Autor/a

Fundador da Rede do Terceiro Mundo e director do South Centre.

banner_consello_peq

Categorías

Tempo extremo
Tempo extremo

Os Xogos Olímpicos de Londres puxeron novamente sobre a mesa o tema da mudanza climática. A cerimonia de apertura foi amplamente aclamada, pero houbo outro factor importante, a sorte, que xogou para que a choiva non arruinase a festa.

Os organizadores, atletas e espectadores dos Xogos Olímpicos mantiveron os seus dedos cruzados para que non diluviara nos días seguintes. Poucas semanas antes, unha parte importante da Gran Bretaña quedou alagada. As pantallas de televisión e os xornais enchéronse de imaxes de automóbiles arrastrados polas rúas convertidas en ríos.

As choivas e inundacións inusualmente intensas alcanzaron os peores niveis históricos en Gran Bretaña. En xaneiro, un informe gobernamental expresaba que as inundacións provocadas polas intensas choivas serían o peor efecto da mudanza climática nas vindeiras décadas, con perdas estimadas en millóns de libras esterlinas anuais.

Por suposto que os eventos climáticos extremos non se limitan a Gran Bretaña. A finais de xullo, polo menos setenta e sete persoas morreron e centenares foron desprazadas na peor inundación que azoutou a Beijing en máis de sesenta anos, provocada por un prolongado dioivo ocorrido o 21 de xullo. Foi a choiva máis torrencial caída na capital da China desde que comezaron os rexistros en 1951.

Mentres tanto, Estados Unidos enfronta un grave refacho de calor e seca. Isto provocou caídas importantes na produción agrícola, con serios efectos na subministración mundial de alimentos e nos prezos.

A seca atribúese en parte ao fenómeno da “Niña”, que ten un efecto de arrefriado no océano Pacífico, levando un clima máis cálido e seco ao sur do país, en especial a Texas, cuxa agricultura resultou devastada o ano pasado. Pero moitos científicos tamén a vencellan co cambio climático.

A “Niña” é só unha parte da historia, segundo Peter Stott, do Centro Met Office Hadley do goberno británico e coautor dun estudo que vincula o cambio climático coa seca de Texas e outros eventos extremos. Entrevistado por Voice of America, dixo que o seu estudo atopou “claras probas da influencia humana na onda de calor de Texas e tamén nas temperaturas inusuais que tivo o Reino Unido en 2011”.

O estudo sinala que a seca de Texas de 2011 tivo vinte veces máis posibilidades de acontecer que na década de 1960, como resultado das emisións de gases de efecto invernadoiro. A onda de calor de novembro pasado en Inglaterra tivo sesenta e dúas veces máis probabilidades de ocorrer que cincuenta anos atrás.

Os científicos son cautelosos e sinalan que é difícil establecer con exactitude que certos eventos extremos foron causados pola mudanza climática, pero novos estudos revelan que o mesmo aumentou a probabilidade de que eses eventos ocorran.

“O importante aquí é a combinación de variacións naturais do clima”, di Stott. “Vimos iso na “Niña”, en Texas, pero por sobre todo é este efecto adicional do clima o que pode provocar unha maior vulnerabilidade ao clima extremo, e en efecto fíxoo no último ano”.

En novembro de 2011, un informe pioneiro do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático das Nacións Unidas –que involucra a cen científicos– vinculou o aumento de eventos extremos, como fortes choivas e asolagamentos, e ondas de calor, coa mudanza climática.

O informe avalía que hai polo menos un sesenta e seis por cento de posibilidades de que os extremos climáticos muden como resultado das emisións de gases de efecto invernadoiro, e sinala que as perdas económicas derivadas de desastres vinculados ao clima están en aumento.

Entre os recentes eventos notabelmente extremos relacionados co clima en Asia figuran a peor inundación de Tailandia dos últimos cincoenta anos, en setembro-outubro de 2011, que tivo efectos devastadores nas manufacturas, na agricultura e nos fogares, con perdas que o Banco Mundial estimou en 45.700 millóns de dólares.

Paquistán sufriu intensas choivas e grandes inundacións en xullo-agosto de 2010, que afectaron a vinte millóns de persoas, deixaron dous mil mortos e provocaron graves prexuízos á produción agrícola. En 2011, o país sufriu outro asolagamento importante que provocou a morte de milleiros de persoas.

O ano pasado unha grave seca afectou a África oriental e ao redor de doce millóns de persoas víronse ameazadas pola escaseza de alimentos. Tamén neste caso os científicos foron cautos en vincular a falta de choivas co cambio climático, pero opinaron que o mesmo aumentaba o risco de que tales eventos ocorresen. A crecente evidencia dos vínculos entre estes eventos extremos co cambio climático debería motivar tamén aos gobernos e movementos sociais a abordar con maior seriedade as causas do cambio climático.•

Artigo cedido a Altermundo, para a súa publicación en galego, polo ‘Instituto del Tercer Mundo’ (ITeM), Montevideo, Uruguai.
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning