMENTOSendo os recursos do planeta finitos é evidente que un crecemento ilimitado da produción e do consumo só nos achega cada día máis a unha catástrofe. PAX 2. ALTERNATIVAS. PONLLE CARA A EUROPA, por Lorena Arévalo (Amnistía Internacional)PAX 3. EIVAS/HAITÍ. OS PECADOS DE HAITÍ, por Eduardo GaleanoPAX 4. PENSAMENTOS/HAITÍ. PARTE DA TRAXEDIA DE HAITÍ É ‘MADE IN USA’, por Bill Quigley (Director do Centro para os Dereitos Constitucionais e profesor na Loyola University); HAITÍ EXISTE, por Elizabeth Noriega; EUA TOMA O MANDO, por RebeliónPAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (FORO SOCIAL MUNDIAL); Quen é quen: ODED GRAJEW ; O que ler: A NOVÍSIMA DEREITA E NÓS, de Manuel M. Barreiro (Reseña de David R. Rodríguez); Rede de redes: ADITAL; Campañas: XUSTIZA PARA THOMAS SANKARA… E PARA ÁFRICAPAXS 6-7. POLO MIÚDO. OS LÍMITES AMBIENTAIS E DE RECURSOS DO PLANETA, por Carlos Taibo. ENTREVISTA CON CARLOS TAIBOPAXS 8-9. POLO MIÚDO. A BIBLIOFILIA TRANSFORMISTA DE ANXO RABUÑAL, por Marga Tojo (Altermundo)PAX. 10. CONVOCATORIAS. MOVEMENTOS SOCIAIS CONTRA O PROXECTO EUROPEO. XORNADAS GALEGAS DE SOBERANÍA ALIMENTAR. ASEMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS CONTRA ESTA UE; XUNTANZA INFORMAL DE TRANSPORTE NA CORUÑA; JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0; NOVA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE; CURSOS DA ESCOLA POPULAR GALEGA; CAMBIO CLIMÁTICO E NUCLEARES NA CORUÑA; SANTIAGO DE COMPOSTELA, O NOSO PAN DE CADA DÍA.PAX. 11. PENSAMENTOS. PARA QUE A PAZ SEXA ALGO MÁIS CA UN CONTO, por Manuel Dios (Seminario Galego de Educación para a Paz)PAX 12. O REMATE. FORO SOCIAL MUNDIAL: DEZ ANOS, por Esther Vivas. Viñeta de Kalvellido. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. MOITAS VECES MORREU A ESCRAVITUDE por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 3,1 Mb[BAIXAR] |
NÚMERO 32 (27/12/2009)NON EXISTE UN PLANETA BA xuntanza do cambio climático de Copenhaguen discorreu entre o triste ridículo dos ‘líderes políticos’ mundiais e a esperanzadora fusión dos movementos sociais, entre os que xurdiu por vez primeira unha alianza non escrita para salvar o planeta. PAX 2. ALTERNATIVAS. RECUPERAR A SOBERANÍA GRAZAS Á TECNOLOXÍA, por Dixital2PAX 3. ALTERNATIVAS. ÁRBORE: NOVE ANOS DE LOITA, por Nerea Pereira Rodríguez (Árbore)PAX 4. PENSAMENTOS. ESPERPENTO NA AUDIENCIA NACIONAL, por Imanol Dorca (Altermundo); NOVO CLIMA EN COPENHAGUEN, por Silvia Ribeiro (Grupo ETC)PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (DECRECEMENTO, DOCUMENTO DE ESTRATEXIA DE REDUCIÓN DA POBREZA); Quen é quen: SERGE LATOUCHE ; O que ler: LA APUESTA POR EL DECRECIMIENTO, de S. Latouche (Reseña de Xan Duro); Rede de redes: INSTITUT D’ETUDES ÉCONOMIQUES ET SOCIALES POUR LA DÉCROISSANCE SOUTENABLE; Campañas: CONSUME XUSTO, TAMÉN CANDO ESTAMOS NO NADAL (Amarante)PAXS 6-7. AQUEL 2009. A OLLADA DO ALTERMUNDO, por Manoel Santos (Altermundo)PAXS 8-9. POLO MIÚDO. ACORDO DE COPENHAGUEN: NIN XUSTO, NIN AMBICIOSO, NIN VINCULANTE, por Xosé Veiras (Verdegaia e Ecoloxistas en Acción).PAX. 10. CONVOCATORIAS. SAIBA COMO SERÁ O FSM NO ANO 2010. ROLDA DE REBELDÍA: AS IDEAS E A PALABRA. Arcado Oliveres na Galiza. Xaneiro: mes de Foro Social Mundial (foros polo mundo). Obradoiro de consumo responsábel. Marcha pola liberdade de Gaza. Exposición sobre as crises esquecidas. Chega o Implícate 2010.PAX. 11. PENSAMENTOS. 150 ANOS: DARWIN E OS EVOLUCIONISMOS, por Alfredo I. Diéguez.PAX 12. O REMATE. SUPREVISIÓN EUROPEA E DESINFORMACIÓN, por Juan Hernández Vigueras (Attac). Viñeta de Kalvellido. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. A BOLBORETIÑA AZUL por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Tamaño: 2,9 Mb [BAIXAR] |
NÚMERO 31 (29/11/2009)DENDE SEATTLE PARA O MUNDOPareceu un raio no ceo azul, escribiu o sociólogo brasileiro Emir Sader, aquela marea humana que o 29 de novembro de 1999 e días posteriores conseguía bloquear en Seattle a terceira xuntanza ministerial da Organización Mundial do Comercio e espir as súas indecentes intencións para o mundo. A partir de aí, un xigantesco grupo de persoas, dende sindicalistas a intelectuais, labregos, camioneiros, ecoloxistas…, fixeron converxer as súas protestas presionando en todas e cada unha das xuntanzas dos poderosos: asembleas da ONU, ministeriais da OMC, citas do FMI e o Banco Mundial, G-8, G-20, Comisión Europea… A sociedade civil mundial constituía unha rede de dignidade que lograba esnaquizar a imaxe pública do capitalismo global e mudaba nun obstáculo real para os autoproclamados amos da orde mundial, mais tamén construía alternativas ao redor do Foro Social Mundial. The New York Times concluía: “existen dúas superpotencias no planeta, os Estados Unidos e a opinión pública mundial”. Mentres Paul Nicholson, Arcadi Oliveres e Susan George nos falan da súa experiencia naqueles días históricos; Jordi Calvo, Xabier Ron, Lara Domínguez, Raúl Asegurado, Marga Tojo, Tom Kucharz, Esther Vivas e Josep Maria Antentas, analizan diferentes aspectos do acontecido dende aqueles “cinco días que estremeceron o mundo” (Alexander Cockburn). PAX 2. SEATTLE+10. DEZ ANOS DO MOVEMENTO ANTIGLOBALIZACIÓN, por Jordi Calvo (Justícia i Pau)PAX 3. SEATTLE+10. AS LOITAS DESPOIS DA ‘BATALLA DE SEATTLE’, por Josep Maria Antentas e Esther Vivas (Membros da redacción de Viento Sur)PAX 4. SEATTLE+10. DE SEATTLE A AQUÍ, por Lara Domínguez; A ESQUERDA DESPOIS DE SEATTLE, por Raúl AseguradoPAX 5. SEATTLE+10. Dicionario do Altermundo (OMC); O que ler: RESISTENCIAS GLOBALES. De Seattle a la crisis de Wall Street; REMETTRE L’OMC À SA PLACE; Activismo: POR QUE A ORGANIZACIÓN MUNDIAL DO COMERCIO?PAXS 6-7. POLO MIÚDO. REVIVIR O ESPÍRITO DE SEATTLE, por Tom Kucharz (Ecologistas en Acción)PAXS 8-9. SEATTLE+10. A TRES VOCES: ENTREVISTA CON SUSAN GEORGE, PAUL NICHOLSON E ARCADI OLIVERES, que hai 10 anos camiñaron polas rúas de Seattle.PAX. 10. CONVOCATORIAS. BERRANDO DE XENEBRA A COPENHAGUEN. Mobilizacións contra a OMC e o cambio climático. Como se organizan os movementos?PAX. 11. SEATTLE+10. A DEMOCRACIA SUBVERTIDA, por Xabier Ron (Esquerda Unida).PAX 12. O REMATE. NON TODOS OS COCHES ARDEN MAL, por Marga Tojo (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Nova Sección de Gustavo Duch. A ORGANIZACIÓN MUNDIAL DO COMERCIO por Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido |
Altermundo 31-40
Escrito por Altermundo
Sábado, 27 Febreiro 2010 08:51
Sábado, 27 Febreiro 2010 08:51
TAGS: suplemento altermundo













