Silvia Ribeiro-. As corporacións aprópianse de parte dos discursos dos movementos sociais para emprender a procura dos enormes beneficios monetarios que oferta a natureza.
Xoán R. Doldán-. A posesión de escravos mecánicos movidos polo petróleo favoreceu unha agricultura que xa non requiriría de tantas persoas para traballaren a terra, ou mesmo que os alimentos ou outros recursos materiais e enerxéticos puideran vir de calquera parte do mundo
Silvana Melo-. Nesa América ve o mundo o que lle salvará a vida nun futuro mediato: os alimentos e a auga. A vida que agroma da terra. O que se cultiva e o que mana. O 93% da poboación suramericana vive en países exportadores de alimentos. Pero entre 50 e 70 millóns sofre fame.
Vicent Boix-. Os agrocombustíbeis e o investimento especulativo nos recursos agrícolas elevan moito o prezo dos alimentos. As colmadas reservas e as soberbias colleitas xa non serven para aplacar a voracidade e a avaricia duns poucos aos que non lles importa que a xente morra de inanición.
María Lidia Senra Rodríguez naceu na Pobra de Brollón (Lugo) no ano 1958. E cotitular, xunto ao seu compañeiro, dunha explotación agraria que fai venda directa e na que se utiliza o método labrego tradicional de produción. Ingresou no Sindicato Labrego Galego en 1976 e ocupou o cargo de Secretaria Xeral entre 1989 e 2007, [...]