Autor/a

Consultor de Internet e ciberactivista social, político e cultural. Fundador da asociación Véspera de Nada para unha Galiza sen Petróleo. Membro do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Todo pola pasta (de papel)!
Todo pola pasta (de papel)!

Para salvar os eucaliptos, sacrifiquemos as abellas; e con elas non só o medio de vida dos apicultores, senón un elemento chave dos ecosistemas que permite a polinización de numerosas plantas, incluídas moitas das que nos alimentamos. Ese é o plan que xorde no seo de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón), entidade presidida por e que presume de sustentable, e que bota a andar en primavera coa colaboración da Xunta de Galicia, asociacións forestais galegas e concellos gobernados polo Partido Popular.

O en Galiza áchase afectado por unha praga –algo ao que son sumamente proclives os monocultivos– dun insecto chamado Gonipterus scutellatus, ou gorgullo do eucalipto. Malia existiren outras vías para o combater, como a loita biolóxica, a industria papeleira opta por un insecticida da casa BASF, o Cascade, e cuxo principio activo é o flufenoxurón. O escandaloso é que, contravindo a normativa europea, se elixe facer mediante fumigacións aéreas –que esparexen o produto mesmo fóra das zonas afectadas– e que a propia UE decidiu prohibir por ser demasiado daniño para o medio ambiente. Porén, alguén debeu pensar en colocar os stocks do Cascade antes de que entrase en vigor a prohibición e elexiron Galiza como o país que ía apandar.

Entre os efectos deste insecticida figura, na propia documentación do produto –aínda que o neguen con descaro tanto a Xunta como ENCE e determinados técnicos— que é tóxico para as larvas das abellas e para os organismos acuáticos. Por se fose pouco, os documentos da Comisión Europea calíficano de “persistente, bioacumulable e tóxico”. Á vista destes riscos, en canto a Asociación Galega de Apicultores (AGA) comeza dar a voz de alarma en abril, ponse en marcha a resposta social no país. Unha recollida de sinaturas online dá a coñecer a ameaza e acada milleiros de apoios nas seguintes semanas –hoxe vai xa polas 106.000 sinaturas. De aí a pouco fórmase unha Plataforma contra as Fumigacións e por un futuro sen pesticidas, na que se xuntan medio cento de organizacións como AGA, SLG, , Verdegaia, FRUGA, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega e colectivos sociais, agricultores ecolóxicos, centros sociais e asembleas dos Indignados. A intensa actuación da plataforma tanto na Internet –incluíndo bombardeo de mensaxes na páxina da Xunta en Facebook, campañas en Twitter baixo os lemas #queremosAbellas e #fumigacionsNON– como na rúa e nos xulgados –denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente– comeza a preocupar o goberno galego, que se ve obrigado a dar explicacións en sede parlamentar á oposición, e que co transcorrer das semanas se vai desmarcando timidamente do plan alegando que eles se limitan a autorizar as fumigacións pero só no caso de seren aéreas e repetindo que o uso do pesticida aínda está permitido e que non hai razón para a alarma social xenerada.

A Plataforma comeza entón a espallar a súa acción localmente cunha rede de informadores que asiste ás xuntanzas que realizan as asociacións forestais cómplices do plan fumigatorio para recabaren sinaturas dos propietarios, e logran que prevaleza o sentido común e se neguen a dalas. ADEGA saca tamén á luz un mapa coa localización dos puntos onde se pretende fumigar, información que trasmitida pola Plataforma circula compridamente en Internet. Tamén comezan a chegar no mes de maio probas gráficas sobre fumigacións realizadas de xeito discreto, desde terra e por medio de canóns nebulizadores, enviadas por veciños preocupados que fotografían as camionetas. O que se pretendía unha masiva fumigación aérea sen coñecemento do público, salta ás páxinas da prensa e obriga aos seus promotores a tentar algo máis discreto cós helicópteros previstos inicialmente e a se limitaren ás fincas da súa propiedade (Norfor, filial de ENCE).

Hoxe o rebumbio mediático minguou, pero a espada de Damocles tóxica segue a pender sobre centos de milleiros de hectáreas de monte galego, sobre as augas e sobre o alimento de boa parte da nosa poboación. Por iso a Plataforma contra as Fumigacións vén de poñer en marcha coa colaboración dos cidadáns unha campaña de mocións municipais que xa logrou que concellos coma Tui, Mondoñedo, Ribadeo, Redondela, Narón, Oleiros, Vilaboa, Ares ou Valdoviño se posicionasen en contra das fumigacións.

As industrias que só queren ver nos nosos montes unha fonte de papel e enerxía están sendo favorecidas polo actual goberno, se cadra tamén interesado en que o noso rural vire inhabitable e así quede o campo libre para elas. Doutra maneira non se comprenden este tipo de plans, nin a teimosía cos monocultivos nin lexislacións como a nova Lei de Montes.

Nun momento histórico no que se debería apoiar a base natural da economía do país, favorecendo non só a permanencia senón a progresiva implantación de máis poboación no rural, e defendendo a soberanía alimentar para afrontarmos o progresivo colapso do modo de vida industrial, o que se fai é xusto o contrario: contaminar masiva e persistentemente o ecosistema e destruír elementos críticos do mesmo, como as abellas, para salvar a pasta do papel. Por se tivésemos pouco coa degradación de chans e acuíferos provocada durante décadas polo monocultivo celulósico do eucalipto, por se fosen poucos os lumes forestais a que dan pé, agora queren que sacrifiquemos o noso dereito a cultivar a nosa propia comida nun van intento de defendelos dunha praga que eles mesmos favoreceron? O eucalipto demostra ser cada vez máis incompatible co noso futuro.•

+INFO: http://FumigacionsNON.org
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning