Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Venezuela no MERCOSUR
Venezuela no MERCOSUR

Resulta indubidable que o afronta unha nova etapa co recente ingreso de , oficializado o pasado 31 de xullo. Entre outras variables, o ingreso dun socio estratéxico como implicaría unha necesaria revitalización deste organismo de integración suramericano, anelado baixo a sensación de certa parálise nos derradeiros anos e visiblemente desprazado pola vitalidade doutras iniciativas de integración como UNASUR, a ALBA e a CELAC. Así e todo, este novo escenario non estará exento de complexidades e tensións.

Con Venezuela como membro pleno, a xeopolítica do MERCOSUR reforza o seu radio de amplitude como mecanismo de integración a nivel suramericano. Deste modo, ao xa patente peso económico de Brasil se engade a potencialidade enerxética venezolana, dúas variables que lle outorgan ao MERCOSUR un papel non menos preponderante no comercio internacional. Estaríamos, así, observando ao MERCOSUR como a quinta economía mundial, con 270 millóns de persoas e o 70% da poboación sudamericana.

Ó mesmo tempo, a estratéxica posición xeográfica venezolana cara o Caribe permitiría acceder con maior fluidez a estes mercados, onde Caracas xa exhibe un peso considerable a través da ALBA. Incluso, o ingreso venezolano estimaría unha eventual conxunción de intereses entre MERCOSUR e UNASUR como brazos económico e político da integración sudamericana.

Venezuela podería igualmente suxerir unha eventual ampliación do organismo cara o espazo andino, en particular Bolivia e Ecuador, unha ampliación que se completaría se finalmente Colombia, Perú e Chile deciden iniciar negociacións de admisión a MERCOSUR. A comezos de xuño, Bogotá, Lima e Santiago asinaron xunto con México a Alianza do Pacífico, que lles permitirá acceder como socios ao Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC), que reúne a 21 países.

Dentro do MERCOSUR, compre observar se o ingreso venezolano significará a triangulación de disímiles alianzas internas, en particular entre Caracas, Brasilia e Bos Aires como principais economías e actores políticos, estando Uruguai e o momentaneamente illado Paraguai nunha posición de maior dependencia.

Pero aquí aprécianse igualmente escenarios diversos: a Brasil favorécelle o ingreso venezolano por ser un competitivo para os seus produtos mentres Chávez e Cristina K poderían vertebrar unha maior conexión política, focalizada no discurso de confrontación cos mercados globais. En principio, a economía impón o seu ritmo: durante a cerimonia de ingreso venezolano, o presidente Hugo Chávez acordou coa súa homóloga Dilma Roussef a compra de avións brasileiros para a compañía venezolana Conviasa, así como intensificou coa mandataria arxentina Cristina Fernández de Kirchner as negociacións para unha alianza enerxética entre Petróleos de Venezuela e a compañía arxentina YPF.

Non obstante, o escenario mais tenso está precedido pola polémica suscitada dende Paraguai, o país comercialmente mais dependente do MERCOSUR, polo ingreso venezolano no organismo. Precisamente nos derradeiros anos, o Senado paraguaio e, tanxencialmente o brasileiro, foron os que maior presión incidiron para opoñerse ao ingreso venezolano. Oficializado o ingreso venezolano, o goberno paraguaio cualificou o mesmo de “nulo” e “ilegal”.

As acusacións esgrimidas contra o goberno de Chávez por parte do actual presidente paraguaio de facto Federico Franco, de presunta inherencia venezolana nos asuntos paraguaios tralo sinuoso procedemento parlamentario de destitución do ex presidente Fernando Lugo acaecido en xuño pasado, determinan un foco de conflitos que poderían intensificarse, toda vez o actual goberno paraguaio atopase rexionalmente illado e con escaso recoñecemento.

A través dos medios de comunicación, a idea mais recorrente trala certificación do ingreso venezolano no MERCOSUR focalízase en que o organismo gañou en peso económico pero aparentemente experimentou un retroceso político. Como no caso paraguaio, moitos observan con receo cales serán as prioridades e obxectivos de Venezuela dentro do MERCOSUR, en especial se o presidente Chávez aproveitará esta plataforma para dar curso a mecanismos de proselitismo político e ideolóxico do seu modelo do Socialismo do Século XXI. Un escenario que eventualmente se intensificaría no caso dun hipotético ingreso boliviano e ecuatoriano, aliados e socios de Caracas a través da ALBA.

Neste sistema de contrapesos, a atención enfócase na posibilidade de que Brasil afirme o seu liderado hemisférico erixíndose como o actor de equilibrio entre modelos políticos e económicos de integración. Pero non debe esquecerse que, eventualmente, Caracas e Brasilia poderían librar un silencioso pulso xeopolítico dentro do MERCOSUR, paralelamente extensivo cara outros organismos de integración como a UNASUR e a CELAC.

Se ben non é novo o interese de Venezuela por ingresar ao MERCOSUR, debido a que leva unha década de negociacións, o seu recente ingreso supón para Chávez un estratéxico triunfo para a súa política exterior, un factor que evidentemente repercutirá dentro do contexto electoral venezolano de cara aos comicios presidenciais do próximo 7 de outubro, nas que Chávez lidera comodamente as enquisas para unha nova reelección ata o 2019. En todo caso, e cotexando as diversas variables e perspectivas, o ingreso venezolano imprime unha nova etapa para o MERCOSUR.

Igadi
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning