Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Venezuela no seu labirinto
Venezuela no seu labirinto

acometerá o próximo 7 de outubro unhas eleccións presidenciais que, unha vez mais, defínense como decisivas. Neste sentido, estes comicios denotan escenarios abertos que focalizan basicamente nas perspectivas dunha nova reelección presidencial para un Hugo Chávez que de novo comparece como candidato presidencial tras aprobarse en febreiro de 2009, vía referendo popular, unha reforma constitucional que permite a reelección indefinida.

Como ven sendo habitual cada vez que se presenta un proceso electoral, a atención informativa cara Venezuela focalízase en acentuar a perpetua polarización social e política existente no país desde que o proceso “bolivariano e socialista” impulsado por Chávez chegara democraticamente ao poder en 1999. A grandes resgos, a diversidade de tendencias políticas existentes nas enquisas de opinión pública semellan outorgarlle o favoritismo electoral a Chávez e unha nova reelección, aínda que algunhas delas estiman esta vitoria por unha marxe menos abafante e mais axustada en comparación con eleccións anteriores.

Existe un “chavismo sen Chávez”?

Así e todo, unha ollada sucinta ao acontecer político venezolano aborda unha diversidade de perspectivas e escenarios a futuro, os cales identifican un paréntese inédito de cara a estes comicios. O principal ten que ver co futuro de Chávez non só dende a perspectiva política senón polo seu estado de saúde. A certificación a mediados de 2011 dun cancro aparentemente controlado provoca expectativas políticas de todo tipo dentro do “chavismo”, especialmente orientados a observar se os comicios do 7/O serán os últimos nos que concorra Chávez como candidato.

Como en anteriores citas electorais, a campaña electoral 2012 confirmaría a inexistencia dun “chavismo sen Chávez”, unha noción (ou ficción) reproducida dende diversos sectores, principalmente opositores. Practicamente non existen dúbidas de que o presidente venezolano é o verdadeiro motor e impulsor deste proceso, ratificado por un innegable carisma e enerxía que, incluso, mobilízase con matices de carácter mesiánico e relixioso, un aspecto moi arraigado nas clases populares venezolanas.

 

 

Este liderado consolídase nunhas clases populares que se configuran como un actor histórico e que eríxense aparentemente como un invariable bastión social de apoio ao “chavismo”. Un liderado e un carisma que vese fortalecido pola consolidación de diversos programas sociais gratuítos cara as clases populares, un cometido de reivindicación popular que vese igualmente sometido a diversas críticas polo seu presunto carácter clientelar e polas denuncias de corrupción emanada deses e doutros programas de goberno.

Por tanto, e desde a perspectiva electoral e política, non se observa a emerxencia dun liderado interno capaz de contrarrestar a Chávez. Velaí os dilemas (e os non menos temores) establecidos dentro do “chavismo” no caso de verse politicamente atenazados ante eventuais problemas de saúde de Chávez de cara a un novo período de goberno ata o 2019.

Aquí aparecen diversas tendencias dentro do “chavismo” que deben tomarse en conta, principalmente de cara ao futuro do proceso e ante a eventualidade de ausencia de Chávez. A crítica mais recorrente dende diversos sectores mais á esquerda do “chavismo” teñen que ver coa escasa “institucionalización” do proceso revolucionario e da aínda inacabada conformación de “unidades de vangarda” que permitan garantir a viabilidade do proceso no eventual caso de que Chávez xa non estea ao fronte. O dilema non semella, por tanto, limitarse a aspectos de líderes ou candidaturas senón da instrumentalización dun proceso de cambio consolidado institucional e socialmente.

Este aspecto tórnase estratéxico ante os retos que se presentan para a futura presidencia de Venezuela despois do proceso electoral do próximo 7/O. A campaña electoral 2012 de Chávez segue a enfocar o seu discurso en aspectos basicamente ideolóxicos, orientados na construción do socialismo, nas ideas de “nación” e “patria” e na polarización como motor de apoio electoral, ao descualificar aos seus adversarios políticos como “candidatos da burguesía”, “da ultradereita” e “dos EUA”.

Pero a realidade actual aborda outra perspectiva de cambio dentro do propio “chavismo”.Se ben a base social do “chavismo” segue a respaldar este discurso, as súas prioridades comezan a observar cambios, algúns deles orientados a aspectos relativos á eficacia da xestión pública: mellora dos servizos públicos, mecanismos de maior participación popular, seguridade cidadá, garantía da cobertura social estatal, beneficios económicos, etc.

Pode por tanto considerar que unha inédita “masa crítica revolucionaria” estea asentándose nas capas sociais do “chavismo”, configurando un novo actor político a tomar seriamente en conta a mediano prazo. A eventual emerxencia deste novo (ou novos) actor(es) político(s) dentro do “chavismo”, así como a necesidade de atraerse o apoio de diversas capas da clase media, permite ao goberno de Chávez impulsar un discurso onde tente equilibrar a súa vocación ideolóxica manifestada na concreción do socialismo con outras medidas de carácter mais pragmático e ata tecnocrático.

Por tanto, e mais que un proceso de verticalización do poder e sen menoscabar que a polarización social e política segue a ser o seu resgo mais distintivo, o escenario político actual en Venezuela manifesta unha heteroxeneidade e horizontalidade de tendencias, actores e perspectivas que inevitablemente implicarán maiores cambios a futuro.

É factible un cambio na oposición?

Esta realidade e as súas perspectivas implican diversas tensións que afloran cada vez que se presenta unha conxuntura electoral. No caso actual vese particularmente confrontado pola opción opositora emanada dunha candidatura que se esforza por atribuírse simbolicamente un liderado mais vigoroso e alternativo, identificada no seu lema dun “novo camiño” que, basicamente tenta disputar votos ao “chavismo” nos seus bastións tradicionais, sendo estas as clases populares.

 

 

Deste modo, a presunta unidade opositora acicalada en mans da Mesa de Unidade e na candidatura de Henrique Capriles Radonski constitúe, igualmente, un dilema para a oposición, en particular ante os escenarios políticos post-electorais que se presenten, e mais ante a perspectiva dunha nova reelección para Chávez.

A imaxe da candidatura de Capriles Radonski igualmente implica un proceso de tensións e contradicións. A súa mocidade (40 anos) e prolífica e exitosa carreira política (elixido sucesivamente desde 1998 como deputado, constituínte, alcalde e gobernador) lle configura unha vantaxe electoral que, ironicamente, contrasta coa súa evidente implicación no golpe contra Chávez en abril de 2002, cando era alcalde do municipio capitalino de Chacao, e particularmente polo seu asalto á embaixada de Cuba e na detención policial de membros do goberno de Chávez asentados no seu municipio.

Tentando afastar ese pasado “golpista” e igualmente sen menoscabar un discurso de descualificación do seu adversario, depositario do “modelo comunista” e da “ditadura perfecta”, a campaña de Capriles Radonski focalízase en dous aspectos no que a xestión de Chávez vese constantemente confrontada e criticada. O principal ten que ver coa inseguridade cidadá, o tema de maior preocupación social na Venezuela actual, moi visiblemente por riba da polarización social e política.

A gravidade deste panorama vese traducida cunha imparable e elevada taxa de homicidios que, en 2011 superou as 17.000 vítimas mortais. A impunidade xudicial e a ineficacia policial igualmente alentan este panorama de inseguridade. A maioría desas vítimas son civís e principalmente provenientes das clases populares que apoian ao “chavismo”. Paralelamente, o tema penitenciario vense constituíndo nun serio problema para o goberno, tomando en conta as rebelións internas en diversas cárceres do país nos derradeiros meses.

O outro aspecto no que se enfoca a campaña electoral de Capriles Radonski ten que ver coa economía e, particularmente, coa situación da propiedade privada, principalmente polas tensións emanadas desde as clases medias e altas ante a consolidación do modelo socialista impulsado por Chávez. Este escenario xera tensións aínda que o proceso de nacionalizacións e estatizacións impulsado por Chávez principalmente desde 2007 non semella constituír un proceso global que afecte a toda a poboación venezolana.

A tenor do mercado petroleiro internacional, Venezuela ven vivindo unha bonanza económica nos derradeiros anos que coloca no centro de atención diversos aspectos. Un deles considera que os elevados ingresos permiten manter os programas sociais do “chavismo” ao mesmo tempo que permitiu a emerxencia dunha nova elite socioeconómica, coloquial e ata despectivamente denominada “boliburguesía”, que xera diversas tensións tanto entre as bases do “chavismo” como nas clases medias opositoras.

Por outra banda, e a pesar de que estes elevados ingresos económicos por mor da bonanza petroleira permitiron o ascenso de diversas capas sociais ao mesmo tempo que fortaleceu a elites emerxentes sinaladas dende diversos sectores como depositarios de mecanismos de corrupción administrativa, este panorama contrasta cos problemas de xestión gobernamental en áreas como as infraestruturas, escenario onde as críticas comezan a intensificarse ante diversos problemas na finalización de obras públicas e pola ineficacia doutras xa realizadas. Un aspecto chave se tomamos en conta que nesta campaña electoral, o tema da vivenda eríxese como un baluarte fundamental do programa de desenvolvemento establecido por Chávez para o período 2013-2019.

Seguindo coa oposición venezolana, resulta necesario calibrar e ponderar ata qué punto a súa conformación actual asevera un cambio político. Os sectores opositores a Chávez seguen consolidándose nas clases medias e altas, aínda que cunha determinada inserción nalgunhas porcións das clases populares fatigadas pola erosión do discurso “chavista”, en moitos aspectos excesivamente ideoloxizado.

A aparente certificación dunha unidade opositora fraguada nos comicios lexislativos de 2010 (onde retornou con forza á Asemblea Nacional) e no actual proceso electoral presidencial (trala designación da candidatura de Capriles Radonski tras unha votación democrática en febreiro pasado) pode dalgunha forma denotar un cambio de perspectiva opositora, moito mais orientado a confrontarse politicamente dentro dos canons da institucionalidade democrática, aparentemente evitando “coquetear” con vías alternativas fora da lei.

Non obstante, diversos sectores oficialistas seguen a identificar presuntos plans de sabotaxe por parte de sectores opositores máis radicais. Estas denuncias afloraron nalgúns sectores “chavistas” tras a explosión da refinería de Amuay en agosto pasado, que deixou decenas de civís mortos e constituíu no peor accidente da industria petroleira venezolana. Estas tensións afloran aínda mais no actual marco de polarización política e electoral.

Pulsando unha “nova Venezuela”

Nun contexto internacional marcado polas tensións e cambios de diversas intensidades, onde os centros de poder seguen a manifestar toda serie de presións contra gobernos de carácter mais progresista e incluso “antisistema”, cobra relevancia non só a pervivencia do modelo de cambio impulsado por Chávez senón que o presidente venezolano acometa unha nova reelección que, eventualmente, lle garante a presidencia ata o 2019. Deste modo, Chávez achegaríase a dúas décadas no poder, consolidado por diversos procesos democráticos.

Non obstante, os retos afirman un panorama distinto a mediano e longo prazo, moi probablemente traducido polo indubidable feito de que en Venezuela operouse un visible cambio social desde que Chávez chegara ao poder en 1999. A emerxencia de novas formas de participación política e, principalmente, a consolidación a nivel de discusión pública do tema da pobreza e das desigualdades socioeconómicas como o verdadeiro problema que obstaculiza o desenvolvemento nacional, son os dous factores que identifican ata qué punto cambiou Venezuela nestes derradeiros anos.

Por tanto, o tema da pobreza e das desigualdades, así como outros problemas de carácter colateral identificados na inseguridade cidadá ou na corrupción e anquilosamento burocrático e administrativo, seguirán a ser os temas de maior relevancia cuxa solución identificarán a viabilidade de calquera proxecto político e electoral a nivel nacional. Un cambio que comezou co proceso impulsado por Chávez a partir de 1999 e que, inevitablemente, parece consolidarse na emerxencia de novos actores e liderados políticos. Así pode explicarse porqué as eleccións do 7/O si evidenciarán un cambio na política e na sociedade venezolana.

Igadi
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning