Varios activistas galegos artellados ao redor da campaña BDS-Galiza e outras, participarán na segunda Frotiña da Liberdade, que partirá cara a Gaza na terceira semana de xuño, desoíndo ao mesmísimo Ban Ki-Moon, que aconsellou aos gobernos que "desalentasem" a participación dos seus cidadáns na expedición internacionalista. E xusta. velaquí as claves da iniciativa:
Unha decena de barcos cuns 1500 activistas a bordo formarán a ‘Flotilla da Liberdade II’, que ten previsto partir rumbo á franxa palestina na terceira semana de xuño. Varios activistas gallegos irán na expedición. Altermundo fará un seguimento detallado.
Ante a expectación global por coñecer oficialmente a posición de Washington sobre o que actualmente acontece no mundo árabe, o presidente estadounidense Barack Obama lanzou esta semana unha ampla iniciativa en Oriente Próximo, con principal énfase en apoiar os cambios políticos democráticos na rexión e impulsar a inédita aceptación dun Estado palestino con base nas [...]
Mauro Santayana-. Os americanos conmemoran nas rúas a morte de bin Laden, mentres nos países musulmáns outros oran polo home que consideran mártir. Como parte da Humanidade, se cadra non nos conviría a euforia pola execución sumaria de Bin Laden, nin a consternación pola súa morte.
Alfredo I. Diéguez- A coalición, que ten por obxectivo romper o bloqueo a que está sometido o pobo palestino por mar, ten previsto enviar unha nova Flotilla pola Liberdade, para trasladar a axuda humanitaria que será entregada á UNRWA…
Roberto Mansilla-. Compre observar con atención os resortes que se traducen do recen constituído acordo político entre os movementos palestinos Hamas e Al Fatah para alcanzar un goberno de unidade nacional, de cara á previsible proclamación dun Estado palestino para setembro próximo.
Venres pola mañá en Qalandia, un dos checkpoints entre Ramala e Jerusalem. Os coches amontóanse, mentres un mozo vai distribuíndo té e café entre @s condutor@s. Mentres, os “parlantes” israelís berran en hebreo: “pare, avance, abra a porta, apague as luces, pare…!!”
Campaña BDS-. A campaña BDS resposta ao artigo publicado por cidadáns vascos, cataláns e galegos –entre eles Iñaki Anasagasti, Josep-Lluis Carod-Rovira e Xoán Bernárdez Vilar– que se manifestan contra o boicot.
Moustapha Barghouti analisa repercussões da revolta árabe nos territórios ocupados e aposta: “vivemos início de algo maior, cujo tempo chegou”.
CIG-. Boicote, Desinvestimento, Sancións son os tres eixos baixo os que xira a actividade da plataforma internacional BDS, que dende hai oito meses opera tamén na Galiza.
Pallasos en Rebeldía-. A II Caravana do proxecto Festiclown Palestina xa está novamente en marcha polos territorios ocupados.
Boaventura de Sousa Santos-. A cultura patriarcal tem uma dimensão particularmente perversa: a de criar a ideia na opinião pública que as mulheres são oprimidas e, como tal, vítimas indefesas e silenciosas.
Varios activistas do colectivo galego de acción global FugaEmRede acaban de regresar dunha nova visita a Palestina. David Bruzos e Antón Gomez-Reino falannos das novas e agresivas estratexias de gobernanza israelís e das posíbeis novas estratexias de resistencia dunha Palestina que segue a (mal)vivir amurallada.
Convocamos aos colectivos sociais, ao mundo do circo e aos seres humanos amantes da liberdade a mostrar o seu apoio a este manifesto a favor da realización do FestiClown Palestina 2010 e a exhibir a súa repulsa pola expulsión inxustificada de Iván Prado e Laila Tillawi de Israel.
O Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil, recentemente celebrado en Osasco (São Paulo, Brasil), iniciou as tres actividades que terá o Foro Mundial de Educación en 2010, xusto cando se cumpren 10 anos da súa existencia. Palestina e a multiculturalidade, en outubro, e Galicia e a cultura de paz, en decembro, serán os vindeiros pasos.
X. M. Beiras-. Apreixado, como nun pantermo, pola sua propria función e razón de ser na estratexia do actual imperialismo ianqui, o Estado de Israel compórtase nas pautas dunha sorte de síndrome freudián: a traveso dil, e mália elas mesmas, as vítimas de outrora tórnanse verdugos de arestora.
Moncho Vázquez-. Moncho Vázquez, activista galego do ‘Palestine Solidarity Project’, fálanos de como o Estado de Israel basea a súa existencia nunha violación permanente dos dereitos humanos. Unha excepcionalidade que afecta a 10 millóns de palestinas e palestinos.








Xavier Simón

















