Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Zelaya regresa
Zelaya regresa

O retorno do deposto ex presidente hondureño Manuel Zelaya e a reinserción deste país centroamericano na OEA (con só o voto en contra de Ecuador), tras ser expulsada tras o golpe militar que desaloxou a Zelaya do poder en 2009, pecha parcialmente un ciclo marcado por unha crise política de magnitude hemisférica e que alterou considerablemente o equilibrio de forzas na rexión.

Este retorno de Zelaya propiciouse tras unha intensa negociación diplomática entre e , certificadas co recente pacto de Cartaxena de Indias, e que igualmente evidencia o óptimo estado nas relacións bilaterais entre Bogotá e Caracas.

Obviamente, outros actores como Brasil, Panamá, República Dominicana e Costa Rica, contribuíron significativamente no retorno de Zelaya e no táctico pacto entre o presidente deposto e o actual mandatario hondureño Porfirio Lobo, a fin de pechar a crise e abrir outro ciclo político.

Non obstante, e ante a posible implicación de actores hemisféricos como Brasil, Venezuela e EEUU nos asuntos hondureños, Zelaya e Lobo deberán acometer un panorama político excesivamente complicado. A Fronte Nacional de Resistencia Popular (FNRP), plataforma de partidos de esquerda e sindicalistas que denunciaron o golpe contra Zelaya, tenta erixirse agora como a principal alternativa ao establishment político e económico hondureño, personificado no presidente Lobo e noutras personalidades das elites oligarcas do país, tales como o tamén ex presidente Roberto Michelletti, nomeado polo Congreso hondureño unha vez os militares depuxeran a Zelaya.

A pesar da recente promesa de Zelaya de non presentarse ás eleccións presidenciais de 2013, o seu obxectivo segue a concentrarse en propiciar unha reforma constitucional que se ben foi o aspecto catalizador do golpe na súa contra en 2009, pode agora intensificar as súas perspectivas a curto e mediano prazo, unha vez o FNRP se consolide politicamente.

Por tanto, pode que o tácito pacto Zelaya-Lobo logre perdurar con altibaixos ata as eleccións de 2013, pero o mesmo pode romperse unha vez o FNRP e outros colectivos radicalicen as súas demandas a través dunha nova candidatura. E non hai que esquecer a influencia que poden ter as demandas destes colectivos para investigar a represión militar post-golpe a Zelaya, que levou á desaparición física de militantes e sindicalistas do FNRP, coa implicación das altas esferas do poder en Tegucigalpa.

Finalmente, o retorno de Zelaya e a complexa estabilidade hondureña, reinserción á OEA mediante, foi obviamente recibido con satisfacción para Washington, cuxa ambivalencia e ambigüidade no golpe contra Zelaya foron factores que contribuíron a intensificar e prolongar unha crise política con implicacións hemisféricas. Washington espera así pechar un capítulo confuso que, paralelamente, contribuíu a desprestixiar as expectativas de apertura trazadas polo presidente Barack Obama, cuestionadas coa crise hondureña de 2009.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning