Autor/a

Mediapart. Europe Ecologie Les Verts

banner_consello_peq

Categorías

Tunisia, a nova meca do altermundismo?
Tunisia, a nova meca do altermundismo?

“A peor das democracias é de lonxe preferíbel á mellor das ditaduras” (Ruy Barbosa, escritor brasileiro).

, o seu clima tan agradábel, tanto na praia coma nos negocios –polo menos para algúns con Ben Alí–, o seu perfume de xasmín, e desde hai case dous anos o seu proceso revolucionario en curso, escrutado con lupa polo conxunto dos países árabes, e de máis alá. Desde o 14 de xaneiro de 2011, data da fuxida cara a Arabia Saudita do sinistro Ben Alí tras tres semanas de insurrección popular en todo o país, busca un sistema institucional democrático susceptíbel de respostar finalmente ás aspiracións do pobo tunisiano. “Dignidade, liberdade e igualdade” podería ser o seu tríptico matriz, pero continúa a buscarse neste mes de xullo de 2012. Unha cousa é segura, palpáble tanto nos mitins como nas terrazas dos cafés, e é que a palabra liberouse. Non parece xa querer ser de novo confiscada. O movemento altermundista, que procura un novo alento fronte ás perpetuas evolucións do sistema económico mundial, non podía permitirse deixar de lado os acontecementos en curso en .

En abril de 2011, a penas tres meses despois da caída do réxime benalista, fora organizada unha semana de visita aos lugares simbólicos da “revolución da dignidade”: Kasserin, Feriana, Gafsa, etc., e varias organizacións próximas ou que forman parte dos mundiais –eu estaba por Europa Ecoloxía Os Verdes– foran convidadas a atoparse alí cos militantes locais e as familias dos “mártires” da revolución. O meu informe sobre esta visita fora publicado aquí [1].

Quince meses máis tarde, as diferentes estruturas que compoñen o FSM decidiron organizar alí, en Monastir, unha “asemblea preparatoria”, unha especie de ensaio xeral, do de 2013. Unhas 1.600 persoas de todos os horizontes reuníronse durante seis días a fin de intercambiar opinións sobre un gran número de problemáticas tanto locais como globais do noso tempo, baixo un sol de chumbo, cargado dun lixeiro perfume insurreccional. Eu estaba convidado como membro da comisión transnacional de EELV [2].

Se o conxunto das xuntanzas non foi dabondo decisivo para permitir decisións definitivas sobre a organización concreta para o ano que vén, tras unha semana pasada alí, o meu balance persoal foi máis ben positivo. Do conxunto dos debates xorde unha problemática que vira en bucle: Islam e política, ou máis precisamente Islam e democracia. En Tunisia, o partido Ennhadha, saído dos Irmáns Musulmáns, foi o gran vencedor das primeiras eleccións libres do país en outubro de 2011. Dispondo de 89 prazas na asemblea constituínte (de 217 membros), dun primeiro ministro e de numerosos ministros, os islamitas de Ennahdha constitúen sen dúbida a primeira forza política do país. Vistos demasiado a miúdo simplemente como islamitas polos estados europeos, en particular Francia, a antiga potencia colonial e tutelar, o partido Ennhadha está atravesado de contradicións complexas que prohiben as reflexións simplistas e a preguiza intelectual demasiado a miúdo en curso en particular nos “cenáculos parisienses”.

Primeira lección, a maior parte dos editócratas, politólogos de salón e actores políticos franceses comprometéronse de tal xeito durante o réxime de Ben Alí que máis lles valería contar até dez antes de falar de novo do país do xasmín. Os compromisos tan denunciados do antigo poder sarkozysta xa na oposición non deben facer esquecer que foi a inmensa maioría do campo político-mediático a que se fixo cómplice do réxime mafioso de Ben Alí. No poder desde o 7 de novembro de 1987 até o 14 de xaneiro de 2011 –e xa condenado por contumacia a perpetuidade por complicidade en asasinatos–, este non tería xamais aguantado tanto tempo sen o apoio de Francia, incluíndo á dereita e a esquerda. Un libro de dous xornalistas de Mediapart, Lénaig Bredoux e Mathieu Magnaudeix, describe particularmente ben as lamentábeis relacións franco-tunisianas destes dous últimos decenios: Tunis Connection [3].

Co pretexto dunha necesaria barreira contra o “integrismo islamita”, tetanizados polos acontecementos dos anos 1990 e a terríbel guerra civil do gran veciño alxerino, e as súas enormes devastacións colaterais como os atentados da estación de St Michel en París (8 mortos e 117 feridos) o 25 de xullo de 1995, os diferentes gobernos franceses e a intelligentsia parisiense pecharon os ollos sobre as derivas cada vez máis deplorábeis do clan Ben Alí-Trabelsi. Da famosa frase de Jacques Chirac [4] ás lamentábeis declaracións de Michèle Alliot-Marie na Asemblea Nacional [5], pasando polas declaracións escandalosas do antigo presidente do FMI, Dominique Strauss Kahn [6], afastámonos da sociedade real tunisiana, a que se expresaba na conca mineira de Gafsa bastante máis que nas praias douradas de Hammamet e de Djerba. Fomos mediocres e estivemos cegados polo noso perezoso abano de lectura, “máis vale un réxime autoritario que islamitas no poder”. Non é por carecer de advertencias por parte dos opositores tunisianos, ben presentes en París. Pero Lénaig Bredoux e Mathieu Magnaudeix explican moi ben todo isto no seu libro.

Falábase pois moito do Islam e de política nos locais da flamante nova facultade de biotecnoloxías, nos corredores do hotel Esplanade ou nas salas da municipalidade de Monastir. Ademais, sen relación de ningún tipo, celebrábase ao mesmo tempo en Tunisia –do 12 ao 16 de xullo– o congreso de Ennhadha [7], en presenza de miles de militantes. Fronte a todo isto, ver o campo político tunisiano actual só co prisma do perigo salafista aparece sinxelamente reductor.

Pero os debates da asemblea preparatoria en Monastir non se limitaron só a isto. Falouse igualmente de emigracións, sobre todo os dous primeiros días ao redor de Boats4People [8] : o venres 13 de xullo por exemplo, nun anfiteatro a rebordar da Universidade de Biotecnoloxías de Monastir, desfilaban os intervinientes da Asemblea Xeral dos Boats4People, mentres o calor aumentaba perigosamente e o aire se rarificaba. A imaxe de como fixera o Barco para Gaza [9] o ano pasado, enviado cara a Franxa de Gaza para denunciar mediante unha campaña internacional o peche de millóns de palestinos por Israel, Boats4People enviou un barco a dar a volta ao Mediterráneo para denunciar a sorte reservada aos emigrantes que tentan atravesar o mar para chegar ao chan europeo. Chegado de Palermo (Sicilia), o barco permaneceu no peirao varios días no porto de Monastir.

Mulleres tunisianas que perderon algúns dos seus fillos no mar amosan ante a asemblea os seus retratos como testemuño, coa voz tremendo. Unha onda de emoción e de calafrío percorre a sala. Estas dúas mulleres que testemuñan non saben sequera que pasou cos seus fillos. Como poder esperar facer o seu dó nestas condicións? É sinxelamente atroz. A Unión Europea e a súa axencia Frontex son culpábeis como mínimo de non asistencia a persoas en perigo. Estas mulleres teñen até fotos dos seus fillos que estarían en Lampedusa pero non teñen ningunha nova. Á tarde mesma unha conferencia de prensa é organizada por Boat4People do Ksibet, no exterior da cidade. Alí ten lugar unha performance artística de cinco mozos enteiramente pintados de branco, que avanzan arrastrándose como escravos, simbolizando o sufrimento dos emigrantes, antes de que tres barcos entren no porto baixo os aplausos da multitude, mentres que se sacan faroliños que se prenden antes de deixalos voar, en homenaxe aos milleiros de mortos inocentes tragados polas augas azuis implacábeis do Mediterráneo. Unha listaxe dos desaparecidos no mar é posta sobre o chan, cos nomes das persoas das que se puido atopar algún rastro, e cada un dos nomes está inscrito sobre un dos farois que voan. Unha conferencia de prensa de Boats4People foi despois organizada no porto. Esta acción permitiría pór palabras sobre os sufrimentos dos emigrantes, mortos anónimos e sobrevivintes, e os membros das súas familias fronte a esta espantosa máquina de triturar a humanidade que constitúen o espazo Schengen e as súas fronteiras.

Outro intre forte desta asemblea preparatoria foi, o domingo 15 de xullo ao luscofusco, a organización dun encontro-debate entre mozos dos novos movementos de protesta que emerxeron en todo o planeta estes últimos anos, fronte á crise financeira internacional. Occupy Wall Street (Canadá e Estados Unidos), Y´en a marre (Senegal), un movemento indio de loita contra a corrupción, os mozos en revolta de Tunisia, etc. O representante de Y´en a marre foi particularmente aplaudido, tras a súa intervención virulenta contra o poder senegalés de Abdulaye Wade, derrotado por Macky Sall nas últimas eleccións presidenciais senegalesas do marzo pasado. O FSM oferta a todos estes movementos heteroxéneos unha plataforma común de discusións que permite a posta en común das experiencias e eventuais alianzas para acentuar as revoltas fronte ás políticas neoliberais en curso un pouco por todo o planeta.

Loitas contra o aumento dos gastos de escolaridade (Quebec ou Chile), loitas pola liberdade, a dignidade e a democracia (primaveras árabes, Senegal, etc.), loitas por menos austeridade e máis solidariedade (os “indignados” españois, gregos, portugueses, dos balkáns, etc.), loitas polo acceso aos recursos contra a prevaricación das multinacionais (os campesiños sen terra na India, en América Latina, etc.), todos eses combates teñen un punto común: o rexeitamento da fatalidade do sistema económico mundial, que reclama de forma permanente o seu lote de privatizacións e de ganancias en detrimento das poboacións. Ao cabo de máis de dúas horas de discusións frutíferas, eses indignados de todos os horizontes reúnense na terraza do hotel Explanade a fin de escoitar un pouco de música de revolta dos militantes senegaleses de Y´en a marre.

O luns 16 e o martes 17 de xullo, o Consello Internacional do FSM, a asemblea decisoria do proceso dos foros, reuniuse toda a xornada na gran sala da municipalidade de Monastir a fin de preparar as próximas cuestións. As diferentes comisións do Consello, a comisión “comunicacións e mobilización”, a de “metodoloxía” e a de “recursos” reúnense antes de facer cada unha o informe pola tarde do conxunto das súas discusións. Tense así un pouco máis clara o martes ao fin da xornada a continuación dos acontecementos: o Foro Social Mundial 2013 terá lugar en Tunisia o próximo ano, probablemente os días do 23 ao 28 de marzo. Foi confirmado polo Primeiro Ministro tunisiano Hamadi Jebali nun encontro con representantes do Consello Internacional do FSM o 16 de xullo pola mañá.

Esta asemblea preparatoria foi, pois, particularmente rica e instrutiva. Hai que dar as grazas a todos os organizadores pola súa entrega e a súa profesionalismo ao longo de todas as xornadas nas que, sen problemas, a pesar das dificultades organizativas puntuais, todo foi moi ben. Unha lembranza para Amel, Mégane, Fadwa, Hocin, Adwa, Mathieu, Lin, Taufik, Karine e todas e todos os que permitiron que o encontro de Monastir poidese ter lugar. Moitas cousas están aínda por concretar para o ano que vén, cando pode haber máis de 20.000 persoas de todas as nacionalidades presentes no FSM, pero o esencial está aí, o espírito de apertura, de diálogo e de discusión cosmopolita. 

O FSM, hai máis de dez anos agora, formouse sobre a idea da necesidade dunha resposta política a escala global da “sociedade civil” no sentido amplo fronte á globalización financeira e as evolucións mortíferas do capitalismo neoliberal. Pois se hai claramente un sistema económico mundial que impón as súas regras sobre practicamente o conxunto do planeta, non hai estado mundial susceptíbel de poder regular as súas equivocacións. Con todo, a crise ecolóxica necesita respostas urxentes e globais que os actores políticos foron até agora incapaces de expor. Como di con ironía Immanuel Wallerstein, filósofo americano e eminencia gris dos altermundistas, sobre o slogan de Occupy Wall Street, “o 99% é formidábel, pero non é suficiente para constituír unha maioría”.

En conclusión, o proceso dos Foros Sociais Mundiais non parece verdadeiramente ir tan mal. A súa falta de cobertura mediática actual non significa certamente o seu esgotamento senón máis ben unha evolución proteiforme sen dúbida un pouco difícil de analizar e cubrir pola prensa lambda. O FSM diversifícase, nas rexións e segundo os temas. O interese de organizar o en Tunisia marca en calquera caso simbolicamente a importancia da revolución tunisiana e do proceso en curso das “primaveras árabes” para o movemento altermundista. Pois probabelmente “outra Tunisia é posíbel” nun “outro mundo posíbel”.

NOTAS
[1] Tunisie: la révolution pas à pas. Pódese ler en:  http://eelv.fr/2011/05/04/tunisie-la-revolutionpas-a-pas/
[2] http://transnationale.eelv.fr/
[3] http://www.seuil.com/livre-9782021059465.htm
[4] “O primeiro dos dereitos humanos é comer, ser curado, recibir unha educación e ter unha vivenda. Desde este ollar, hai que recoñecer que Tunisia está moi por diante de moitos países”, Jacques Chirac de visita oficial a Tunisia en decembro de 2003.
[5] “Propomos que o saber facer que é recoñecido no mundo enteiro das nosas forzas de seguridade permita arranxar situacións de seguridade deste tipo”. Michèlle Alliot-Marie, daquela ministra de Asuntos Exteriores, en sesión na Asemblea Nacional francesa o 11 de xaneiro de 2011, referíndose ás manifestacións reprimidas de forma sanguenta polo réxime de Ben Alí.
[6] En visita oficial o 18 de novembro de 2008 en Cartago, Dominique Strauss-Kahn felicitara ao presidente Zine o-Abidine Ben Alí pola pertinencia das súas decisións económicas e políticas: “O xuízo que o FMI ten sobre a política tunisiana é moi positivo e non teño ningún temor polo próximo ano. Mesmo se a escala do planeta non vai ser doado, en Tunisia as cousas continuarán funcionando correctamente”.
[7] http://www.boats4people.org/index.php/fr/
[8] http://unbateaupourgazafr.blogspot.fr/

FSM TUNISIA 2013

O  Foro Social Mundial 2013 realizarase en Tunisia do 26 ao 30 marzo de 2013. Coa publicación seu sitio web (www.fsm2013.org) deuse inicio ao proceso de rexistro de organizacións participantes e de propostas de actividades. 

A decisión sobre a sede do Foro foi resolta polo Consello Internacional do FSM en París, e confirmada en xullo pasado na cidade tunisiana de Monastir, logo de varias consultas a movementos sociais deste país e outros de África setentrional. A Asociación Tunisiana de Mulleres Demócratas (ATFD), a Liga Tunisiana para os Dereitos Humanos (LTHD), a Unión Xeral de Traballadores de Tunisia (UGTT), O Foro Tunisiano para os Dereitos Económicos e Sociais (FTDES), Raid Attac, a Unión de Graduados Universitarios Desempregados de Tunisia, a Asociación de Mulleres Tunisianas para a Investigación e o Desenvolvemento (AFTURD), o Consello Nacional para as Liberdades en Tunisia (CNLT) e a Asociación Nacional de Avogados integran a Secretaría local do FSM 2013.

A programación aprobada polo Comité de Seguimento do Foro Social Maghrebí é a seguinte: 15 de outubro: Lanzamento do sitio web do FSM 2013 e do proceso de rexistro para as organizacións participantes e de propostas de actividades; 1 de decembro: Clausura da fase de propostas de actividades coa súa publicación, cos respectivos datos de contacto; 2 ao 15 de decembro: Fase de consolidación; 16 de decembro ao 31 de xaneiro de 2013: Rexistro das solicitudes de asembleas de converxencias e asignación de espazos; 1 ao 28 de febreiro: Elaboración do programa final e a súa tradución aos distintos idiomas que se utilizarán no FSM 2013; 1 ao 20 de marzo: Implementación da loxística, impresión do programa e organización do espazo físico do FSM 2013; 26 ao 30 de marzo: Realización do FSM 2013; 30 de marzo: Acto de clausura; 31 de marzo ao 1 de abril: Reunión do Consello Internacional do Foro Social Mundial en Tunisia.

Share

4 Comentarios
  1. Gustavo Duch e Jerónimo Aguado-. Estase a converter nunha inaceptábel rutina. Cada dous anos, máis menos, sacódenos unha crise alimentar pola forte subida do prezo dos cereais.

  2. Porque é necesario (cada vez máis) e porque é posible facelo. Porque hai milleiros de galegas e galegos que non teñen un medio de comunicación na rede no que confíen, que queren ler un xornal de calidade, en galego e que lles conte a parte da realidade que o resto das cabeceiras non lle está contando. Porque queren un espazo no que atoparse e debater. Un xornal dixital moderno, conectado co mundo e aproveitando todas as posibilidades da información en tempo real e multimedia, un xornal aberto e colaborativo, en permanente intercambio con outros medios galegos, cos lectores e coas organizacións sociais e os internautas. Aberto tamén no político, sen filiacións partidarias e apostando por unha axenda temática propia, distinta á dos medios convencionais. E moi preocupado polo traballo xornalístico, base de calquera medio de comunicación, tanto dos redactores coma dos colaboradores xornalistas, que en Praza serán (como debería ser obvio) retribuídos.

  3. participar activamente en fsm2013 donde esten en el mundo, y sin importar el tamaño de la delegación que pueden enviar en Túnez.

  4. O proceso dos foros sociais multiplicou as propostas e construíu un espazo de debate e de elaboración de alternativas. Unha parte das propostas ten que ver coas medidas inmediatas que deben tomarse a respecto da crise financeira e á hexemonía neoliberal. Outras propostas refírense a medidas inmediatas que permitirían melloras para as clases populares e que poderían ser tomadas por fraccións modernistas do “establishment”, concientes das lameiras e os perigos do neoliberalismo. No proceso dos foros sociais, o máis importante é elaborar propostas que dean lugar a instancias superadoras do capitalismo. A elaboración de tales propostas progresou notablemente desde 2008, a partir do Foro Social Mundial de Belem e constitúe unha renovación do proceso dos foros sociais.

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning